Os Tecidos Vexetais

Páginas: 9 (2166 palabras) Publicado: 6 de noviembre de 2012
TEMA 3. OS TECIDOS
OS TECIDOS VEXETAIS.
Os tecidos vexetais son os que teñen as cormófitas, é decir as plantas que presentan unha organización corporal de tipo cormo, con órganos especializados (raíz, tallo,follas…). 2 tipos: os tecidos embrionarios ou meristemáticos e os tecidos adultos.
Os tecidos meristemáticos.
Os meristemas proceden das células do embrión. { As súas células conservan asúa capacidade de división e de diferenciación durante toda a vida da planta e permiten que esta creza de maneira continua (a partir deles, os demais tecidos da planta)}.
As células meristemáticas son pequenas, a súa parede celular é moi delgada, teñen o núcleo grande, poucos vacúolos, e dispóñense de forma compacta sen deixar espazos intercelulares. Ao dividirse, orixinan 2 tipos de células:unhas non se diferencian, e seguen formando parte de meristemas; outras si sofren diferenciación, e dan lugar aos distintos tipos celulares que constitúen s tecidos adultos da planta. Hai 2 tipos de meristemas:
* Os primarios: procedentes de células embrionarias non diferenciadas.
* Os secundarios: formados por células adultas que recuperan o seu carácter meristemático. Distínguense 2 tipos:o cámbium e o felóxeno.
Os tecidos adultos.
Fórmans por división e diferenciación das células dos tecidos embrionarios. Segundo a súa función hai tecidos parenquimáticos, protectores, de sustentación, conductores e secretores.
Os tecidos parenquimáticos.
Os parénquimas ou tecidos fundamentais, son os tecidos máis abundantes da planta. Sitúanse entre os demais tecidos, enchendo os espazos edesempeñan diferentes funcións.
Están formados por células vivas pouco diferenciadas, que presentan unha gran diversidade de formas (esféricas…), e que adoitan deixar espazos intercelulares. Teñen paredes celulares delgadas. Posúen plastos e un gran vacúolo central.
Segundo a función que realizan:
* Parénquima clorofílico: Realiza a fotosíntese, polo que as súas células teñen abundantescloroplastos. Localízase nos talos verdes e no interior (mesófilo) das follas, onde se diferencian dúas variedades: parénquima en estacada e parénquima lacunar.
* Parénquima de reserva: Almacena substancias de reserva de diferentes tipos (amidón). Localízase en distintos órganos (tubérculos, sementes…).
* Parénquima acuífero: Almacena auga. Desenvólvese en talos e follas de plantas de climassecos (cactos).
* Parénquima aerífero: As súas células forman tabiques que delimitan grandes espazos intercelulares onde se acula aire (típico de plantas acúaticas).
* Parénquima vascular: Acompaña os tecidos conductores.
Os tecidos protectores.
Recobren a superficie externa da planta e protéxena do desecamento e da acción dos axentes externos. Algúns tamén separan internamente uns tecidosdoutros. Os máis importantes son a epiderme, endoderme e o súber.
* Epiderme: Recobre as partes novas da planta (follas, talos, raíces…). Adoita estar formada por unha soa capa de células vivas, aplanadas, que se dispoñen unhas ao lado doutras sen deixar espazos intercelulares. Carecen de cloroplastos, e as paredes celulares son delgadas. Nas follas e talos a parede externa das célulasepidérmicas está recuberta por unha fina capa transparente denominada cutícula (formada por substancia lipídica: cutina, impermeable á auga e a os gases).
A epiderme proporciona protección fornte aos axentes externos e regula, o intercambio de gases e auga, que ten lugar a través de estructuras epidérmicas especializadas (estomas e pelos radicais).
* Endoderme: Localízase principalmente no interior daraíz, onde separa os feixes vasculares do parénquima situado baixo a codia. Formada por unha única capa de células vivas, cuxas paredes están recubertas por lignina e suberina que as impermeabiliza, formando a denominada banda de Caspary. Función de esta estructura é regular a entrada de auga e ión desde o exterior a os tecidos condutores, xa que obriga a que a auga e sales absorbidos polos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • tec
  • TEC
  • Teca
  • Que Es Un TEC
  • TEC
  • Teca
  • Tec
  • Teca

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS