"Images" debussy

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 6 (1393 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 2 de septiembre de 2012
Leer documento completo
Vista previa del texto
Contextualización Claude Debussy é a figura máis importante do Impresionismo musical, pois grazas a este compositor francés, a música do século XX tomou diferentes camiños que produciron numerosos cambios musicais, sobre todo na harmonía. Naceu en Saint-Germain-en-Laye o 22 de agosto de 1862, e educouse no conservatorio de París, onde comezou a estudar aos dez anos. En 1885 adquire o primeiro"Prix de Rome" coa cantata L'enfant prodige sobre o texto de Edouard Guinand, e consegue tres anos de estanza en Vila Médicis os cales non foron moi produtivos pero si lle serviron para realizar grandes descubrimentos musicais e artísticos. Durante a década de 1880 empézaselle a valorar como compositor, pois as súas obras empézanse a interpretar con frecuencia. Entre as súas obras máis importantesdestacan o cuarteto en Sol menor (1893) e o Preludio á sista dun fauno (1894). A obra que lle dá un recoñecemento como músico de prestixio é a súa ópera Peleas e Melisande, baseada na obra teatral do poeta Maurice Maeterlinck. Entre as súas obras de piano destacan Estampas (1903), L'île joyeuse (1904) ou Images. Na súa última etapa tamén compón música de cámara, onde podemos encontrar o seu grupo desonatas para violín e piano, violoncelo e piano e frauta, viola e arpa. No ano 1918 falece, tras diagnosticarlle un cancro nove anos antes. A obra que nos dispoñemos a analizar, titúlase Images (1905-1907). Esta obra enmárcase dentro do movemento impresionista, como ao mesmo autor. O Impresionismo é un movemento artístico que consiste en reproducir a natureza atendendo máis á impresión que nosproduce que a ela mesma en particular. O movemento foi bautizado pola crítica como Impresionismo con ironía e escepticismo respecto ao cadro de Monet Impresión: sol nacente. O impresionismo musical nace da necesidade dos compositores de probar novas combinacións de instrumentos para conseguir unha maior riqueza tímbrica para así crear efectos e ambientes sonoros diferentes e novidosos. Caracterízasetamén porque os tempos non son lineais senón que se executan en sucesión de impresións.

2

O Impresionismo musical xorde pola necesidade de probar combinacións de instrumentos novas, unha tímbrica máis rica para conseguir efectos novidosos e ambientes harmónicos distintos. Caracterízase tamén porque os tempos non son lineais, se non que se executan en sucesión de impresións.

3 ANÁLISE POR PARÁMETROS Armonía De forma xeral, estamos ante unha armonía totalmente modal, rixida por centros tonais, que van cambiando sutilmente. Na parte a encóntrase centrada en G. Unha melodía pentatónica mayor (sol, la , do, re , fa) acompañada por unha armonia por terceiras maiores e menores.

A parte a2 en cambio está centrada en F, pero a escala segue sendo a mesma, so que cambia o modo, poisempeza dende a nota do (do, re, fa, sol, la). Para armonizar esta parte usa a denominada mixtura, recurso moi típico neste autor.

No compás 10, segunda frase de a2, está centrada en G. Xustificado polas as notas pedais, mentres a melodía fai arpexios coa acorde de G 9 ,7

5

A segunda sección comeza centrada en Gm. Aquí utiliza dúas melodías superpostas a superior (na man dereita) e ainferior (man esquerda). Neste caso ten máis relevancia a segunda voz. Comeza en Gm pero resolve de forma moi elegante no IV, C. Nesta frase compre resaltar a utilización de acordes con séptima menor, maior e novena.

IV7

V7

III+7

i9

VII 9--------7

A parte b2 está centrada en G, pois a parte forte do compás comeza con ese baixo, pero logo armonicamente está construída sobre o acordede Bb e un baixo camiñante que parte desde C ata G.

6

A melodía está a dúas voces paralelas, unhas veces a distancia de 4º ou terceira. Inda que o centro este en G, existe unha sonoridade ambigua, entre Sol dórico e do mixolidio, pois o final da frase existe un cambio de sonoridade cando resolve en C. O enlace esta centrado en F, para dar paso a seguinte frase b3, que está centrada en Dm....
tracking img