Las culturas de los nacionalismos franquistas

Páginas: 6 (1470 palabras) Publicado: 23 de diciembre de 2013
Ao longo deste documento buscamos indagar sobre o que este artigo aporta de novidoso a investigación do tema das diferentes culturas que conformaron a idiosincrasia franquista. Pretendemos destacar as ideas máis innovadoras e salientables despois da lectura reiterada do mesmo, facendo fincapé nas máis importantes, ofrecendo a nosa visión e interpretación delas.
O artigo distingue dúas culturaspolíticas esenciais na configuración ideolóxica da ditadura, de orixes completamente contrarios, pois por unha banda nos fala dun Nacionalcatolicismo, orientado cara as premisas de Acción Española, partido fundado durante os tempos da Segunda República (1931 – 1936) e de orientación monárquica e católica. Por outra banda atopámonos ca cultura política fascista, con influencia de FE de las JONS, opartido de corte fascista fundado por José Antonio Primo de Rivera, fillo do ditador español, tamén durante a Segunda República, como resultado da simbiose da Falange Española coas Juntas da Ofensiva Nacional-Sindicalista.
Así pois, o documento estruturase facendo unha introdución de carácter xeral a ambas tendencias e a situación na que se desenvolven para logo facer un repaso pola evolucióndestas, situando unhas orixes previas ao segundo período republicano da historia de España. A configuración das tendencias é situada polo autor durante o citado período republicano, sendo un momento de grande importancia, pois será cando ambas se sitúen xa abertamente opostas ao liberalismo, pois nun primeiro momento, os falanxistas foron considerados descendentes directos da Generación del 98. Trasisto abriranse cara una integración de ambas nunha soa cultura política, algo que será totalmente falido, pois unha intentará ter o control sobre a outra banda e non chegarán a sintetizarse correctamente. Finalmente, Falange irá adoptando certos principios nacionalcatólicos, especialmente trala crise de 1941-1942, ata que as desavinzas, como cita o autor nas súas reflexións finais, desaparezansubitamente.
O que conta o artigo é completamente novedoso, xa que na memoria colectiva e o que sabemos do franquismo son unha serie de características como a orde, a relixión católica, o exército, o totalitarismo (na persoa de Franco) e a supresión das liberdades individuais, pero na explicación deste réxime nunca se profundiza na idea de que houberon dúas culturas políticas que estiveronenfrontadas en moitos casos e que teñen unha orixe no século XIX e no sentimento de decadencia e de rexeneración da patria.
Dentro das ideas novidosas, podemos destacar:
- Dentro do mesmo réxime había dúas ideoloxías ben diferenciadas: por unha parte estaba o nacionalcatolicismo, e por outra o fascismo.
Consideramos que isto é o máis importante se temos que escoller o que nos chamou a atención, xa quenon sabiamos que se atopasen fendas ideolóxicas dentro do réxime e menos que foran opostas, por iso centrámonos primeiramente neste punto:
É verdade que as dúas teñen puntos en común e que sobre todo caracterízanse por ser de ideoloxía nacionalista e rexeneracionista, antiliberais e antidemocráticas, algo que reflectiron coa Segunda República , pero tamén teñen diferenzas, que é o que máis chama aatención:
A diferenza entre unha é outra está en que a nacionalcatólica, como o seu nome indica, baseábase no nacionalismo en torno á monarquía e o catolicismo, sendo a relixión a verdadeira vertebrada da nación e non tan importante o centralismo de España. Así, deixaban ver que existían rexións diferentes dentro de España pero que isto non era un atraso para a unión do país, xa que sobre tododespois da Guerra Civil gañara o sector “castelán”, o que facía que se zanxara o conflito. Pola outra banda estaba o fascismo, ideoloxía que aparece co fin da I Guerra Mundial e ideoloxía común doutros países como Alemania (Hitler) e Italia (Mussolini), que en contraposición co nacionalcatolicismo, loitaba por unha centralización total do país, alegando que a nación non podía ter futuro se non se...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Sociedad y cultura franquista
  • Nacionalismo y Cultura
  • Cultura Nacional
  • nacionalismo y cultura
  • cultura nacional
  • Cultura nacional
  • Cultura nacional
  • Cultura Nacional Y Cultura Organizacional En Chile

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS