Literatura Infantil E Xuvenil

Páginas: 5 (1082 palabras) Publicado: 14 de junio de 2012
Comparación entre a literatura infantil e xuvenil galega e a castelán

Na Idade Media o neno era considerado como un adulto en miniatura, o ensino realizábase en latín e non se achegaba a toda a poboación. Este período destaca pola ausencia da literatura infantil e xuvenil e polas numerosas cantigas profanas: Cantigas de amigo, de amor e de escarnio e maldicir; e tamén cantigas relixiosas comoas Cantigas de Santa María de Alfonso X o Sabio. Na literatura en castelán destacaban os romances que cantaban as xestas do Cid, Fernán González, os fabularios de El Conde Lucanor, O Lazarillo de Tormes, El Patrañuelo, Días geniales o lúdricos, etc.

A partir do século XV, a literatura galega queda practicamente reducida á expresión oral. Son escasísimas as mostras literarias en galego destaépoca, que chega ata o século XVIII, e que recibe o nome de Séculos Escuros, a partir da decapitación do mariscal Pedro Pardo de Cela.

A literatura infantil e xuvenil xorde entre os séculos XVII e XVIII cando a infancia é considerada unha etapa vital máis no desenvolvemento da persoa. O primeiro contacto da infancia coa literatura infantil é a partir da transmisión oral coas cantigas de berce, queson os xogos dos primeiros anos cos que a infancia toma por primeira vez conciencia do seu propio corpo e tamén a través de trabalinguas, adiviñas, botar sortes, balanceos, composicións de mentiras… Pero non será ata os séculos XVIII e XIX cando se empeza a falar propiamente da LIX a partir das recompilacións de fábulas de transmisión oral, debidas a Amador Montenegro Saavedra cos contos “Asformillas” e “Polos niños”.

En canto a literatura infantil en castelán, considérase que non existe literatura como tal mentres non existe o concepto de infancia como unha etapa diferenciada da vida humana. É no século XVIII cando aparecen os primeiros libros (de corte fantástico e férico e mesturado con elementos extraordinarios) en Francia e Inglaterra, destinados ós nenos. Só algúns tiñan acceso áliteratura escrita como os fillos de clases acomodadas e os príncipes.

Os inicios dunha literatura infantil dirixida ós nenos é a partir da aparición do primeiro periódico infantil publicado en España La Gaceta de los Niños en 1798, no que incluía pequenas pezas teatrais, relatos tomados de Robinson Crusoe, estampas comunistas e contos e diálogos pedagóxicos.

No século XX en Galiciaaparecen as primeiras publicacións periódicas escolares e a primeira revista con intención de achegarse á infancia e mocidade, As Roladas, promovida por Ramón Cabanillas en 1922. Ademais neste século aparecen os primeiros pasos de ensino en lingua galega (Escolas das Irmandades, 1923), a creación das primeiras editorias (Lar e Nós) o primeiro método de lectura de Xosefa Iglesias en 1932 e a editorialBenito Soto (1948).

A única canle para unha literatura viva e atractiva en castelán era por medio do folclore e da tradición oral (burlas, series, cancións, xogos e oracións que forman o Cancioneiro Infantil), que foron recollidas entre os séculos XVI e XVII. Esta literatura oral foi a principal fonte de experiencias literarias para os nenos. Pero unha das formas en que a narrativa alcanzou maiordifusión foron as aleluias, as cales chegaron a constituír unha “literatura de masas”.

No século XX, en Galicia, xorden as primeiras investigacións sobre os materiais de transmisión oral e de tradición literaria que se estaban a recompilar e os primeiros volumes con paratextos intencionalmente dirixidos á infancia e mocidade, tales como “Margarida a do sorriso da aurora” de Evaristo CorreaCalderón (1927) e “Conto de guerra” de Camilo Díaz Baliño (1928).

Na literatura castelá, recompilaranse contos populares como os dos Irmáns Grimm, pero será Fernán Caballero o que recolla contos e poesías tradicionais por terras de Andalucía como, por exemplo, “Cuentos y poesías populares” (1887) ou “La mitología contada a los niños e historia de los grandes hombres de Grecia” (1867). Tamén...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Literatura infantil
  • Literatura infantil
  • que es la literatura infantil
  • literatura infantil
  • literatura infantil
  • literatura infantil
  • Literatura Infantil
  • Literatura Infantil

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS