Tema 10 As Forzas

Páginas: 6 (1381 palabras) Publicado: 26 de agosto de 2015
Tema 10 As Forzas

AS FORZAS

1.1 Qué son as forzas?
As forzas son as que causan cambios de velocidade e de dirección dos obxectos, e cambios na sua forma.

1.2 Representación das forzas
Para expresar as carecterísticas dunha forza indicamos:
- O seu valor (MÓDULO)
- A sua dirección, que é a da traxectoria do obxecto sobre o que actua
- O seu sentido, se actua para a dereita ou esquerda, paraarriba ou para abaixo
- O seu punto de aplicación
Para representalas utilizamos frechas indicando todas as características

1.3 Deformacións en obxectos elásticos
Nun obxecto elástico segun a forza que apliquemos alongarase ou contraerase, sendo a lonxitude de deformación mais grande canto máis grande sexa a forza
Lei de Hooke:
As forzas son directamente proporcionais ás deformacións: F=k·x
onde k éa constante de elasticidade e dependerá do material co que está feito o resorte.
A unidade na que se medirá k é N/m

1.4 Medida das forzas:o dinamómetro
Consta basicamente dun resorte cun extremo fixo e outro libre ao que se lle poden aplicar forzas, vai unido a un índice que percorre unha escala graduada situada xunto ao resorte.

1.5 Suma de forzas
Non se suman as forzas igual que se suman oskilos ou tempos, etc. As sumas de forzas dependen de todas as características das forzas que pretendemos sumar, polo tanto habrá que representalas graficamente. Hai tres tipos de sumas:
- Forzas paralelas e do mesmo sentido: a sua dirección e sentido son os iguais. A forza resultante R, é igual a suma de ambas. R=F1+F2
- Forzas paralelas e de sentido oposto: a dirección é a mesma pero o sentido éo contrario. A forma resultante será a resta de ambas R=F1-F2. A dirección de R será a mesma que F1 e F2, pero o sentido será o da maior.
- Forzas perpendiculares: A forza resultante será a de aplicar o Teorema de Pitagoras, onde R será a hipotenusa e F1 e F2 os catetos. Entón R= F12+F22


MASA E PESO. ATRACCIÓN GRAVITATORIA

2.1 Atracción gravitatoria
É a atracción que experimentan dous corposcon masa entre eles. Tamén se chama forza de atracción entre masas.
Esta forza de atracción depende tanto da distancia que os separa como da masa de ambos. E dicir, un astronauta é atraido con mais forza pola Terra que pola Lua, xa que a masa da Terra é maior.
Lei de Newton da atracción gravitatoria: a forza con que se atraen dous corpos é maior canto máis grandes sean as masas e canto menor sea adistancia que os separa

2.2 O peso dos corpos
O peso é a forza mais coñecida que nos afecta a todos. O peso dos corpos é a forza coa que a Terra os atrae.
O peso p dunha masa m é igual ao producto desta masa por unha magnitude chamada gravidade g, que na Terra ten un valor de 9,8 m/s²:
p=m·g
A masa mídese en Kg, o peso en newtons (N). A masa é a cantidade invariable de materia que ten.
A masa duncorpo non varía na Terra ou na Lua, o peso sí, porque a gravidade é diferente.

FORZAS NA VIDA COTIÁ. EQUILIBRIO

3.1 Forza motriz
Fm --> É a que fai que un obxecto se mova (motriz asemella motora)

3.2 Forza de rozamento
Froz --> É a forza que se debe ao contacto entre superficies incuido o aire. Esta forza sempre ten a direccion do movemento e o sentido oposto

3.3 Forza normal
N --> É a forzaque exercen as superficies horizontais sobre os obxectos para evitar que caian. E sempre perpendicular á superficie,isto é, vertical e cara a arriba. O valor desta forza é sempre igual ao peso do obxecto situado sobre a superficie. A forza resultante entre o peso e a normal sempre é 0

3.4 Tensión
T--> Forza a que está sometido un obxecto suxeito por medio de cables ou cordas en suspensión. Porexemplo: un ascensor

3.5 Equilibro de Forzas
Un corpo está en equilibrio ben cando non se move (en repouso) ou cando se move a velocidade constante.
Nos casos en que un obxecto está en equilibrio cumprese que a suma das forzas que actuan sobre él da como resultado 0
Casos:
- Caixa en repouso sobre unha mesa: As forzas que actuan son a Normal (N) e o peso (p) que teñen o mesmo valor, paralelas e de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Tema 10
  • tema 10
  • tema 10
  • TEMA 10
  • TEMA 10
  • TEMA 10
  • tema 10
  • TEMA 10

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS