ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Páginas: 16 (3816 palabras) Publicado: 3 de diciembre de 2013



BIOGRAFÍA


Roberto Vidal Bolaño naceu en Compostela o mesmo ano en que morreu Castelao en Buenos Aires. Foi o derradeiro día do mes de xullo, no barrio de Vista Alegre, un barrio proletario compostelán onde empezaría máis adiante os seus primeiros estudos. Entre o seu nacemento e a data na que se dá conta da estrea da súa primeira peza teatral, 1965, cando só tiña quince anos, a súavida transcorre entre o traballo e uns precoces inicios formativos co cinema e coa literatura, que acompañaban os seus días de estudo. Desde moi novo, con apenas doce anos, comeza a traballar como administrativo nunha empresa de recambios de coches. Ata que lle toca ir a Ceuta para facer o servizo militar no exército español, entre os anos 1971 e 1973, coñece oficios que van desde os ultramarinosou o automóbil ata unha axencia de viaxes. Mais as ataduras laborais, en dedicación e en tempo, e a humana pulsión que o convidaba a se liberar delas encirran a súa necesidade de formación e enriquecemento artístico e cultural.


A narración de historias con personaxes en movemento que se exhiben en toda a súa complexidade ante os ollos de todos parece fascinalo especialmente. Primeiro, o mundodo cine, que o manterá sometido ás súas luces e aos seus modos narrativos para sempre. Tamén como espectador dalgunhas representacións teatrais, as que pode haber na Compostela da época, coma a dun Auto Sacramental na praza da Quintana a cargo da compañía Ditea, dirixida por Agustín Magán. A súa formación intelectual íase configurando tamén, supoñemos, nos estudos que en horario nocturnoproletario seguía no Instituto Xelmírez, disque coa intención de conseguir o título de bacharelato elemental para poder matricularse na Escola Oficial de Cine de Madrid. Foi un proxecto truncado, pois uns anos despois, cando estaba disposto a ingresar na Escola, esta pechou. Non lle quedou máis remedio que ir adquirindo a súa formación cinematográfica lonxe das frías paredes dunha escola da época.Acumulouna engordiño a base de ver moito bo cine e tamén de tomar clases prácticas dos mellores mestres posibles: de Wells, do sempre admirado John Ford, de Bergman, de Pasolini, de todo aquel que tivese algo que dicir na arte das figuras en movemento e que o dixese dunha maneira diferente, extraordinaria. No ano 1964 asiste ás sesións do cineclub da Asociación Fotográfica Compostelana, onde toda a súaintuición narrativa e dramática se alicerza xa cun coñecemento máis directo dos grandes mestres do cinema universal e cos vangardismos que na altura lle dan potencia á expresión cinematográfica. Toda esta amálgama de coñecementos e experiencias debuxa unha pegada resistente en cada un dos textos que Roberto Vidal Bolaño nos deixou. Nada do seu teatro se entendería sen o seu amor polo cine. Robertosempre recoñeceu que en realidade o seu desexo era ser director, pero a ausencia dunha industria audiovisual e dun campo cinematográfico normalizado —ou con proxección normalizadora— fixeron imposible que a súa utopía vital cristalizase. Non é que a súa obra teatral sexa a consecuencia dunha frustración, en absoluto; non deixa de ser unha feliz coincidencia esixida pola teima de Vidal Bolaño enarmar un artefacto literario e teatral á medida das súas necesidades vitais e superador das potencialidades desta nación. Sempre, desde o Rexurdimento ata os nosos días, o campo literario galego é o resultado de múltiples vontades de superación das condicións que a realidade de dependencia e subalternidade impoñen. Roberto Vidal Bolaño armou un Teatro Nacional desde a conciencia das necesidades,desde a necesidade de superación das marxes que a realidade impuña.


A súa condición de asalariado e de home en proceso de formación relaciónano, sendo aínda un neno, coas Xuventudes Obreiras Cristiás, as XOC, que constituíron a porta de acceso á militancia sindical e política antifranquista durante a Longa Noite de Pedra. Precisamente, a súa primeira peza teatral, O Xogadeiro, estréaa Roberto...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Roberto Vidal Bolaño
  • Roberto bolaño
  • Roberto Bolaño
  • Roberto Bolaño
  • Ficha tecnica roberto bolaños
  • Biografia roberto bolaño
  • Roberto Gomez Bolaños
  • Roberto Bolaño Documental

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS