Séculos escuros da lingua galega

Páginas: 2 (484 palabras) Publicado: 27 de febrero de 2012
O período medieval de decadencia ( XIV-XV)
Varios factores influíron esta progresiva decadencia, especialmente a progresiva centralización do reino de Castela e posterior consolidación doabsolutismo. Tamén o foi o establecemento dunha nobreza extranxeira e allea á cultura e lingua de Galicia, que substitúen a nobreza autóctona derrotada varias veces en loitas dinásticas da Coroa de Castela,primeiro na guerra entre Pedro I "O Cruel " contra Henrique II de Trastamara e, máis tarde, na guerra entre Xoana a Beltranexa e Isabel a Católica; a ausencia dunha burguesía forte, capaz de defenderos seus intereses, a disminución da poboación, a reforma eclesiástica e a perda da autonomía da Igrexa galega, etc.
Estes feitos, xunto coa crecente política centralista e intervencionista deCastela, afianzan unha progresiva corrente "desgaleguizadora", especialmente nas clases superiores da sociedade, impedindo a consolidación do galego como lingua literaria e cultural. Este proceso veseagravado pola formación dos Estados modernos e a aparición do concepto de "Estado-nación", o que acarrexa unha uniformización lingüística; "siempre la lengua fue compañera del imperio" tal como expresaNebrija na súa gramática do español.

Séculos escuros (XVI-XVIII)
O galego estivo practicamente ausente dos usos escritos, fronte o castelán e o portugués, que durante este tempo comezan un procesode codificación e fixación gramatical e ortográfica que lles dá unha categoría de linguas culturais. Ademais, o seu uso exténdese por toda a poboación dos estados de España e Portugal, respectivamente.En contraste, o uso exclusivamente oral da lingua galega levou a unha progresiva dialectalización e fragmentación desta, imposibilitando o seu uso literario e científico.
Aparecen as primeirasgramáticas do español, o portugués ou o italiano, mentres que no galego cómpre esperar ata a segunda metade do século XIX.O galego vaise cargando así de connotación negativas.
No século XVIII o cambio...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • LOs seculos oscuros da literatura en galego
  • Evolución da lingua galega
  • Os Seculos Escuros
  • Lingua Galega
  • Cristalización do modelo de lingua, estilo e terminoloxía galega da localización
  • Séculos escuros e Rexurdimento
  • Os Seculos Escuros En Galiza
  • Ortografía E Lingua Galega

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS