Normas Ortográficas Gallegas

Páginas: 6 (1361 palabras) Publicado: 18 de agosto de 2011
Novas normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega O acordo
O 12 de xullo de 2003 a Real Academia Galega, autoridade competente en materia lingüística para levar a cabo unha reforma ou modificación das normas de uso da nosa lingua, tras un longo proceso de debate e estudo aprobou o que se deron en chamar as "Normas da concordia" . Consisten nunha serie de modificacións ao texto anterior,de 1995, coas que se pretende integrar as dúas solucións maioritarias para a codificación escrita do galego, por unha banda o oficialismo que ten a súa institución de referencia no Instituto da Lingua Galega e o reintegracionismo de mínimos representado na Asociación Socio-Pedagóxica Galega. A modo de negociación, a ASPG, o ILG e os representantes dos tres departamentos de Filoloxía Galega dastres universidades do país elaboraron un texto que recolle este acordo e presentárono como proposta á Real Academia, que o aprobou con pequenas modificacións. O acordo normativo supón unha paz lingüística entre os axentes que máis estaban a traballar a prol da lingua e crea unha unidade integradora no proceso de normalización do galego. Pola súa vez, supón un esforzo de aprendizaxe e renovación decontidos para todos os usuarios da lingua, esforzo que tentaremos minimizar explicando e aclarando as cuestións máis relevantes que mudaron desde a anterior proposta. Existen dous tipos de mudanzas atendendo á especificación de uso que se fai no novo texto: mudanzas obrigatorias e mudanzas opcionais. Nas primeiras suprímese a proposta anterior e engádese unha nova, as segundas deixan aberta aescolla entre unha ou outra opción, tendo unha ou outra a mesma validez, malia que o texto das propias normas dá implicitamente prioridade a unhas sobre outras. 1.Mudanzas obrigatorias A aplicación dunha nova normativa supón un cambio integral ou parcial nalgunhas palabras, terminacións ou usos de certas construcións por considerárense as anteriores incorrectas. Son as seguintes:
1.1 A acentuación

Aacentuación de interrogativos que introducen cláusulas interrogativas indirectas só é obrigada cando se poidan producir ambigüidades. Dime que queres/ Dime qué queres.
1.2 Grupos consonánticos cultos CT e CC

Suprímese a primeira consoante do grupos cando os preceden as vogais -i- ou -u-: condución, conduta, conduto, condutor, conflito, contrución, construtivo, construtor, dicionario, ditame,ditadura, estrito, estrutura. Mantense o grupo nalgúns tecnicismos e palabras cultas como: edicto, dicción, convicto, convicción, ficción, ficticio, invicto, pictórico, succión, veredicto. Algunhas palabras perden o c pero vocalizándoo en u ou en i: doutor, doutoramento, doutrina; reitor, reitorado, reitoral, reitoría; seita (pero sectario, sectarismo); suxeitar e suxeito.

1.3 Sufixos eterminacións

1.3.1 Sufixos en -ZO, -ZA Auméntase a lista de palabras con estas terminacións: diferenza, espazo, estanza, (estrofa), graza, licenza, nacenza, novizo, perseveranza, presenza, querenza, sentenza, terzo, servizo. 1.3.2 Sufixos masculino -ÁN feminino -Á e masculino -ÓN feminino -OA Adáptanse ao modelo -án/-á as seguintes formas: afgán, alazán, alemán, barregán, bosquimán, capitán, catalán,ermitán, escribán, gardián, musulmán, rufián, sancristán, sultán e truán. Seguen o modelo -ón/-oa todas as palabras en que -ón non funciona como sufixo aumentativo ou deverbal pexorativo: anfitrión, bretón, campión, ladrón, león, patrón, saxón, teutón. Pero mullerona, casona, abusona, acusona, preguntona. 1.3.3 Terminacións -EU, -AU e -O Engádense á lista de palabras rematadas en -eu: chapeu,romeu e xubileu. Engádense á relación de palabras en -au: bacallau e pau. Engádense á lista de palabras en -o: tribo e ímpeto.
1.4 O verbo

A acentuación das primeira e segunda persoa de plural de pretérito de subxuntivo pasa a ser esdrúxula: *cantasemos, cantásemos.
1.5 Pronomes demostrativos

Elimínanse as formas do pronome demostrativo neutro *esto,*eso,*aquelo sendo só válidas isto, iso,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Normas ortograficas
  • Normas Ortográficas
  • normas ortograficas
  • Normas ortograficas
  • Normas y reglas ortograficas de puntuacion
  • Reglas y normas ortograficas
  • Normas y reglas ortograficas
  • Aplique La Norma Ortografica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS