Os 2 anos de maruja mallo en viveiro

Páginas: 10 (2427 palabras) Publicado: 18 de septiembre de 2010
Os dous anos de Maruja Mallo no Viveiro señorial de 1902
-O seu nome real era Ana María Manuela Isabel Josefa Gómez González; case nunca especificou a súa orixe viveirense anque falaba a miudo das súas raíces celtas

Ata fai ben poucos anos, relativamente, moitas tiñan sido as sombras existentes encol da natureza viveiresa da universal pintora Maruja Mallo. Os motivos foron variados, por unlado estarían as propias circunstancias -que logo explicaremos do seu nacimento en Viveiro-, así como o constante fado mistérico que a mesma pintora surrealista axudou a recrear, manifestando repetidamente que era «celta» de nación, pero sen especificar a penas a súa orixe viveiresa, mentres que, por outra banda, tamén resultaba usual atoparmo-nos co despiste intencionado por parte da artista,acostumada a rebaixarse sete anos na data de nacimento, levada dun aquel de coquetería fiminina. Feitos, todos eles que contribuiron á pervivencia das dúbidas.

Maruja Mallo, de nome real Ana María Manuela Isabel Josefa Gómez González, permaneceu en Viveiro dende o seu nacimento no ano 1902 ata principios de xaneiro de 1904. Os 12.843 habitantes que tiña Viveiro á altura do 1900 reflíctennos a imaxedunha vila tradicional galega, suxeita a profundas transformacións, que revelan un incipiente dinamismo socioeconómico, político e cultural. Durante a súa curta estadía, o seu pobo natal viña experimentando diversos cambios producidos no período histórico da Restauración.

A cidade entón

De tal xeito, que poderíamos falar do inicio do proceso en torno á década de 1880, coa criación da bandamunicipal de música (1885), a fundación da mutualista Sociedad de Obreros (1888), o remate das obras de recheo do Malecón (1888), e o nacimento da prensa local, coa aparición dos semanarios El Eco de Vivero (1888) e El Vivariense (1890).

A década seguinte, de 1890, non sería menos interesante, comenzando co restablecemento do antigo Colexio Insigne, suprimido por mor da Desamortización, econtinuando a expansión da vila coa consecución do título de cidade o día 30 de abril de 1891, por mor das xestións realizadas polo deputado en Cortes Ramón Rebellón Zubiri. Durante o mes de agosto celebráronse as primeiras Ferias Generales que darían lugar ás Festas Patronais. Esas feiras tiñan unha clara finalidade comercial e turística, para atraer á vila ao maior número de visitantes na tempadaestival.

Naceu na rúa de Porlier

No mes de setembro de 1891 erixeuse a estatua de Pastor Díaz, na Praza Maior, obra na que colaboraron os emigrantes americanos, especialmente o Centro Galego da Habana, así como todas as forzas vivas viveiresas.

A nivel industrial temos que resaltar especialmente a criación dun importante foco industrial en Chavín da man da Sociedade Barro y Cía, quesubministrou luz eléctrica a localidade, por vez primeira en 1896, así como a inauguración, en 1899, das Minas da Silvarrosa e Choupín, explotadas pola The Vivero Iron Ore Company, empresa de capital alemán que deu lugar ao montaxe dun tren aéreo, para o transporte do mineral ata o cargadeiro da Concha na Insua-Escourido, ademáis construise un poboado mineiro coa finalidade de albergar ao cada vez máisimportante continxente de proletariado.

Por mor da industrialización comezarían a agromar os primeiros conflictos obreiros, orixinándose o choque entre o liberalismo capitalista e os xeitos de producción artesanal. Nestes anos tamén xurdirán novos sectores como o madeireiro, mantendo a súa importancia outros como os de curtimes, mentres que o tradicional sector salazoneiro seguía manifestándosecomo un dos máis destacados, cun alto grau de exportacións cara as plazas do Mediterráneo e Francia, principalmente.

A principios do século XX, coincidindo xa coa estadía da familia da nosa protagonista en Viveiro, tamén se rematarán importantes obras como as da Ponte do Barqueiro, en 1901, completándose, deste xeito, as obras da estrada da costa, iniciadas na década dos oitenta, outra obra...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Maruja Mallo (arte-vanguardias)
  • Maruja Mallo
  • La Primera Ascensión De Maruja Mallo Por Alberti
  • Miniproyecto 2 y 3 años
  • Madurez Niño De 2 Años
  • aprestamiento sala de 2 años
  • DESARRLLO DE LOS 0 A 2 AÑOS
  • perfil niño de 2 años

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS