juegos populares

Páginas: 26 (6462 palabras) Publicado: 16 de abril de 2013
FUNDAMENTACIÓN TEÓRICA
O XOGO
O xogo é unha necesidade vital do ser humano, una actividade indispensable para o desenvolvemento dos nenos e das nenas, a actividade máis importante da infancia, un medio de aprendizaxe espontánea...Destacar cando menos tres características xerais do xogo. En primeiro lugar, o xogo é libre, espontáneo, e non condicionado por reforzos ou acontecementos externos.En segundo lugar, o xogo produce pracer en si mesmo, sempre á marxe de metas ou obxectivos externos ó propio xogo. E por último, a terceira grande característica do xogo, na actividade lúdica hai un predominio dos medios sobre os fins, sendo a finalidade do xogo, xogar, simplemente.
O xogo é a única maneira, en ocasións, que ten o neno de se expresar, de amosar a súa valía, os seus intereses e assúas experiencias... O xogo non é máis que un exercicio preparatorio da vida adulta. Pero ademais, o xogo serve para procurar novas experiencias, para recibir nova información, para satisfacer a curiosidade ou como mecanismo de evasión.


No campo físico, dicir que todos os xogos contribúen dun xeito absolutamente decisivo á evolución harmónica do corpo do neno e da nena.No campo moral, oxogo permite a interiorización de valores e normas tales como a solidariedade, o traballo en equipo ou a sinceridade. No terreo intelectual o xogo permite, dun xeito parello á evolución física, o enriquecemento da capacidade do neno, elementos tales como a imaxinación, a inventiva ou a memoria. E por último, o xogo ten un valor cultural innegable, pois permite achegar ao neno e á nena á cultura doseu pobo.
O XOGO POPULAR E TRADICIONAL
O xogo popular é aquel xogo nacido no seo dunha determinada comunidade para dar satisfacción ás súas necesidades lúdicas, necesidades inevitablemente marcadas polo seu modo particular de vida. Os xogos populares forman parte da cultura da comunidade en cuestión como creación propia e singular. Outra importante característica do xogo popular é a súatranscendencia educativa, os xogos populares, son e foron transmitidos de xeración en xeración, de pais a fillos, de avós a netos, implicando esta transmisión unha interrelación entre adultos e nenos dun grande valor educativo
O xogo popular e tradicional posúe regras e condicións cambiantes, por esa necesidade de se adaptar ao medio e ás circunstancias concretas nas que vai ser practicado. O feito decarecer de regras fixas e de que estea plenamente integrado no medio, provoca que o xogo popular poida ser recreado constantemente, aparecendo continuamente novas variantes de determinado xogo. Igualmente, o medio provoca que de continuo sexa factible crear novos xogos a partir das novas circunstancias concretas que se van sucedendo.
O xogo popular infantil está intimamente ligado ásactividades dos adultos e cando lle cómpre, sérvese de xoguetes elaborados artesanalmente polo neno ou polo adulto que o acompaña a partir dos materiais que ofrece o medio. Na construción de enredos populares pode identificarse un adestramento de habilidades necesarias desde un punto de vista educativo. E ademais, o xogo popular supón a interrelación constante entre neno e natureza, integrándose aquelnesta, como un verdadeiro elemento máis da propia natureza. E por último, e o máis importante, a principal función do xogo popular é procurar a enculturación dos individuos novos da sociedade.
Cómpre falar un pouco dos xogos populares do pobo galego, que malia a termos un grande número de xogos en común con outras culturas do noso contorno, temos tamén as suficientes creacións orixinais parasignificar a nosa singularidade nas creacións lúdicas. Os xogos populares galegos están sempre plenamente enraizados no medio, pero unha das súas virtualidades esenciais é que permiten ser recreados e modificados constantemente, cultivando a creatividade.













CONTEXTUALIZACIÓN
As Pontes de García Rodríguez é un concello da Provincia da Coruña en Galiza, pertencente á comarca do...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Juegos populares
  • Juegos Populares
  • juegos populares
  • Juegos populares
  • Juegos populares
  • Juegos Populares
  • Juegos populares
  • Juegos populares

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS