Revisión del trabajo ”Bilingüismo e lingua común” Moreno Cabrera

Páginas: 6 (1296 palabras) Publicado: 8 de julio de 2014
Juan Carlos Moreno Cabrera (2009):
Catedrático de Lingüística Xeral da Universidade Autónoma de Madrid
”Bilingüismo e lingua común”


En Mosquera Carregal, X.I Pino Ramos, S. (eds.): Lingua e docencia universitaria. V Xornadas sobre linguas e usos: 163-177.
(A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña)






Introdución
Para criticar o concepto delingua común, o autor expón con antelación o de bilingüismo, no que distingue: o pasivo, dominio dunha segunda lingua respecto das habilidades de comprensión desa lingua, e o activo, aquel que se basea na produción de dúas linguas realizada con similar eficacia e competencia.
Unha persoa bilingüe é aquela que domina a súa lingua materna e outra, esta pode ser unha segunda lingua ou unha estranxeira,pode comunicarse usando ambas. Por extensión, unha comunidade é bilingüe cando conviven dúas linguas nela. Polo tanto, o bilingüismo é o dominio de dúas linguas.
O termo lingua común, segundo Ángel López García, recolle catro acepcións: lingua común, maioritaria, popular e minorizada.
Estes conceptos úsanse nesta crítica para argumentar en contra da idea de que o castelán é a lingua común detodos os cidadáns españois. O autor desenvolverá cada unha das acepcións de lingua común para que os falantes do estado español déanse de conta de a proximidade das súas diversas linguas.
Resumo e comentario
As definicións de bilingüismo e lingua común son usados polo xeral segundo conveniencias.
Mediante a errónea educación e afirmo tamén, a malinterpretación da xuventude galega, non ten o seuidioma coma un valor en alza. Este texto vai destinado na súa meirande parte a concienciar a este sector dos errores achacados a causas externas das que sobresae o sentimento de inferioridade.
Retomando o tema dos dous tipos de bilingüismo, o activo non depende en absoluto de factores sociais senón do período de aprendizaxe dos infantes, é dicir, de todo o que nos rodea na nosa infancia, candosomos coma esponxas, xa que absorbemos todo, e neste caso centrándonos en que lingua falan na nosa casa ou a postura que adoitan respecto dela. O pasivo, aínda que é o que máis paciencia, tempo e ganas nos custa é menos valorado, non debería de ser así.
En consecuencia da ideoloxía da política actual, as linguas faladas en España que non sexan castelán sitúanse nun nivel inferior. O autor destacaque nega o carácter exclusivo do castelán como vehículo de comunicación en todo o estado. Apóiase nas seguintes afirmacións: a capacidade de aprender unha segunda lingua é independente da capacidade intelectual xeral, a capacidade humana para o bilingüismo pasivo, a proximidade xenética das linguas (Incidindo na lingüística do galego e o castelán e apoiándose no proxecto EuroComRom deensinanza-aprendizaxe da intercomprensión en cada un dos seguintes grupos de linguas: as eslavas, as xermánicas e as románicas), a nosa capacidade lingüística natural non ten en conta as divisións políticas das linguas e porén, das variedades das mesmas.
Tamén se mantén que o galego é unha lingua de tradición literaria escrita de prestixio máis antiga que o propio castelán, polo tanto o desprezo que se senterespecto del é unha grande falta de coñecemento. Eva Gugenberger afirma que o 90% da poboación galega fala galego e que practicamente toda o entende. Por outro lado J.C Herreras propón un 91% de falantes en galego en Galicia e o entendemento de 99,2 persoas.
A pesar dos datos dados, a realidade desminte o parecido xa que en moitos ámbitos o galego segue a estar subordinado ao castelán.
No cantoda educación o galego vai perdendo protagonismo. Na universidade o uso do galego segue a ser precario e insuficiente, con diferentes valores en cada unha das tres universidades galegas. Isto non se explica pero se relaciona directamente co prestixio cultural e científico da lingua galega.
En outras palabras, o galego vese atenuado por moitos factores que poderían ser modificados mediante a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Características Del Lenguaje Humano De Moreno Cabrera
  • Moreno Cabrera
  • trabajo comun
  • El Trabajo Comunista
  • trabajo de comunicaciones
  • Trabajadores De La Comunidad
  • Trabajo De Comunidad
  • TRABAJO DE LA COMUNIDAD

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS