Reproducción Humana Asistida

Páginas: 6 (1320 palabras) Publicado: 12 de junio de 2012
A REPRODUCIÓN HUMANA ASISTIDA.

1.- ¿QUE É A REPRODUCIÓN HUMANA ASISTIDA?

Defínese como reprodución asistida ao conxunto de técnicas empregadas para tratar a infertilidade, o cal implica a manipulación dos gametos.

Ata case finais do século XX as persoas con problemas de fertilidade debían resignarse ou acudir á adopción se desexaban formar unha familia. A partir de 1978, co nacemento de LouisBrown, a primeira nena probeta, todo isto cambiou, e as persoas estériles viron na reprodución asistida a solución aos seus problemas. Existen varias alteracións na fertilidade que impiden ou dificultan a reprodución normal:
-A esterilidade. Defínese como a imposibilidade de conseguir un embarazo tras un ano mantendo relacións sexuais frecuentes sen protección.
-A infertilidade. Fai referencia ásituación na que a pesar de poder conseguir o embarazo, este non chega a termo e non se consegue o nacemento dun fillo.
Un 30% sería por causas masculinas: alteracións no ámbito testicular, obstrución de condutos, patoloxías na próstata, alteracións no seme …
Outro 30% sería por causas femininas: menopausia precoz endometriose, obstrucións ou lesións das trompas de Falopio, anomalías uterinas,problemas ovulatorios …
O 20% restante corresponde a causas mixtas ou combinadas, nas cales os dous membros da parella son responsables.
O 20% chega a ser unha causa inexplicable, é dicir, esta non se puido identificar.
O concepto de reprodución asistida é moi amplio, xa que conleva á intervención humana en calquera parte implicada no proceso reproductivo, como por exemplo:
-Proceso de ovulación.
-Aespermioxénese.
-Manipulación do óvulo e/ou dos espermatozoides.
-Manipulación dos embrións. A manipulación dos pre-embrións (embrións antes da implantación) sobre todo a selección de embrións libres de enfermidades deu lugar a grandes avances na medicina reprodutiva.

2.- TÉCNICAS DE REPRODUCIÓN ASISTIDA.
As técnicas de reprodución asistida en humanos teñen como obxectivos principais facerposible un embarazo e que a parella teña un fillo san. Estas son as principais:

a)- Inseminación artificial (IA).

É unha das técnicas de reprodución asistida máis sinxela. Consiste na deposición dos espermatozoides dunha forma non natural no útero da muller durante o seu período ovulatorio co obxectivo de conseguir un embarazo. Utilízase cando o índice de espermatozoides é baixo ou estes carecen desuficiente mobilidade, ou se as vías femininas non posúen as condicións propicias para o desprazamento dos espermatozoides.
Dependendo do lugar exacto do aparato reproductor feminino onde se realiza a deposición dos espermatozoides existen diferentes tipos de inseminación artificial:
* Inseminación artificial Intratubárica.
* Inseminación artificial Intracervical.
* Inseminaciónartificial Intravaxinal.
* Inseminación artificial Intrafolicular.
* Inseminación artificial Intraeuterina. É a máis empregada, pois é a que obtén mellores resultados.

Tamén existe outra clasificación dependendo da orixe da mostra de semen. Se o semen é da parella denomínase Inseminación Artificial Homóloga (IAH) ou Inseminación Artificial do Cónxuxe (IAC). Pola contra, no caso das mulleres soas,lesbianas, deben recurrer ao seme dun donante. Esta inseminación denomínase Inseminación artificial de donante (IAD).
A inseminación artificial consta de tres fases:
* Estimulación hormonal do ovario para aumentar o número de ovocitos maduros.
* Preparación do seme, seleccionando e concentrando os espermatozoides móbiles.
* Inseminación da muller, que se realiza nunha consulta.http://www.youtube.com/watch?v=tgSHsCoGUys

Para que unha parella poida someterse a unha inseminación artificial debe cumplir unha serie de requisitos.

1º) Debe descartarse o risco dunha posible Hepatite C ou Hepatite B, do VIH, a Rubéola, a Sífile e a Toxoplasmose.
2º) Comprobación da permeabilidade tubárica da muller mediante varias técnicas.
3º) No caso do home é necesario que teña un mínimo de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • LA REPRODUCCIÓN HUMANA ASISTIDA
  • REPRODUCCION ASISTIDA
  • reproduccion asistida
  • reproduccion Asistida
  • Reproduccion asistida
  • Las consecuencias de la reproduccion humana asistida
  • Reproduccion Asistida
  • la reproduccion asistida

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS