Metafísica I Santiago de Compsotela

Páginas: 15 (3571 palabras) Publicado: 15 de julio de 2013
 Jéssica Ramilo Soliño
 Metafísica I

MODELO A
1.
Significado de Platón (“diálogo”) no que no contexto do curso chamamos
“autocomprensión metafísica da filosofía”.
Para entendermos a noción de “autocomprensión metafísica da filosofía” e de
qué xeito a empregamos no curso é preciso facer unha referencia ineludible ao
preguntar metafísico. O noso punto de partida será a obra Ser e Tempode Martin
Heidegger onde se fai relevante unha figura que el denomina Dasein, e que está
constituída por un certo carácter pre- comprensivo daquilo que ante el se atopa. O
Dasein ou ser aí é un ente privilexiado que posúe a capacidade de cuestionarse a si
mesmo acerca da súa propia inmersión na temporalidade.
Neste sentido, Heidegger pretende levar a cabo unha revisión da historia dahumanidade que faga manifesta e explícita a necesidade de reiterar a pregunta polo ser,
de xeito que acabemos por entender e asumir a morte da metafísica en relación co
esquecemento do seu propio sentido orixinario. Este esquecemento do ser acontece no
marco dunha certa identificación do ser cun tipo privilexiado de ente que é o ser aí; o
cal posúe determinadas características atemporais, que llepermiten levar a cabo unha
revisión da historia clásica e en contraposición coa modernidade, para chegar así a unha
certa concepción de baixo qué circunstancias tivo lugar o acontecer da filosofía, e de
que xeito está isto relacionado coa reflexión metafísica e o seu sentido como
autocompresión.
Partimos determinados pola pretensión heideggeriana de determinar a
necesidade de preguntar poloser, de Grecia como contexto no que foi posible o
acontecemento da filosofía. Esta dáse no universo do dicir, xa que na antiga Grecia, un
falante posuía diferentes palabra para “dicir o dicir”. Así, existe o epos como aquel
saber excelente que refire ao dicir da poesía, e que era empregado en momentos
fundamentais como nas obras de Homero ou Hesíodo. Por outra parte, existen tamén os
mithos comoaquilo que recolle o dicir dos mitos, e o logos como aquel peculiar dicir
que consiste en reunir, e que introduce, xunto coa noción de legein, a “entridade” en
tanto que pura diferenza entre o suxeito e aquilo que non o é. As cousas xúntanse,
sepáranse, distínguense e iguálanse entre si en virtude da distancia que a peculiaridade
do carácter do legein introduce, de xeito que, dentro da polisgrega, dáse unha apertura
que supón unha definición que fai isto disto e aquilo daquilo.
Pois ben, é dentro deste marco do dicir, onde xorde a polis grega como lugar de
apertura á diferenza onde un individuo pode levar a cabo o desenvolvemento dunha
noción propia de divindade, e conformarse así como pertencente a unha determinada
comunidade: un determinado “entre” no que poder acceder áautolexislación (o filein da
filosofía). A través da noción grega de logos como aletheia (verdade) introdúcese un

certo carácter de desocultamento que permite traer as cousas á presenza. O home, en
tanto que “ser- aí” atópase inmerso no logos e dentro del atopa unha certa conexión coa
verdade.
Mediante a incorporación do diálogo platónico como unha determinada maneira
do logos que todo oatravesa, xorde na polis unha forma específica de dicir que virá
acompañada dunha actitude teorética e permitirá a apertura cara á autoxestión. É o que
en Ser e Diálogo Martinez Marzoa denomina como articulación apofántica: o traer á
presenza aquilo que é en tanto que é, e que é verdadeiro en tanto que logos con carácter
de aletehia. O intento de elaboración grega dunha ontoloxía que deixe ver aforma do
ser, trae consigo un inevitable fracaso que deriva nunha necesaria distinción entre ente
como algo presente e ser como a presenza mesma. Neste sentido, dito fracaso conforma
ao tempo un enorme éxito ao introducir o que se denomina a diferenza ontolóxica, esa
que Heidegger explica na súa obra La pregunta por la cosa da seguinte maneira:
Aquello que cosifica y condiciona la cosa como...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Aristóteles, Metafísica. Libro I
  • Aristoteles metafísica Libro I
  • Meditaciones Metafísicas, I y Ii
  • Aristóteles Metafísica Libro I
  • Libro I Metafisica
  • Metafisica
  • Metafisica
  • Metafisica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS