Los secretos de la crisis entre españa y marruecos

Páginas: 9 (2209 palabras) Publicado: 8 de septiembre de 2010
VECINOS ALEJADOS
Los secretos de la crisis entre España y Marruecos

Ignacio Cembrero
[pic]

Cristina Terrón Pérez

Política Exterior de España
Facultade de Ciencias Políticas e da Administración
Universidade de Santiago de Compostela

Vecinos alejados
Los secretos de la crisis entre España y Marruecos
Ignacio Cembrero

Cristina Terrón Pérez
Facultade de Ciencias Políticas e daAdministración

Ignacio Cembrero ofrécenos nesta obra unha análise do curso das relacións entre España e Marruecos dende 1999, data na que Mohamed VI subíu ao trono alauí. O autor enfronta o tema dende a perspectiva dun corresponsal, facendo unha descrición de feitos de xeito obxectivo e reservando a súa opinión particular ao capítulo final de conclusións. Trátase dun traballo xornalístico no quenumerosas persoas relevantes da diplomacia respostan ás súas preguntas e comparten co autor os seus recordos e impresións. “Vecinos alejados” baséase en entrevistas con estes responsables e ex responsables marroquíes, españoles, e franceses. Os comentarios de José María Aznar resultan moi interesantes aínda que o valor do libro está na variedade das fontes utilizadas, que non sempren coinciden nasúa explicación dos feitos. Cun enfoque independente o autor explica os puntos de partida de cada un dos gobernos, o marroquí, o do Partido Popular e o do Psoe actual. Do goberno marroquí critica o reducto privado do poder. Do Partido Popular destaca a falta dunha estratexia e dunha visión a longo prazo. Do Psoe, a súa posición de ambigüidade respecto do proceso de autodeterminación do SáharaOccidental.
En conclusión trátase dunha lectura obrigada, que aporta moitos dados e opinións, para todo aquel que teña interese en coñecer as relacións diplomáticas existentes entre España e Marruecos dende a independencia deste país en 1956.

Autor: Ignacio Cembrero
Circulo de Lectores, S.A./Galaxia Gutenberg
Depósito legal: B.8336-2006
Número de páxinas: 275
VECINOS ALEJADOS. Los secretos dela crisis entre España y Marruecos.

Unha aproximación ao autor

Ignacio Cembrero naceu en Madrid en 1954. Cursou estudos en París, no Instituto de Estudos Políticos, na Fundación Nacional de Ciencias Políticas, e no Centro de Formación de Xornalistas.
Durante a primeira metade da década dos oitenta exerceu como corresponsal do diario “El País” en Oriente Próximo, e posteriormente enBruselas. Traballou para este mesmo xornal en calidade de corresponsal diplomático, encargado do seguimento da política exterior entre 1989 e 1996, ano no que pasou a coordinar un programa de dereitos humanos da Comisión Europea na área mediterránea. De regreso ao xornalismo activo, encárgase, dende o ano 2000, de cubrir a información sobre o Magreb.

Reseña sobre a obra

España mantén diversoscontenciosos con Marruecos que Cembrero relata, tales como a reivindicación de Ceuta e Melilla, a delimitación das augas territoriais, o contrabando, o control da inmigración e a descolonización do Sáhara Occidental, pendente dende 1976.

Para analizar estes diversos conflitos, o autor tivo acceso a personalidades e testimonios cos que elaborou un libro excelente, tanto pola súa documentación comopola súa obxectividade. A diversidade de fontes que cita vai dende unha entrevista co rei Mohamed VI en xaneiro de 2005 ata un cuestionario respostado polo ex presidente do Goberno, José María Aznar.

Dende a independencia de Marruecos, en 1956, todos os Gobernos españois trataron de levarse ben coa monarquía alauí, pensando que asçi contribuían a manter a estabilidade e a controlar a súapolítica exterior. Pero iso non sempre foi doado, tendo en conta ademais que Marruecos nunca aceptou as súas fronteiras e sempre tratou de acrecentar o seu territorio.

O libro comeza analizando os acontecementos que levaron á crise entre ambos países. Ao longo dos anos 2001 e 2002 houbo varios conflitos: a postura española sobre o Sáhara na ONU e o referéndum organizado pola Junta de Andalucía; a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Crisis De Marruecos
  • las cartas marruecas y la imagen de españa
  • Crisis España
  • Crisis espana
  • crisis de espana
  • Crisis En España
  • La crisis en españa
  • Enlace fijo entre españa z marruecos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS