Os Masai

Páginas: 4 (944 palabras) Publicado: 16 de julio de 2012
OS MASAI
Os Masai son unas das poboacións negras máis antigas de África situadas no sur de Kenia e no norte de Tanzania. Son nómades e guerreiros que viven do pastoreo, aínda que algunha das súastribos, traballa na agricultura.

Falan o maa, unha lingua do Nilo e moitos deles son capaces de expresarse correctamente en suajili ou en inglés.

A estrutura social masai está organizada enxerarquías. Ademais dos clans están:

• Unha primeira, a dos nenos, que teñen por función vixiar o gando.
• A segunda, formada polos guerreiros ou morane, dende 14 aos 30 anos. Pasan por dúascerimonias, a da circuncisión, o EMARATA, que lle da paso a adulto. Logo a do EUNOTO, pola que se converten en guerreiros. Antes encargábanse da defensa do territorio, pero hoxe en día ocúpanse dastarefas máis difíciles do pastoreo, da caza e das importantes exhibicións de valor. Cada aumento de status ofrece aos mozos máis dereitos, coma fumar ou casarse, e cada vez teñen máis peso as súasopinións na sociedade.
• A terceira fórmana os anciáns, que son os toman todas as decisións importantes por igual e reunidos en consello.. Un ancián (LAIBON) ten por única función, a de ser o responsablerelixioso do poboado. Din que ten poderes divinatorios.
• En canto ás nenas, tamén pasan por unha cerimonia de circuncisión. O seu futuro matrimonio, está pactado polos seus pais dende pequenas,pero a partir deste rito, poden relacionarse cos mozos guerreiros que desexen. As mulleres, están sometidas ao dominio do home dentro dunha sociedade patriarcal forte e ocúpanse do coidado dosfillos e do fogar. Unha vez casadas abandonan a casa familiar para acompañar ao seu home, e con axuda das mulleres da súa familia política, constrúen a súa nova casa.


Os Masái viven en asentamentospouco sofisticados chamados Manyattas. Son círculos de chozas unifamiliares feitas de ramiñas, palla, e barro e recubertas de excremento de vaca para impermeabilizalas e darlles resistencia. Posúen...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Los Masai
  • Masai
  • cultura masai
  • La Masai Blanca
  • Cultura Masai
  • La princesa masai
  • Princesa masai
  • MURSI Y MASAI

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS