Realidade das persoas maiores

Páginas: 36 (8934 palabras) Publicado: 12 de mayo de 2010
1) A REALIDADE DAS PERSOAS MAIORES: CARACTERÍSTICAS E NECESIDADES

CARACTERÍSTICAS BIO-PSICO-SOCIAIS DAS PERSONAS MAYORES:

A vellez, o mesmo que a morte, constitúe un tabú. Hai quen fala, cunha visión optimista, dos anos da xubilación, dos nosos avós, dos nosos maiores, e pensa que a Seguridade Social solucionará os seus problemas económicos, proveraos de residencias agradables, así comodos coidados médicos necesarios.
Outra corrente de opinión, en cambio, non é tan optimista, os vellos están acabados, anticuados, confusos, chochos.
O vello san pode encontrar enerxía física e psíquica abondo para adaptarse aos cambios e perdas, e facelo dun xeito creativo.
Discrimínaselle para o traballo e mesmo se lle despide polo medio sutil e refinado da xubilación.De acordo con N. Butler,a xente da terceira idade está afectada por multitude de mitos e prexuízos, entre os que se destacan:

O mito do envellecemento cronolóxico.

O mito da improdutividade: aínda que moitos cren que o ancián é un ser improdutivo, está claro que, en ausencia de enfermidades e adversidades sociais, pode permanecer produtivo e interesado pola vida.

O mito do desasimento, descompromiso oudesvinculación.

O mito da inflexibilidade, da incapacidade para cambiar e adaptarse a situacións novas.

O mito da senilidade, é dicir, da perda de memoria, da diminución da atención e da aparición de episodios confusionales, produtos todos eles da lesión cerebral.

O mito da serenidade que, en contraste cos anteriores, sitúa o ancián nunha especie de paraíso terreal.

É doadodemostrar que os senescentes están sometidos a un maior estrés que outros grupos de idades: enfermidades crónicas, xubilación, perda de seres queridos, soidade, etc. Todo iso orixina maior tendencia á ansiedade, á depresión e á pena e, inevitablemente, á diminución da autoestima, resultante ademáis do seu peor status social.

¿PÓDESE CONTROLAR O ENVELLECEMENTO HUMANO?
As persoas non morren"de vellas", senón de trastornos ou enfermidades específicas. O organismo faise máis vulnerable fronte ás enfermidades ou accidentes.A “progeria” (envellecemento prematuro) caracterízase pola aparición precoz de trazos físicos senís e ananismo, con dilatación das veas da bóveda craniana e caída do pelo ata a calvicie completa. Non obstante, o desenvolvemento mental pode ser normal.As hormonas, (estróxenos e andróxenos) utilízanse clinicamente para atrasar o envellecemento, sobre todo en mulleres despois da menopausa, polos seus efectos cosméticos e de conservación do estado dos ósos.
A xuventude é a idade de conseguir, a madureza, a de mellorar, e a vellez, a de dar; unha xuventude neglixente adoita ir seguida dunha madureza ignorante, e ambas as dúas, á súa vez, dunha vellez baleira",escribiu Anne Bradstreet.
Zhores Medvedev, formulou a hipótese de que a información transmitida nos procesos de transcrición e tradución da mensaxe xenética, dende o ADN ao ARN e ás encimas e outras moléculas proteicas, podería estar suxeita, co tempo, a un número progresivamente maior de erros.
Unha segunda hipótese sobre as bases xenéticas do envellecemento parte do feito de que moitos dos xenesda molécula de ADN están repetidos en secuencias idénticas.A terceira hipótese xenética suxire a existencia de "xenes de envellecemento", que frearían ou deterían vías bioquímicas de forma secuencial e levarían a unha expresión programada dos cambios específicos do proceso de envellecer.
Soamente as células cancerosas e as células xerminais (o espermatozoide e o óvulo) escaparían ao proceso deenvellecemento e morte.

HISTORIA DUNHA MARXINACIÓN.
O home, ao longo da historia, formulouse dous problemas básicos en torno á vellez: vantaxes e inconvenientes inherentes a esta e como se pode impedir o proceso de envellecemento. Tamén é indubidable que non hai concepcións únicas, definitivas, senón máis ben opostas e variables ao longo da historia e das culturas respecto a este tema.Hai...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Das Das Das
  • Dasas
  • Dasa
  • dasa
  • Das Das
  • dasas
  • dasa
  • Dases

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS