Tect Nica De Placas
Tema 2: TECTÓNICA DE PLACAS.
1. O NACEMENTO DAS CIENCIAS XEOLÓXICAS.
Neptunismo
: é unha teoría errónea sobre a orixe das rochas, cuxo representante foi Abraham G. Werner.
Para os partidarios desta teoría, todas as rochas da codia terrestre, incluídas as da orixe volcánica, se formaran nun proceso de sedimentación e cristalización nos mares primitivos.
Catastrofismo
: proposta por Georges Cuvier, explicaba a formación dos fósiles e a forma actual do noso planeta pola
acción de sucesivas catástrofes, súbitas e violentas, como o diluvio universal.
Plutonismo:
proposta por James Hutton, esta teoría explicaba a consolidación dos sedimentos e a orixe das rochas volcánicas e plutónicas por arrefriamento do magma procedente do interior da Terra.
Uniformismo ou actualismo:
tamén proposta por Hutton e máis tarde desenvolvida por Charles Lyell. O seu principio
é que as forzas naturais actuaron no pasado de xeito uniforme e son iguais que as que operan na actualidade.
Formuláronse as teorías dos
fixistas
ou
verticalistas
, que só aceptan movementos na vertical da codia terrestre, e as
teorías
mobilistas
ou
horizontalistas, baseadas nos movementos horizontais de bloques da codia. Entre estas
destacan a
teoría da tectónica de placas
, que é a teoría xeolóxica máis avanzada, e supuxo para a xeoloxía un
cambio revolucionario.
Desenvolvemento da teoría da tectónica de placas.
A teoría da tectónica de placas proporciona unha explicación conxunta dos grandes fenómenos xeolóxicos. Ten os seus antecedentes na hipótese da deriva continental formulada por Wegener que concibía o movemento
horizontal dos continentes coma se fosen barcos nun mar que sería o manto. Non chegou a demostar o mecanismo
causante do movemento dos continentes, xa que propuxo que estaba causado por unha forza resultante da forza
centrífuga e da gravidade, que afastaba os continentes dos polos, á que chamou foza polófuga. Máis tarde, Artur Holmes propuxo un modelo teórico, sen datos experimentais que o apoiasen: a existecia de
correntes de convección
no manto como causa do movemento dos continentes e da continua formación da codia
oceánica.
Despois da guerra, Harry Hess formulou a hipótese da expansión do fondo dos océanos. O fondo dos océanos créase
nas dorsais, desprázase e destrúese nas zonas de subdución. A hipótese de Harry Hess confirmouse co descubrimento da distribución en bandas das anomalías magnéticas a
ambas beiras das dorsais, e tamén cos datos submistrados por certos proxectos sobre a idade dos basaltos e dos
sedimentos do fondo oceánico.
●
●
●
●
●
●
●
●
●
●
Contexto histórico
Rousseau:
publicación da Enciclopedia.
Werner:
defensor do neptunismo.
James Hutton: partidario do plutonismo. Propuxo a teoría do uniformismo ou actualismo.
Georges Cuvier:
defensor da teoría do catastrofismo.
Charles Lyell:
desenvolveu a teoría do uniformismo ou actualismo.
Wegener:
propuxo a teoría da deriva continental.
Artur Holmes:
propuxo a existencia das correntes de convección do manto.
Harry Hess e Robert Dietz: propuxeron a hipótese da expansión dos fondos oceánicos.
F.
Vine e D. Matthews:
confirmaron a expansión dos fondos oceánicos mediante os estudos de paleomagnetismo.
Jason Morgan, Kenzie, R.
Parker e X. Le Pichon:
deron xeito definitivo á teoría da tectónica de placas.
(fotocopia: Os modelos para interpretar o interior da xeosfera).
3. TECTÓNICA DE PLACAS: A SUPERFICIE CAMBIANTE. A teoría da tectónica de placas considera que os minerais rochosos da codia e da parte superior do manto constitúen
unha unidade única e quebradiza, que recibe o nome de litosfera.
A litosfera seatopa fragmentada en anacos chamados placas litosféricas, que encaixan entre si como un inmenso
quebracabezas. Cada placa pode estar formada unicamente por litosfera oceánica ou ser mixta, onde hai parte de ...
Regístrate para leer el documento completo.