Marck Rothko

Páginas: 9 (2092 palabras) Publicado: 2 de enero de 2015

ÍNDICE

1. Introdución
2. Biografía
3. Carreira artística
4. Falecemento
5. Obras de Mark Rothko
6. Bibliografía










1. Introdución
Mark Rothko foi un dos máximos representantes da abstracción americana. A través do seu persoal linguaxe pictórico pretendía expresar as emocións máis básicas, como a traxedia ou o éxtase.
A súa obra encádrase dentro do expresionismoabstracto que xurdiu nos anos corenta do século XX en Estados Unidos e que se desenvolveu principalmente en Nova York, de aí que sexa tamén coñecido como Escola de Nova York.
As características deste tipo de pintura son: grandes formatos nos que se pinta con óleo sobre lenzo, escasa figuración, gama cromática moi reducida e amplos espazos de cor onde non importa nada máis que iso, a cor.
Estemovemento bebeu da etapa post-cubista e do surrealismo, aínda que todos os seus integrantes non aceptan eses termos para referirse ás súas obras. Entre estes integrantes podemos destacar a: Willem de Kooning, Arshile Gorky, William Baziotes, Adolph Gottlieb, Philip Guston, Franz Kline, Robert Motherwell, Ad Reinhardt, Mark Rothko e Clyfford Still.
O iniciador deste movemento foi Arshile Gorky, pintorarmenio que emigrou a Nova York e que recibiu a influencia do surrealismo na súa obra, ademais de servir de ponte entre a pintura europea de entreguerras e a escola norteamericana. Tras a guerra, o surrealismo deixou de ter tanta influencia na obra destes pintores e o expresionismo abstracto dividiuse en dúas tendencias: a action painting e a color field painting.
O obxectivo principal da actionpainting é a maneira de pintar, os xestos que se levan a cabo á hora de realizar a obra. O seu representante principal é Jackson Pollock, destacando tamén Willem de Kooning.
Dentro da color field painting destacan tres autores principais: Clyfford Still, Barnett Newman e Mark Rothko, o obxecto deste traballo.
Clyfford Still foi evolucionando pouco a pouco a súa pintura cara presupostos cada vezmáis abstractos ata rematar por realizar composicións nas que aparecían liñas verticais irregulares sobre un fondo monocromo xeralmente negro; Rothko evolucionou pasando de pintar figuras biomorfas a pintar grandes formatos de cor rectangulares sobre fondos monocromos; e Barnett Newman supuxo a cima desta tendencia, xa que as súas obras de fondos monocromos en color con finas bandas verticaischamadas “zips” anunciaban xa o arte minimalista.
O expresionismo abstracto estivo vixente nos Estados Unidos como a principal tendencia artística ata os anos sesenta, cando a aparición do Pop Art e do arte minimal o sucederon, aínda que moitos dos pintores posteriores se ven influenciados por este movemento, especialmente polo color field painting.

2. Biografía
Marcus Rothkowitz, máis coñecidocomo Mark Rothko, naceu en 1903 en Daugavpils, Letonia. Medrou no seo dunha familia de orixe xudeu e recibiu unha formación relixiosa que máis tarde influiría de xeito determinante na súa obra.
En 1910, parte da súa familia decidiu emigrar aos Estados Unidos fuxindo da situación que se estaba dando na Rusia zarista nese momento. O lugar de destino foi Portland, no estado de Oregón, onde seestableceron como fabricantes de roupa. Mark viaxou anos despois, en 1913, grazas aos ingresos que seu pai recadara, pero en 1914 este morreu e a familia quedou sen o seu sustento principal. Mark dedicouse a vender xornais nas rúas da cidade para colaborar así coa familia.
Entre 1913 e 1921 realizou a súa formación académica en varios centros de Portland, chegando a graduarse neste último ano. Un feito adestacar é que durante todo este tempo nunca recibiu clases de arte, aínda que le xa realizaba pequenos debuxos e bosquexos.
Converteuse en membro do Centro da Comunidade Xudía, onde foi un gran orador en temas de política liberal e defensor dos dereitos dos traballadores e da muller. Ademais desta actividade, Rothko dedicaba o seu tempo a tocar o piano e a mandolina e a escribir poemas.
En...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Marck
  • Rothko
  • Rothko
  • marck
  • La marck
  • Marcko
  • Marck
  • Marcko

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS