Os vellos non deben namorarse

Páginas: 47 (11552 palabras) Publicado: 22 de octubre de 2013
OS VELLOS NON DEBEN DE
NAMORARSE

OS VELLOS NON
DEBEN DE
NAMORARSE

AFONSO DANIEL RODRÍGUEZ
CASTELAO

A Petapouca
Os vellos non deben de namorarse Copyright © 2013
This book was produced using PressBooks.com, and PDF rendering was done
by PrinceXML.

Contents

Prólogo

v
Lance Primeiro

Persoaxes
Escea I
Escea II
Escea III
Escea IV
Escea V
Escea VI
Escea VII

2
411
13
20
22
29
36
Lance Segundo

Persoaxes
Escea I
Escea II
Escea III
Escea IV

42
44
51
56
63
Lance Terceiro

Persoaxes
Escea I
Escea II
Escea III
Escea IV
Escea V
Escea VI

67
69
74
78
81
85
88

iii

Epílogo
Escea única

92

Indicacións

99

iv

Prólogo
Miñas donas e meus señores:
Axiña ides ver unha farsa en tres lances, na que se demostraque os vellos
non deben de namorarse; pero non pensedes que a miña obra é de tesis. Non
é de tesis, non. Trátase apenas dunha síntesis artística, ou máis ben, artimaña
escenográfica onde xogan o amor e a morte de tres vellos imprudentes: o
boticario don Saturio, que non aturóu a falcatruada de Lela e mátase con
solimán da súa propia botica; o fidalgo don Ramón, que por un bico de
Micaelamorre deitado no esterco; o vinculeiro señor Fuco, que por casar con
Pimpinela mórrese de felicidade. Son tres faces diferentes dun mesmo drama,
contado á maneira galega e para regalía dos que poidan comprender o noso
linguaxe. Pero este coñecidísimo drama, que agora ides ver nunha farsa nova,
é, asimismo, un aviso de tres estalos que lle damos aos vellos namoradeiros.
Compre decir que asvellas non están no caso dos vellos, anque os amores
serodios andan sempre aparellados coa morte, pois neste caso sóio perden a
vida os mozos que se deixan chuchar por vellas indecentes. Non, o drama é de
homes que se namoran a destempo, porque non souperon aproveitarse do amor
cando eran mozos ou porque pretenden bulrarse da morte cando xa a levan
ao lombo. Os homes deben buscar tesouros amorososna mocedade, e gardalos
ben gardadiños para cando chegue a vellez, si é que arelan o respeto do mundo
e non gostan de vérense retratados nesta caste de comedias. Ninguén se bulra
dun vello e dunha vella que siguen amándose tolamente. ¡E qué emoción dá
ver a un vello vedreiro que chora por amor que perdéu cando era mozo! Os
vellos deben gardar amores antigos, porque axúdanlles a vivir; perocos amores
novos, e a súa morte fai rir ás xentes.
Co dito abonda para que comencemos a farsa. E si ela fose do voso agrado o
autor sentiríase ledo.

v

vi Os vellos non deben de namorarse

Lance Primeiro

Persoaxes
O BOTICARIO
Vello namoradizo, que ten, ademáis, a desgracia de chamarse Saturio.
LELA
Moza requentada na súa propia malicia.
O CARABINEIRO
Catador de lupandas,disposto a unha nova vida.
AS IRMÁNS DO BOTICARIO
Catro ánimas do purgatorio, embrulladas en roupa negra.
A MORTE
O máis tirán de todos, disfrazado de mendicante.
MULLERES
Dez bocas con alferrón.
Tódolos persoaxes levan careta.

2

Persoaxes 3

Escea I

4

Escea I 5

6 Os vellos non deben de namorarse

A escea desenrólase na botica. Cando se ergue o pano aparece Lela debruzadano mostrador, apreixando unha botelliña na man, e o boticario —tamén
debruzado— a falar con Lela. Trátase de representar un palique amoroso.
LELA
Eu non sei que me dá este home… porque xa fai moito tempo que
debía estar na casa.
O BOTICARIO
Pois calisquera día douche un feitizo de namorar e vólvote toliña.
¡Como me chamo Saturio que o fago!
LELA
¡Eso sería unha traiduría…
O BOTICARIO¡Así Deus me salve como che reviro o sentido cun bebedizo!
LELA
¡Con non tomar xaropes desta botica…!
O BOTICARIO
Tamén che podo dar polvos seguidores, ou píldoras de malicia, que son
máis ardentes.
LELA
¡Vaites, vaites con Don Saturio, que quer chegar polo atallo…! ¿I entón,
vostede xa non atopa maneira de namorar polas boas…?
O BOTICARIO
Os peixes e as mulleres cóllense con artimañas…...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • os vellos non deben namorarse
  • os vellos non deben namorarse
  • Os vellos non deben namorarse
  • Os Vellos non deben masturbarse
  • Resumen Os Vellos Non Debenamorse
  • La nona
  • None
  • la nona

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS