Osdousdesempre

Páginas: 7 (1546 palabras) Publicado: 9 de marzo de 2015
Comentarios recollidos no Blog da Biblioteca do ies Sánchez Cantón no curso 2007-08

1. Comecei a ler este libro no meu cuarto e, rapidamente, me enganchou, xa non podía parar de lelo. Aínda que está
escrito en galego antigo, é moi fácil de entender e, os capítulos, ao ser breves, fan que a lectura sexa rápida e amena.
Chamoume a atención palabras coma "chicolate" que, á vez, me resultarongraciosas. A historia está moi ben contada,
combinando, por capítulos, a vida de Pedro e de Rañolas. Pareceume entrañábel a forma que tiña a tía Ádega de
coidar ao seu sobriño Pedro, a verdade é que o consentía moito e, este era moi larpeiro. Isto, demostra que a
educación é primordial para o día de mañá, xa que Pedro fracasou bastante na vida. Cando casou era un xanciño,
estaba baixo unha especie de"ditadura" por parte da súa sogra. Ademais, da súa viaxe a Arxentina non quitou nada de
proveito, pero gustoume que o realizase porque demostra que non todas as persoas que viaxaron a este país, coma a
outros, se fixeron alí ricos e triunfaron e, que ademais, véxome reflectida porque o meu avó materno, antes de casar e
de coñecer a miña avoa, viaxou a este país, claro que non lle foi tan mal, ecalquera domingo ou día de festa, aproveita
para contarnos as súas anécdotas. Menos mal, que cando voltou, pasado un tempo, Pedro colleu o touro polos cornos,
e púxolle as cousas claras a súa sogra, aínda que acoitelándoa non me parece a forma máis correcta, este acto tivo os
seus beneficios, e, a sogra comezou a respectalo e a, mesmo, tratalo coma un fillo. Pola súa parte, Rañolas é un rapaz
que depequeno non ten o cariño da súa familia; por un aparte, é admirábel como, cando a súa nai morre, comezan
unha nova vida, búscase un futuro. Gustoume moito que fose a Lourdes, porque eu estiven alí fixo dous veráns, e vese
que o negocio é o mesmo, aínda que agora está moito máis industrializado, cambiou moito de como era antes. Tamén
me encantou que volvese á súa aldea, xa que nótase a morriña quesentiron, coma Rañolas, tantos e tantos galegos
ao estar lonxe da súa terra e da súas familias, lonxe das súas raíces. Pero, sen dúbida, o que máis me gustou foi a
amizade entre Pedro e Rañolas, que a pesar da súa distancia e do paso do tempo, seguiron sendo amigos. Porque un
amigo de verdade é coma un tesouro. En definitiva, a historia está perfectamente ambientada na época, está contada
dunhaforma moi entrañábel e, eu, persoalmente, recomendo a súa lectura porque descubriredes a vida dos nosos
ancestros. (Paloma)
2. Ao comezar a ler o libro pareceume que a lectura non me ía resultar moi sinxela. Os primeiros capítulos non
remataban de introducirme na historia e non me facían agradable a lectura. Outro obstáculo foi o complicado
vocabulario no que está escrita esta novela, pois na épocaen que se redactou non existía un galego normativo e
moitas das palabras que Castelao emprega non aparecen hoxe nos dicionarios. Pasados uns cantos días de lectura, o
libro comezou a gustarme e o relato enganchoume e non supuxo moito problema deducir o significado dalgúns termos.
Pareceume moi interesante a forma de narrar que ten o autor, separando as vidas de ambos os dous protagonistas. Ao
estardividido en pequenos capítulos, é máis doado administrar a lectura. Castelao reflicte fielmente no libro a
sociedade galega de comezos do século XX. Por exemplo ten lugar para personificar a figura do cacique en Don
Andrés. Tamén relata como tiveron que emigrar moitos galegos para poder atopar unha vida mellor lonxe do seu fogar
nun mundo totalmente distinto, no cal non é todo riqueza e boa vida.Para isto temos dous exemplos, o de Pedro que
viaxa en busca do seu primo Manoel para gaña-la vida nas pampas arxentinas e tamén o de Rañolas nas súas
aventuras en Francia, acompañado ás veces por un afiador ourensán. Pareceume moi curioso o feito de que ese
mesmo protagonista, ao regresar á súa vila, corte as pernas e poña dúas próteses que mercara á viúva dun mutilado
francés. Tamén me gustou...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS