Traballo De Galego De Dar O Xohan Cabana Por Dar O Jalda E Carlos Riob

Páginas: 5 (1101 palabras) Publicado: 3 de junio de 2015


Índice:

Biografía.
Libro do autor: (Fortunato de Trasmundi).
Nº da revista “NÓS”.
Bibliografía.

Biografía:

Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás, na Terra Chá, o 19 de abril de 1952 (62 anos), é un escritor galego.
Traxectoria:
Desde o 22 de abril de 2006 é académico da Real Academia Galega. O seu discurso de ingreso De Manuel María a Ferrín: a grande xeración, foi respondido por XoséLuís Méndez Ferrín.
Estudou el bacharelato en Lugo. O seu maestro e guía no el aprendizaxe poético foi Manuel María, que por aqueles anos recibíano a cotío na súa casa de Monforte de Lemos. Despois dunha tempada de andar ambulante por toda Galicia vendendo libros galegos, a finais de 1970, Darío Xohán empezou a traballar en Vigo nas Edicións Castrelos con Xosé María Álvarez Blázquez, escritor eerudito, con quen pasou cinco anos. Despois regresou a Lugo, onde se dedicou á venta de libros antes de ser liberado pola Central sindical nacionalista. En 1983 trasladouse a Corcubión, despois de gañar unhas oposicións a garda municipal. En 1987 entrou, tamén por oposición, como funcionario do axuntamento de Lugo, onde actualmente segue traballando na Consellería de Cultura e Turismo, na que dende haiuns meses dedicase á elaboración de publicacións turísticas. Dende hai moitos anos publica todos os días un crucigrama en galego en La Voz de Galicia.
Obras realizadas:
En 1970 publicou o seu primeiro libro de poemas e no ano 2003, toda a súa poesía foi publicada nun só volume por Edicións Xerais de Galicia, baixo o título de Vinte Cadernos. A finais dos 80 empezou a publicar tamén narrativa,tanto novelas como libros de relatos, tanto para o público en xeral, como editados en coleccións infantís e xuvenís. A súa novela Galván en Saor é un dos libros máis vendidos en toda la historia da literatura galega.
Outros datos de interese:
Tamén é tradutor, especialmente de poesía. As súas traducións de clásicos italianos como Petrarca ou Dante son xeralmente apreciadas. En 1991 foille outorgada aMedalla de Ouro da cidade de Florencia pola súa versión da Divina Comedia. Ademais de esta distinción, recibiu diversos premios de tradución, poesía e narrativa, como por exemplo o Ramón Cabanillas, o Cidade de Lugo de Narrativa, o Cidade de Ourense, o Martín Códax de poesía e o Xerais de Novela.



Libro do autor: (Fortunato de Trasmundi)

Fortunato de Trasmundi é unha novela escrita por DaríoXohan Cabana publicada en 1990 en Edición Xerais.
Resumo:
Trasmundi está habitado por uns seres de mediana estatura comparados cos humanos e de orellas afiadas coma os trasnos, o país permanece oculto polos feitizos dos seus habitantes.
Fortunato é un habitante do país fantástico de Trasmundi situado ó leste de Lugo, pero el non é un máis senón que é o fillo do Rei de Trasmundi (elixidodemocraticamente).
Este lugar está formado por sete parroquias entre a cales dende hai sete anos, vense celebrando un campionato de fútbol, campionato que sempre gañan Cuspedriños de Baixo o equipo formado por mulleres e capitaneado por Hermelinda.
Fortunato e o seu equipo, Cuspedriños de Riba sempre quedan en segundo lugar e como capitán, decide saír a fóra, ao mundo exterior, para fichar novos xogadores detodas as partes de Galicia e así poder gañar o campionato posto que está perdidamente namorado de Hermelinda pero non quere declararse mentres siga derrotado deportivamente.
E acompañado de Crisóstomo Bocadouro emprende a súa viaxe coñecendo lugares como: Lugo, Compostela, Vigo, Tui, Monçao, Allariz e Ourense. Alí coñecen personaxes tanto reais coma de ficción (Ramón Lamote) Coñecen o noso mundo,o mundo humano en escenas da vida cotiá coma montar en autobús e mesmo participando nunha manifestación o primeiro de maio. Mantendo sempre a súa identidade real oculta.
Finalmente, Fortunato logra volver con varias fichaxes para o equipo pero leva unha gran sorpresa cando recibe a noticia de que o campionato de fútbol queda suspendido e que de agora en diante, celebrarase un campionato de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • dara
  • daRES
  • Dares
  • Dare
  • Dara
  • daren
  • Dare
  • Daros

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS