Racionalidade

Páginas: 18 (4309 palabras) Publicado: 4 de diciembre de 2013
 RACIONALIDADE PRÁCTICA
MORAL E ÉTICA
“A ética é unha certa disciplina política” -Aristóteles.
A ética forma parte da política e a fin da política é a práctica.
O uso teórico da razón é cando o utilizamos para o coñecemento e é práctica cando se pretende dirixir o uso da ética.
Os saberes prácticos son aqueles que están orientados á vida boa e arealización da felicidade: ética (individual) e política (colectiva).
Ética: fundamenta que é a moral e a posta en práctica.
Política: o cidadán que é portador de dereitos e deberes pretende influír no social ( plans gobernamentais).
A.Giddeus: “ Os medios polos que se emprega o poder para influír no alcance e contido das actividades gobernamentais”.
A palabra ética procede dos vocábulos gregoséthos ( hábito ou costume) e êthos (carácter, morada, idiosincrasia, e ademais todo o anterior).
Xa que logo carácter e conduta fan fincapé en algo de disposición natural, que non é algo aprendido. Entón a ética é o estudo do comportamento humano en sociedade. Nun sentido máis restrinxido sería a encargada sobre os valores tanto sociais como individuais que fai que unha persoa sexa estimable.Segundo Aristóteles non podía ser unha ciencia porque expresa valores subxectivos, valores que unha persoa pode considerar máis prezados. Segundo este o ben supremo é identificable coa felicidade e esta perséguese mediante a ética e asegura que o ser humano é político por natureza alegando que o moral é inseparable da política. Na súa obra Política recoñece a organización política como un ben común eo home tende a asociarse a vivir por e para a polis ( o Estado).
O termo moral, pola contra, procede do vocábulo latino “mos” que significa hábito, uso, costume ou lei. E son, polo tanto, os actos conscientes e deliberados dos individuos que afectan a outros, son xa que logo os modos de se comportar diante de certos problemas que chamamos morais.
A moralidade e o conxunto de normas que cada uncre que debe rexer a súa conduta. A moralidade e subxectiva, aínda que temos que valorar que pode ser intersubxectiva xa que non todo o mundo pode considerar boas ou malas as mesmas accións.
Perspectivas da ética:
Ética descritiva: encargase de estudar o comportamento da moral, polo tanto, de cada cultura, clase ou lugar.
Ética normativa: pretende prescribir e recomendar valores e normaspreferibles ou desexables.
Metaética ou ética crítica: significa unha reflexión sobre a ética, estudaría a natureza, función e xustificación dos xuízos morais.
Ética aplicada: trata de decirnos como levar á práctica unha teoría moral.
NIVEIS
2.- Meta-ética: reflexión da ética
1.- Ética: estuda a moral
0.- A moral: comportamento dos seres humanos
A regulación dos actos morais realizase medianteenunciados prescriptivos ( “ debes dicir sempre a verdade”) mediante razóns (“ debes dicir sempre a verdade porque senón a sociedade non sería honesta”).
Estas afirmacións implica autobrigación, xorden do propio suxeito e non son impostas por ningunha autoridade.
En segundo lugar teñen que ser incondicionais, é dicir, que non se aceptan para alcanzar algo subxectivo ( non hai nada que ascondicione).
A terceira característica é que son inderivables, tería que xurdir a partir de enunciados fáticos senón incorreriamos na falacia naturalista
A FALACIA NATURALISTA
Non é asunto do filósofo facer exhortacións ou opinións persoais xa que a ética é a investigación do que é ou sexa bo.
Sidgwick e G.E Moore estableceron o que denominan falacia naturalista. Segundo eles. Un gran número defilósofos que cando nomean unha propiedade que pertence as cousas boas cren que están definindo bo.
Ex: se alguén considera o amarelo como un pracer, non sería aceptado xa que desacreditaría o que se entende por bo.
Cando alguén confunde entre sí dous obxectos naturais denominando un a outro non sería falacia naturalista pero se o que confunde é o concepto de bo con algo como o pracer entón si...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Colonialidade e modernidade/racionalidade

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS