PAU 2010 L Galega

Páginas: 16 (3922 palabras) Publicado: 4 de abril de 2015
Código: 02

PAU
XUÑO 2010
LINGUA GALEGA E LITERATURA II
OPCIÓN 1
2
4
6
8

Era un cabalo sumarísimo, sen máis órganos que os estritamente indispensables para a locomoción,
sen ningún de nutrición, que sen dúbida perdera por lle non seren útiles, por seren se cadra indignos do
cabalo perfecto, que nin debe comer, nin beber, nin arder, senón somentes correr: un cabalo reducido a
unha soa función, uncabalo rigorosamente científico.
Era un cabalo pantasma, tan lixeirísimo na súa masa coma nos seus movementos. Sostíñase nas
súas catro patas por un verdadeiro milagre de levitación, e tan pouco pesaba que non deixaba na terra a
marca das pisadas. Voaba como unha palla no vento…

12

Moralmente era un asceta o cabalo do médico de Abrantes. Pode que antes tivera pecado moito,
mais de tódolosxeitos, Abrantes foi para el unha Tebaida expiatoria e santa. Facer, fixo méritos de
abondo para conquerir un ceo, ou polo menos un limbo axeitado á súa alma de besta padecente. Era un
faquir que vivía do xaxún, única mantenza que lle daba a Providencia, que o que é o médico non lle daba
senón traballo.

14

Aquela besta heroica viviu en Abrantes a epopea da fame, sen protesta, sen unha queixa, senrincho
nin couce… Ninguén soubo apreciar as virtudes excelsas daquel ser singular.

10

Vicente Risco, Os europeos en Abrantes, 1927
1. Sinala a estrutura do texto, indicando os núcleos de contido de cada parte. [1 punto]
2. Indica, de maneira xustificada, cal cres que é o punto de vista que adopta o autor na descrición do
cabalo: a) obxectivo e realista; b) subxectivo e idealizado; c) irónico ehumorístico. [1 punto]
3. Elabora un breve relatorio expoñendo o cambio nos usos do cabalo no paso da sociedade tradicional á
moderna; compárao co caso dos seus parentes o asno ou a mula. (Extensión aprox. 200-250 palabras) [3
puntos]
4. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: órganos (liña 1), perfecto (l. 3),
asceta (l. 8), méritos (l. 9), abondo (l. 10), besta (l. 13).[1 punto]
5. Identifica as dúas seguintes construcións sintácticas e responde: [1 punto]
[a] sen máis órganos que os estritamente indispensables (liña 1)
[b] tan lixeirísimo na súa masa coma nos seus movementos (liña 5)
— Sería posible que aparecesen en vez de que e coma outros nexos? Cales? Xustifica a resposta.
6. Responde unha destas dúas preguntas (escolle só unha; extensión aprox. 200-250palabras) [1 punto]
a) Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións
da norma.
b) O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e
situación sociolingüística.
7. Responde unha destas dúas preguntas (escolle só unha; extensión aprox. 400 palabras) [2 puntos]
a) A poesía de vangarda. Características, autores eobras representativas.
b) O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o grupo de Ribadavia.

PAU

Código: 02

XUÑO 2010
LINGUA GALEGA E LITERATURA II
OPCIÓN 2
2
4
6
8
10
12
14

Se hai uns anos a pregunta era se leriamos libros nunha pantalla, a de hoxe só pode ser cando será esa
a opción maioritaria. Os movementos que se están a producir entre os fabricantes de aparellos, os xigantes
deinternet e as editoriais de todo o mundo apuntan a que este Nadal o ebook vai facer a súa aparición
estelar nos sacos dos Reis Magos. Aparellos de 200 gramos preparados para amosar dez mil páxinas sen
recargar a batería. En decembro haberá medio cento de e-readers diferentes dispoñibles.
É probable que o ebook nunca substitúa o libro en papel, pero está claro que copará unha cota de
mercadocrecente. Por iso os editores galegos teñen que moverse canto antes. Cando a porción galega de
avanzados tecnolóxicos adquira os seus e-readers, que lecturas atopará no seu idioma? Por agora, poucas.
Se esa primeira fornada de usuarios non dispón de novidades literarias e títulos de interese en galego,
vainos ler noutras linguas. E será un lastre que se pode arrastrar moito tempo. É mellor non chegar...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • PAU 2010 L Castela
  • Pau 2010
  • BeginAgain pau l pez
  • Pau ingles 2010
  • pau matemticas ccss 2010
  • PAU Fisica Septiembre 2010 Com.Valenciana
  • PAU Fisica Junio 2010 Com.Valenciana
  • PAU 2014 Lingua Galega

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS