papar

Páginas: 6 (1442 palabras) Publicado: 25 de enero de 2015
PAU

Código: 27

XUÑO 2012
QUÍMICA
Cualificación: O alumno elixirá UNHA das dúas opcións. Cada pregunta cualificarase con 2 puntos

OPCIÓN A
1.

Cos seguintes datos Eº(Fe2+/Fe)= -0,44 V y Eº(Ag+/Ag)= +0,80 V, indique razoadamente:
1.1. As reaccións que se producen nos eléctrodos indicando o ánodo e o cátodo.
1.2. A reacción global e o potencial estándar da pila formada con esteseléctrodos.

2. Ordene de menor a maior e de xeito razoado os seguintes elementos: sodio, aluminio, silicio, fósforo e
cloro; segundo:
2.1. O primeiro potencial de ionización.
2.2. O raio atómico.
3. 3.1. A partir dos datos das entalpías de formación calcule a entalpía estándar de combustión do
metano.
3.2. Sabendo que a combustión de 1,0 g de TNT libera 4600 kJ calcule o volume de metano,medido a
25 ºC e 1 atm (101,3 kPa) de presión, que é necesario queimar para producir a mesma enerxía que
1,0 g de TNT.
Datos: Hfº(CH4(g))= -75kJ·mol-1; Hfº(CO2(g))= -394 kJ·mol-1; Hfº(H2O(g))= -242 kJ·mol-1
R=0,082 atm·L·K-1·mol-1 ó R=8,31 J·K-1·mol-1
4. O CO2 reacciona co H2S a altas temperaturas segundo: CO2(g) + H2S(g)  COS(g) + H2O(g).
Introdúcense 4,4 g de CO2 nun recipiente de 2,55 L a337ºC e unha cantidade suficiente de H2S para
que, una vez alcanzado o equilibrio, a presión total sexa de 10 atm (1013,1 kPa). Se na mestura en
equilibrio hai 0,01 moles de auga, calcule:
4.1. O número de moles de cada unha das especies no equilibrio.
4.2. O valor de Kc y Kp a esa temperatura.
Dato: R=0,082 atm·L·K-1·mol-1 ó R=8,31 J·K-1·mol-1
5. 5.1. Realice os cálculos necesarios parapreparar un litro dunha disolución acuosa 1,0 M de ácido
clorhídrico a partir de ácido clorhídrico comercial de densidade 1,18 g·mL -1 e riqueza do 36% en
masa.
5.2. Indique o procedemento e o material empregado para a súa preparación no laboratorio.

OPCIÓN B
1. Indique, de forma razoada, o tipo de enlace que presentan e dúas propiedades para cada unha das
substancias seguintes:
1.1.Limaduras de magnesio.
1.2. Cloruro de sodio.
2. Razoe se as seguintes afirmacións, referidas a unha disolución 0,1 M dun ácido débil HA, son
correctas.
+
2.1. As concentracións no equilibrio das especies A e H3O son iguais.
2.2. O pH da disolución é 1.
3. O sulfato de estroncio é un sal moi pouco soluble en auga. A cantidade máxima deste sal que se pode
disolver en 250 mL de auga a 25 ºC é de26,0 mg.
3.1. Calcule o valor da constante do produto de solubilidade do sal a 25ºC.
3.2. Indique se se formará un precipitado de sulfato de estroncio ao mesturar volumes iguais de
disolucións de Na2SO4 0,02 M e de SrCl2 0,01 M, considerando que ambos os sales están totalmente
disociados. Supoña os volumes aditivos.
4. O estaño metálico reacciona co ácido nítrico concentrado e forma óxido deestaño(IV), dióxido de
nitróxeno e auga.
4.1. Axuste a reacción que ten lugar polo método do ión-electrón.
4.2. Calcule o volume dunha disolución de ácido nítrico do 16,0% en masa e densidade 1,09 g·mL -1,
que reaccionará con 2,00 g de estaño.
5. Dispoñemos no laboratorio de 500 mL de hidróxido de sodio 0,25 M a partir do cal se deben preparar
100 mL dunha disolución de hidróxido de sodio0,025 M.
5.1. Indique o volume que debemos tomar da primeira disolución.
5.2. Describa o procedemento indicando o material necesario para a preparación da disolución.

Código: 27

PAU
SETEMBRO 2012
QUÍMICA

Cualificación: O alumno elixirá UNHA das dúas opcións. Cada pregunta cualificarase con 2 puntos

OPCIÓN A
1. Os elementos A, B, C y D teñen números atómicos 10, 15, 17 e 20,respectivamente. Indique:
1.1. ¿Cal ten maior potencial de ionización e cal maior raio atómico?
1.2. A configuración electrónica de A, B, C e D2+.
Razoe as respostas.
2. Aplicando a teoría da repulsión dos pares electrónicos da capa de valencia, indique razoadamente, a
xeometría das moléculas seguintes:
2.1. NF3
2.2. BF3
3. Nun matraz de 5 L introdúcese unha mestura de 0,92 moles de N 2 e 0,51...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Papa
  • Paper
  • Paper
  • Yo Papa
  • La Papa
  • Papa
  • papa
  • Papas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS