TEMA 1

Páginas: 5 (1027 palabras) Publicado: 3 de noviembre de 2015
TEMA 1.- TIPOS DE UNIDADES MORFOESTRUTURAIS
a) Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das Illas (da era arcaica ao glaciarismo cuaternario)
b) Tipos de unidades: zócolos, macizos antigos, cordilleiras de pregamento, cuncas sedimentarias.
FORMACIÓN E EVOLUCIÓN XEOMORFOLÓXICA DA PENÍNSULA IBÉRICA E DAS ILLAS
O relevo actual da Península é o resultado dunha historiaxeolóxica de millóns de anos na que se alternaron fases oroxénicas con outras de calma, nas que predominou a erosión e a sedimentación.
1) Durante a era arcaica ou Precámbrico (4.000‐600 millóns de anos) emerxeu do mar unha banda arqueada de noroeste a sueste, formada por lousas e gneis, que comprendía case toda a actual Galicia. Tamén xurdiron elevacións nalgúns puntos 4 illados do Sistema Central edos Montes de Toledo. Este macizo precámbrico foi arrasado posteriormente pola erosión e cuberto case na súa totalidade polos mares paleozoicos.
2) Na era primaria ou Paleozoico (600‐225 millóns de anos) tivo lugar a oroxénese herciniana. Dos mares que cubrían a maior parte da Península xurdiron as cordilleiras hercinianas, formadas por materiais como o granito, lousa e cuarcita. Ao oesteelevouse o Macizo Hespérico, arrasado pola erosión durante a mesma era primaria e convertido en zócalo ou meseta inclinada cara ó Mediterráneo. Ó noreste apareceron os macizos de Aquitania, Catalano‐Balear e do Ebro, e ó sueste, o Macizo Bético‐ Rifeño. Todos eles foron tamén arrasados pola erosión e durante a era primaria convertidos en zócolos.
3) A era secundaria ou Mesozoico (225‐68 millóns deanos) foi un período de calma no que predominaron a erosión e a sedimentación. Continuou o aplanamento das cordilleiras hercinianas. A inclinación do zócolo da Meseta cara ó Mediterráneo permitiu, nos períodos de transgresión mariña, unha fonda penetración do mar, que depositou no seu bordo oriental unha cobertoira non moi potente de materiais sedimentarios plásticos (calcaria, arenito, marga).Tamén se depositaron enormes espesuras de sedimentos en fosas mariñas situadas nas actuais zonas pirenaica e bética.
4) Durante a era terciaria (68‐1,7 millóns de anos) produciuse a oroxénese alpina. Como resultado desta: ‐ Levantáronse as cordilleiras alpinas, ó pregarse os materiais depositados nas fosas pirenaica e bética entre os macizos antigos, que actuaron como topes. Xurdiron os Pireneosentre os macizos de Aquitania, Hespérico e do Ebro (que acabou afundíndose), e as cordilleiras Béticas, entre os macizos Bético‐Rifeño e o Hespérico. ‐ Formáronse as depresións prealpinas paralelamente ás novas cordilleiras, e entre estas e o macizo antigo: a depresión do Ebro, paralela ós Pireneos, e a do Guadalquivir, paralela ás Béticas. ‐ A Meseta viuse afectada pola oroxénese alpina. En primeirolugar pasou a inclinarse cara ó Atlántico, determinando a orientación cara a este océano de boa parte dos ríos peninsulares.
En segundo lugar formáronse os bordos montañosos da Meseta. No seu bordo oriental pregáronse os materiais plásticos depositados polo mar na era secundaria, orixinando a parte oriental da cordilleira Cantábrica e o Sistema Ibérico. No bordo sur da Meseta, o empuxe dascordilleiras Béticas levantou Serra Morena. Por último, o zócolo da Meseta, formado por materiais paleozoicos ríxidos, experimentou fracturas e fallas. Os bloques levantados formaron o Macizo Galaico e as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo). Nesta era tamén se orixinou o conxunto de natureza volcánica das Illas Canarias.
5) Durante a era cuaternaria (1,7 millóns de anosata a actualidade) producíronse o glaciarismo e a formación de terrazas fluviais. ‐ O glaciarismo afectou ás cordilleiras máis altas (Pireneos, cordilleira Cantábrica, Sistema Central, Sistema Ibérico e Serra Nevada), dando lugar a glaciares de circo e de 5 val. Os glaciares de circo nas cabeceira dos vales e os glaciares de val no val dándolle a forma de “U”.
‐ A época glaciar caracterizouse...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Tema 1
  • TEMA 1
  • Tema 1
  • tema 1
  • Tema 1
  • Tema 1
  • Tema 1
  • TEMA 1

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS