Recensión "Resistencia" De Rosa Aneiros

Páginas: 6 (1460 palabras) Publicado: 7 de febrero de 2013
1.A autora.
Rosa Aneiros Díaz é unha escritora galega nada en Valdoviño(A Coruña) en 1976.
Traballa coma xornalista no Consello da Cultura Galega ao mesmo tempo que colabora en distintos medios de comunicación impresos e dixitais coma culturagalega.org (sección “Agardando as lagarteiras”), Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), El País,Grial, Fadamorgana ou Casa da Gramática, ademáis de participar tamén no programa “Un día por díante” da Radio Galega.
Na súa obra narrativa atopamos as seguintes novelas e premios literarios:
Eu de maior quero ser 
Resistencia (Premio Arcebispo Xoán de San Clemente á mellor novela en lingua galega do ano 2002)
Veu visitarme o mar 
Ao pé do abismo 
Sol de inverno (Premio Xerais 2009 á mellornovela)
Ás de bolboreta ( Premio Fundación Caixa Galicia ao mellor título de literatura xuveni)

2. Novela e argumento
Resistencia é unha novela de amor que nos relata a historia de Dinís e Filipa; dous mozos de mundos distintos pero que comparten un amor profundo e auténtico, o cal lles obriga a mantelo en segredo e a resistir aos impedimentos sociais e políticos que os afastan como parella e osfan sufrir como espíritos libres.
Dinís e Filipa coñécense en San Pedro de Moel, unha pequena localidade na mariña, na cal Dinís residía coma membro da clase empobrecida mentres que Filipa, filla dunha familia acomodada, ía alí a pasar os veráns.
Verán tras verán, a relación entre Filipa e Dinís vai medrando e facéndose máis forte, a pesares de ter que ser unha relación en segredo por mor dassúas diferenzas sociais e de estar dificultada polas ideas comunistas de Dinís, que chocan co Portugal de aquela época no cal Salazar e o seu “Estado novo” rexían con man de ferro ao pobo portugués.

Tras varios veráns nos cales a relación faise máis madura ao mesmo tempo cos seus protagonistas; Dinís é chamado as filas para loitar na guerra de Mozambique, colonia portuguesa por aquel entón.Foron tempos duros nos cales Dinís mergúllase nun mar de sufrimento propio e alleo, de desengano polo seu propio país ao ver as barbaridades que o sentimento imperialista de tempos pasados provoca nun pobo desarmado e desesperado; e tamén proba a súa propia dor física por mor das doenzas que contrae.
Tras volver a Portugal, Dinís comeza a traballar nunha fábrica de vidro onde organizará, xunto aoutros compañeiros cos que comparte ideoloxía política, unha revolta a cal despois de ser sofocada o levará ao cárcere de Peniche.
No cárcere de Peniche Dinís sufrira maltratos e vexacións por mor das súas ideas. A súa liberdade é nula o cal se reflexa nas cartas de amor que lle escribe a Filipa, fermosos exemplos de literatura epistolar que sen embargo nunca chegarán a ela xa que lle sonconfiscadas sen el saber nada.
Dinís sufre durante 5 anos estas calamidades ata que, farto e doente, planea con outros presos unha fuxida do cárcere, unha fuxida que non se levará a cabo xa que xusto antes a Revolución dos caraveis os sorprende e os libera da cadea.
Pola súa banda e durante este tempo, Filipa ten que fuxir a Brasil por mor de ser investigada a raíz das súas visitas o cárcere dePeniche. Unha vez no país americano; recibe a falsa nova da hipotética morte de Dinís por parte da policía portuguesa.
Ao caer a ditadura de Caetano, Filipa volve a Portugal para tirar as cinzas do seu pai na Prai da Cunha e despois decide visitar o cárcere de Peniche, convertido esta vez en Museo; onde descubre abraiada as cartas de amor de Dinís, visto isto, decide ir na procura do seu amado.

3.Personaxes
- Dinís e Filipa, personaxes principiais da historia.
-Isaura e Antonio Gonçalves.
-Rui Rodrigues e Inés.
-Dona Leonor.
-Antoninho Gonçalves.
-Miguel da Silva.
-Aaial.

3. Temática
Resistencia é, en termo xerais, unha novela de amor entre dous protagonistas que conxenian dunha forma idílica e viven a súa relación dun xeito dificultoso por mor de moitos obstáculos, coma a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Resistencia Rosa Aneiros
  • Resistencia Rosa Aneiros
  • Rosa Aneiros
  • Resistencia Biológica, En Rosas
  • Recension
  • Recension
  • Recension
  • Recension

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS