Prosa
* Irmandades da Fala *
As Irmandades de Fala intentarán revitalizar a narrativa a través da creación de editoriais e ampliación dos grupos de lectores, modernizando a lingua e incorporando elementos das literaturas contemporáneas europeas. A este propósito serven as coleccións de novela curta,que iniciará O diputado por Veiramar de Gonzalo López Abente, na revista “A Nosa Terra”. Ademais outras revistas, como “¡Terra A Nosa!” ou Céltiga publicarán os escritos do Grupo Nós, como Do caso que lle aconteceu ao Dr Alveiros de Risco, ou Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete de Castelao. A máis importante é “Lar. Revista quincenal”, dirixida por Leandro Carré Alvarellos e Ánxel Casal. Estaspublicacións periódicas, curtas e de baixo custe económico instaurarán a narrativa galega moderna e conseguirán a súa modernización, olvidando os tópicos ruralistas e costumistas. As principais tendencias son o humorismo e o macabrismo, o neoceltismo, a etnografía popular, o naturalismo e o simbolismo, aínda que estes dous últimos en menor medida. O emprego da novela curta cesa coa fundación daEditorial Nós en 1927, que publicará dúas das novelas longas máis importantes de preguerra, Os dous de sempre de Otero Pedrayo e O porco de pé de Risco.
* Grupo Nós *
O nome provén da revista que o grupo de escritores publicaron dende 1920, “Nós”, aínda que xa fora empregado con anterioridade. Os integrantes foron Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Antón LosadaDiéguez e Afonso Rodríguez Castelao. As súas orixes remóntanse ao Cenáculo Ourensán (Risco, Otero, Arturo Noguerol e Primitivo R. Sanjurjo dende mediados dos anos dez) que botan a andar a revista neosófica “La Centuria”. Incorpóranse en 1918 ás Irmandades da Fala, que revélalles a existencia e Galiza como ese lugar que estaban a buscar. Esta evolución é explicada en obras como Arredor de si deOtero Pedrayo ou Nós, os inadaptados de Vicente Risco. O grupo Nós, agás Castelao, presenta unhas características comúns, que son a extracción social acomodada, a formación desvinculada á tradición galega e a súa consolidación de creadores da prosa moderna galega, na narrativa, no ensaio e no teatro. A súa revista, “Nós”, que será editada dende 1920 ata 1936 é o resultado da súa colaboración estreitaen tódolos ámbitos, etnografía, arte e estudos históricos, co obxectivo principal de universalizar a cultura galega a partir das súas raíces populares.
Vicente Risco
Podemos dividir a súa obra en tres etapas
-etapa pregaleguista, que se pecha co inicio da publicación de “La Centuria”.
-etapa galeguista ou nacionalista, que se inicia coa adhesión ás Irmandades da Fala e conclúe coaguerra civil.
-etapa de nacional-catolicismo, na que hai un afastamento definitivo do galeguismo e da literatura galega.
Esta complexa evolución é o resultado do tempo vivido, marcado polos conflitos mundiais, pero na súa literatura observamos trazos que se manteñen constantes. Estes son o individualismo e o elitismo intelectual, o irracionalismo e a crítica da ciencia, o historicismo e oculturalismo, o espiritualismo e a relixiosidade e o miticismo.
Na obra de Vicente Risco podemos observar tres claras influencias.
-Os movementos simbolistas e postsimbolistas interseculares, no que amósase a influencia de autores como Baudelaire ou Tagore, nos seus primeiros escritos evasionistas, cunha indivualidade latente.
-A vangarda artística, na que destacará principalmente o futurismo.Delas collerá a liberdade expresiva, pero eliminará todo o referente a modernidade. Primeiramente situarase como difusor dos ismos, para despois criticalos, afirmando que o autor debe amosar a súa individualidade sen someterse a ningunha escola concreta.
-A tradición oral galega, a través da súa condición de etnógrafo profundizará na narrativa oral.
Relato modernista, Do caso que lle...
Regístrate para leer el documento completo.