Made in galiza

Páginas: 82 (20417 palabras) Publicado: 27 de marzo de 2012
Guía de Lectura de Made in Galiza

1

ÍNDICE
Que estuda a Sociolingüística? Lingua ou dialecto? Para pensarmos un pouquiño. Diversidade lingüística. Bilingüismo ou diglosia. Casos de diglosia no mundo. Para pensarmos un pouquiño. Consecuencias do conflito lingüístico e o bilingüísmo diglósico. Cambios de código e Language Shift. Como morre unha lingua. Substitución. Obsolescencia. Deserción. Parapensarmos un pouquiño. Normalización e normativización. A creación dunha normativa. Recuperación Para pensarmos un pouquiño. Madrith Unha palabra común A fábrica de palabras Na oficina de obxectos perdidos

páxina 4 páxina 5 páxina 7 páxina 9 páxina 1 0 páxina 1 2 páxina 1 3 páxina 1 4 páxina 1 5 páxina 1 6 páxina 1 6 páxina 1 7 páxina 1 8 páxina 1 9 páxina 22 páxina 27 páxina 28 páxina 30 páxina34 páxina 38 páxina 40 páxina 42

Guía de Lectura de Made in Galiza

Xosé María Moreno Villar

Guía de Lectura de Made in Galiza

2

INTRODUCIÓN

E

sta guía quere ofrecer ao profesorado, coa axuda da lectura de Made in Gali­ za, unha maneira complementaria de explicar parte do programa de sociolingüística de 2.º de Bacharelato. Nos apartados titulados Para pensarmos un pouquiño hai textos sobreoutras realidades lingüísticas e o profesorado decidirá sobre a conveniencia ou non do seu uso na clase. Evidentemente a guía pode ser utilizada con outros cursos da ESO ou de 1.º de Bacharelato en caso de que se recomende a lectura do libro ou para facilitar a comprensión dos conceptos de sociolingüística incluídos no programa de cada curso. Xa que logo esta guía, ademais de servir como apoio álectura de Made in Galiza, pretende ofrecer material didáctico para fomentar o debate sobre as actitudes e os comportamentos ante a lingua galega entre o alumnado. Así mesmo recomendamos a lectura de Made in Galiza en cursos sobre a lingua e cultura galegas porque as situacións exploradas por Séchu Sende son realidades cotiás na nosa sociedade e son ideais para provocar nos asistentes aos cursosunha fonda reflexión sobre a actitude de cadaquén ante a situación da lingua galega. Algo moi necesario para que cada cidadán libremente tome consciencia e decida a súa posición ante a responsabilidade que temos de conservar e transmitir un ben colectivo como é a lingua galega.

COMO UTILIZAR ESTA GUÍA?

A

intención é manter, sempre dentro do posíbel, a seguinte estrutura:

● Presentación doconcepto seguido dunha introdución a xeito de definición. ● Relación de textos tirados de Made in Galiza para dar luz á definición. Debaixo de cada texto, sempre que sexa conveniente, engádese un comentario para completar o significado do texto ou suxerir debate no lector ou entre o alumnado. ● Ademais, nas marxes de cada capítulo hai textos titulados: sabías que? que dan información sobre o que sucedenoutras linguas e países do mundo. Por último, nun apartado final inclúense os comentarios de varios relatos escollidos por reuniren moitos dos tópicos e actitudes ante a situación das linguas minorizadas. A súa lectura pode ser de gran axuda cando non se ten tempo para seguir toda a guía así como para introducir un curso de galego para adultos, etc.

Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía deLectura de Made in Galiza

3

PRIMEIRA PARTE

ÍNDICE
Que estuda a Sociolingüística? Lingua ou dialecto? Para pensarmos un pouquiño.

páxina 4 páxina 5 páxina 7

Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

4
Sabías que... Actualmente un IDIOLECTO pode ser materia de estudo forense para determinar a identidade dun individuo sospeitoso dalgún delito. A familia de Unabomberrecoñeceu o seu idiolecto e informou á policía das súas sospeitas. O caso pioneiro nesta clase de investigación policial foi o estudo da suposta confesión de Derek William Bentley (1933-1953) que baixo modernas análises de voz confirmaron a súa inocencia e recibiu o perdón póstumo. Derek foi colgado por asasinato cometido, por un amigo e cómplice, durante un roubo. Tras unha popular campaña en...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • made in galiza
  • Made In Galiza
  • made in galiza
  • made in galiza
  • made in galiza
  • made in galiza
  • Made in galiza.
  • Made In Galiza

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS