Talidomida - artigo divulgativo

Páginas: 8 (1928 palabras) Publicado: 14 de enero de 2012
TALIDOMIDA

Lara Serén Raposo
Iván Estévez Sabucedo
Galego II
Universidade de Vigo

A finais da década dos 50, en Europa, Australia, Xapón e varios países africanos, a talidomida provocou máis de 10.000 casos de defectos conxénitos en fillos de nais que a consumiron durante o embarazo. En 1961, é retirada do mercado. Catro décadas despois, se reivindica a súa prescrición no manexo deenfermidades de prognóstico desfavorable. As súas propiedades antianxioxénicas e inmunorreguladoras fana diferente ó fármaco dos anos 50 en gran medida. A pesar de conter as mesmas propiedades farmacolóxicas e riscos teratoxénicos, a molécula talidomida ten outras indicacións, doses, campos de aplicación e condicións legais de uso.
In Europe, Australia, Japan, and some African countries in the late50's, Thalidomide caused more than 10.000 cases of congenital defects in children whose mothers consumed it during pregnancy. In 1961, it was withdrawn from market. Forty years later, it is used for the management diseases with unfavorable prognosis. Its antiangiogenic and immunoregulatory characteristics distinguish it from the drug of 1950. Although containing the same pharmacological featuresand teratogenic risks, the molecule thalidomide does have other prescriptions, doses, application fields, and lawful conditions of use. 

Palabras chave: talidomida; focomelia; malformacións conxénitas; producidas por medicamentos; farmacéuticas.

A talidomida é un fármaco que foi comercializado entre os anos 1958 e 1963 como sedante e calmante das náuseas ó longo dos tres primeiros meses deembarazo (hiperémese gravídica).
Como sedante tivo un gran éxito popular xa que non causaba ningún efecto secundario e en caso da inxestión masiva non era letal. Este medicamento, producido por Chemic Grünenthal, de Alemaña, provocou milleiros de nacementos de bebés afectados de focomelia, anomalía conxénita caracterizada pola carencia ou excesiva curtidade das extremidades.
A talidomida afectabaós fetos de dúas maneiras: ben que a nai tomara o medicamento directamente como sedante ou calmante das náuseas ou ben que o pai o tomara, xa que a talidomida afecta ó esperma e transmite os efectos nocivos no momento da concepción.
Investigando descubriuse que había dúas talidomidas distintas, aínda que de igual fórmula molecular, nas cales cambiaba a disposición dos grupos nun carbono, que ataentón non se tiña en conta. Están pois (segundo a nomenclatura actual) a forma R (que producía o efecto sedante que se buscaba) e a S (que producía efectos teratoxénicos). Esta revelación fixo que a partir dese momento se tivese en consideración a esteroisomería en moléculas, utilizando o sistema R/S actual.
A talidomida foi comercializada baixo estes nomes (entre outros): Imidan, Varian,Contergan, Gluto Naftil, Softenon, Noctosediv, Entero-sediv, Entero-Sediv-Suspenso…
No noso país tamén foi regalada polos médicos, como unha mostra farmacéutica para paliar ditos síntomas.
A finais da década dos 50 se receitaba en moitos países do mundo (entre eles España) como remedio para os efectos do embarazo. Cando se comprobaron os efectos teratoxénicos (que provoca malformacións conxénitas), domedicamento, este foi retirado con máis ou menos présa nos países onde fora comercializado baixo diferentes nomes. Prohibiuse cara 1961. Porén en España se retirou “oficialmente” en 1963, cando as autoridades sanitarias dan a voz de alarma. Pero que a ninguén estrañe que puidera estar 3 ou 4 anos máis distribuíndose, dado que as farmacias tiñan provisións de medicamentos e non existían ninteléfonos para comunicar estas ordes tallantes da sanidade.
Vendeuse en 50 países con 80 nomes comerciais e produciu máis de 20.000 bebés mutilados.
En España foron 7 medicamentos os que contiñan este principio activo. A día de hoxe aínda se está por establecer cantas foron as vítimas neste país (pénsase que poden achegarse ás 3.000).
Actualmente segue usándose en case tódolos países do planeta...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Talidomida
  • Talidomida
  • TALIDOMIDA
  • talidomida
  • Talidomida
  • TALIDOMIDA
  • Talidomida
  • Talidomida

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS