Tipoloxía da pobreza no Antigo Réxime

Páginas: 9 (2017 palabras) Publicado: 9 de mayo de 2013
2. Tipoloxía da pobreza

No Antigo Réxime, as diferenzas entre a verdadeira pobreza e a precariedade ou miseria son ambiguas e laxas. A maioría da poboación, tanto rural como urbana, está constantemente exposta á pobreza ou indixencia por diferentes causas (falta de traballo, crise de subsistencias, depresións económicas, dificultades propias...). A agricultura, o sector económico que agrupa ámeirande parte da poboación no Antigo Réxime, causa periodicas crises de subsistencias por mor da ineficacia da explotación e distribución, e dos fenómenos climáticos, sumindo á poboación na fame e no desemprego. Os cambios climáticos convertían aos pequenos propietarios e xornaleiros en pobres, mendigos e vagabundos. Estas periodicas crises agrícolas provocaban o éxodo de grandes masasempobrecidas do campo á cidade, á procura do sustento e amparo desta.

Isto no rural, pero na cidade a situación non era mellor. Así, un artesán ou traballador podía perder os seus medios de subsistencia por problemas de saúde, familiares ou coxunturais. A morte do cabeza de familia, como fonte de sustento, era dramática para a familia, que a duras penas combatía a pobreza cos soldos dos fillos, se é queestes tiñan emprego. En fin, a cidade era lugar de producción artesanal e de asilo para os pobres. A estes sectores susceptibles de caer ocasionalmente na pobreza debemos engadir a gran variedade de marxinados sociais existente: vagabundos, prostitutas, delincuentes, etc., na fronteira da sociedade e vítimas das debilidades estructurais e contradiccións económicas desta.

Existe, por tanto,unha pobreza estática ou fixa (enfermos, anciáns, viuvas) e outra movil ou coxuntural, formada por aqueles que emigran á procura de traballo ou axuda. A pobreza movil ou ocasional podía ser real ou derivada da inseguridade de caer na mesma (sectores pauperizabeis) e a permanente subdividíase en integrada na sociedade ou marxinada. O sector integrado insertase na estructura social e é amparado polalei e as estructuras sociais e caritativas. Na mentres, o marxinado está desarraigado, desasistido e, incluso, perseguido. Aí radica a diferenza entre a pobreza e a marxinalidade, na necesidade duns e na ociosidade ou delincuencia dos outros.

2.1. Pobres de solemnidade

Dentro da pobreza, atopamos en primeiro lugar aos pobres de solemnidade, que son recoñecidos como tal, co cal tamén se llerecoñece o dereito á asistencia benéfica e á exención de impostos. Os seus integrantes son as viuvas, anciáns e enfermos.

As viuvas, sen ingresos e con fillos ao cargo, vense case sempre sumidas na indixencia e a miseria, supoñendo unha porcentaxe alta neste grupo de pobres. Así, segundo o Catastro de Ensenada, a mediados do século XVIII supoñían un 13 % do vecindario. En Valladolid, o 87 % dosveciños eran mulleres e delas, o 79 % eran viuvas, sendo este un caso particularmente acusado. A morte ou ausencia temporal do cabeza de familia sumía a esta nunha repentina e imprevista miseria, demostrando a debilidade da muller na familia tradicional. A solución ao problema non era sinxela. Algunhas eran quen de conseguir axuda nas institucións asistenciais e caritativas, deixando nelas a algúnfillo, incluso. Outras, sen medios económicos para subsistir, vense abocadas á mendicidade e á demanda de caridade persoal, chegando incluso a infrinxir a lei (roubos, prostitución, delincuencia en xeral...

En canto aos nenos orfos e abandonados, a súa situación aínda era máis precaria. No caso madrileño, a mediados do século XVIII, os nenos abandonados oscilaban entre un 12 e un 25 % dosnacidos, en función do ano. A magnitude destas porcentaxes resulta alarmante na medida en que a mortalidade destes espositos era moi alta e a dificultade de integración dos supervivintes era grande.

Os anciáns, imposibilitados para o traballo, ocupaban ou tentaban ocupar un lugar permanente nos centros asistenciais (hospitais, asilos e socorros domiciliarios). Se non recibían o auxilio das...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • O Antigo Réxime
  • Antigo Réximen
  • O antigo réxime (gallego)
  • españa do antigo rexime
  • O Rexime Antigo Tema 1 Sociais
  • O Antigo Réxime
  • Por que se da la pobreza
  • A Crise Do Ántigo Réxime

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS