Psico

Páginas: 14 (3410 palabras) Publicado: 10 de diciembre de 2012
TEMA 2.

MODELOS DE APRENDIZAXE CONDUTUAL E COGNITIVO – SOCIAL

INTRODUCCIÓN
Neste tema situámonos nunha das correntes cunha maior tradición na Psicoloxía: o condutismo, do que moi brevemente, falamos no tema 1, como un dos enfoques actuais na Psicoloxía da Educación.
Para moitos, o condutismo foi o intento máis ambicioso na historia da Psicoloxía de construír un sistema científico deexplicación da conduta humana, estrictamente lóxico e obxectivo, equiparando deste xeito á Psicoloxía co resto das ciencias básicas (a Física, como modelo de ciencia por excelencia, dende a perspectiva positivista).
O condutismo tamén supón un cambio na análise causal da conduta. Asúmese que o comportamento ten a súa orixe nos procesos de aprendizaxe (empirismo radical; a metáfora da tábularasa).Esto significa que se atopa exclusivamente baixo o control externo. As pautas de comportamento que anteriormente atribuíanse a causas internas, poden ser inducidas, poden ser eliminadas ou modificadas, modificando as condicións ambientais.
No ámbito da educación, o condutismo significou unha das primeiras explicacións de como se produce a aprendizaxe. Deste modelo derivan achegas interesantes noentorno educacional, como por exemplo, os programas de reforzo, a instrución programada, as técnicas de modificación de conduta (aplicadas a contornos educativos), a aprendizaxe observacional e a importancia da observación de modelos, etc.

1. As teorías da aprendizaxe condutual

1. 1. CONDICIONAMENTO CLÁSICO

• Concepto de Condicionamento Clásico. Elementos constitutivos.Todos os seres vivos están precondicionados pola herdanza xenética a reaccionar diante de estímulos concretos mediante respostas automáticas, que son involuntarias (condutas respondentes). Estas respostas están determinadas polos estímulos que as preceden e son iguais en todos os individuos dunha especie. Teñen unha funcionalidade concreta: a protección e a supervivencia do organismo.
Ocondicionamento clásico (ou respondente) é o proceso mediante o cal explícase o porqué un estímulo que inicialmente é neutro, cando se asocia cun estímulo significativo, adquire a capacidade de producir ou provocar unha resposta parecida á que inicialmente provoca ese estímulo.
O estudo inicial deste fenómeno estivo a cargo de Pavlov (1927), que observou a resposta salivar nos cans e o proceso dixestivo. Oestímulo significativo (comida) provoca unha resposta automática e involuntaria (respondente) de salivación. Un estímulo inicialmente neutro (o son dunha campaniña), asociouse ó estímulo significativo e, despois de varios ensaios (repeticións), comprobou que a soa presenza do estímulo neutro foi suficiente para provocar a resposta de salivación.
Son catro os elementos constitutivos doCondicionamento Clásico:
1. Estímulo incondicionado (EI)
Aquel elemento do medio que por si mesmo produce no organismo a conduta respondente. Estes estímulos producen sempre a mesma resposta e o suxeito non ten control sobre a mesma.
2. Resposta incondicionada (RI)
É a conduta respondente. A resposta producida polo estímulo incondicionado (EI). A característica principal da RI é quenon é unha resposta aprendida. É automática. Todas as especies despregan toda unha ampla gama de RI diante de EI que garanten a súa supervivencia.
3. Estímulo Condicionado (EC).
Estímulo inicialmente neutro (EN), é dicir, que non ten capacidade de suscitar unha conduta respondente. Este estímulo neutro, cando se asocia cun EI de xeito artificial, unha vez disociado deste, acabaproducindo unha resposta da mesma natureza que a provocada polo EI.
4. Resposta condicionada (RC).
É a resposta aprendida polo organismo, semellante á RI, xeralmente máis atenuada ou non tan completa.
Esquematicamente:


EI RI


EC RC


• Modalidades de CC...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Psico
  • psic.
  • Psico
  • Psico
  • psico
  • psic.
  • Psico
  • psico

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS