Sobre Hamlet

Páginas: 5 (1090 palabras) Publicado: 2 de febrero de 2014
COMENTARIO DO MONÓLOGO DE HAMLET ( ACTO III, ESCENA I).
Pregunta 3
Este texto pertence a Hamlet , obra de William Shakespeare e dentro desta, ao
acto III, escena I. Sitúase despois de que o rei Claudio e Polonio se escondan para ver a
reacción de Hamlet ante a presenza de Ofelia, e comprobar así se é o amor cara a moza,
a causa da súa “loucura”.
O tema principal aparece nesta primeira frasedo personaxe “Ser o no ser...He aí el
dilema” (l. 1), é dicir, a dúbida como eixe do fragmento e, por extenxión, a que vertebra
toda esta traxedia shakesperiana. Vai ser a indecisión entre actuar ou non, para vingar o
horrendo asasinato do pai, o que paralice ao príncipe, provocando que a medida que
avancemos no transcurso da acción, esta vaia gañando intensidade pola gravidade dos
feitosacontecidos ( morte de Polonio, loucura de Ofelia, duelo con Laertes e desenlace
funesto).
Por outra parte, Hamlet é vítima dunha crise profunda na que perde a súa
confianza no home e na vida, de aí que diga “¿Pues quién podrá soportar los azotes y
las burlas del mundo, la injusticia del tirano, la afrenta del soberbio...[...]¿Quién puede
soportar tanto?¿Gemir tanto?” (l. 15-16, l. 22-23). Maistamén esa angustia se reflicte na
dúbida de aguantar tanta penuria ou poñerlle fin un mesmo, se se é capaz e non se ten
medo ás consecuencias.
Se facemos un percorrido pola obra na busca da indecisión de Hamlet, xa
atopamos un exemplo desta no acto I, cando no seu segundo encontro co espectro,
Hamlet lle di que “non fagas que en min estoupe a dúbida”. Tras a escena que nos
ocupa, é no actoIV cando o protagonista vacila entre actuar ou non cando ve ao seu tío
Claudio, asasino do seu pai, rezar e arrepentirse polo seus actos. Decide non matalo
nese momento de recollemento, esperando outro de “condena segura”. Polo tanto, antes
de que a execución da vinganza alcance a todos no final do acto V, a irresolución do
personaxe principal queda patente en todos os actos.
Por último,reseñar que ao final do fragmento o personaxe menciona a Ofelia,
verdadeira vítima da historia, pois tolea tras a morte do pai e remata os seus días
afogándose no río.
Pregunta 4
Primeiramente, dicir que este soliloquio pode estruturarse, narrativamente, en
tres partes:
1ª- Liña 1- 14. Manifestación da dúbida sobre a conveniencia de soportar o
sufrimento ou darlle fin. Exprésase esta no paradoxo“Ser ou non ser” (liña 1), na
interrogación retórica que a segue “ ¿Qué es mejor para el alma [...]”(liñas 2-5), o
asíndeto “Morir, dormir...” (liña 6), repetido máis adiante, o que indica unha obsesión
na idea. O sufrimento vital exprésase na metáfora “llagas del corazón” (liña 8).
2ª-Liña 15-27. Exposición do temor ao que hai despois da morte, metaforizada
esta en “un país por descubrir,de cuyos confines ningún viajero retorna” (liña 25), de aí
que o ser humano se deteña ante o suicidio. Este poría fin a unha vida de tormento,
manifestada na interrogación retórica que abrangue desde a liña 16 á 22). A repetición
da mesma estrutura sintáctica (substantivo e complemento do nome- “la injusticia del
tirano, la afrenta del soberbio...” é indicativo, unha vez máis, da fixación dopersonaxe
na idea que expresa.
3ª- Liña 27-36. Declaración de que o que nos impide actuar é o medo ás
consecuencias dos nosos actos (“ la conciencia, así, hace a todos covardes/ y, así, ela
ntural color de la resolución/se desvanece en tenues sombras del pensamiento”( l. 3033)

Resulta unha ironía tráxica que remate o monólogo cunha metaforización de
Ofelia en “ ¡Ninfa en tus plegarias,jamás olvides mis pecados!” (liñas 35-36),
personaxe que pon fin á súa vida, voando “hacia un mal desconocido” (liña 28),
metáfora do máis alá.
Frecuentes as esticomitias (correspondencia exacta entre as frases e os versos ),
como nas liñas 1-2, 16-17...
En segundo lugar, dicir que a lingua utilizada para a expresión do anterior é moi
lírica, observándose unha grande riqueza na manifestación...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Comentario sobre esgrima de Hamlet
  • Preguntas Sobre La Obra Hamlet
  • trabajo sobre hamlet
  • Ensayo Sobre La Obra Hamlet
  • Ensayo sobre "Hamlet"
  • Ensayo sobre hamlet
  • Ensayo Sobre Hamlet
  • Informe sobre: "Hamlet"

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS