Traballo Sobre a Praia Dos Afogados

Páginas: 19 (4698 palabras) Publicado: 22 de abril de 2011
ÍNDICE

- Páxina 1: portada
- Páxina 2: índice
- Páxina 3: biografía do autor
- Páxina 4: tema e asunto
- Páxinas 5-7: argumento
- Páxina 8: estrutura
- Páxinas 9-10: narrador
- Páxina 11-13: espazos
- Páxina 14: tempo
- Páxinas 15-17: personaxes
- Páxinas 18-21: final alternativo
- Páxinas 22-23: valoración crítica

Biografía do autor:
Domingo Villar nace en Galicia, pero prontoemigra a Madrid, ten exercido como guionista de cine e televisión.
Dende neno, sofre unha forte ligazón co mundo do viño, fai xa uns anos que é crítico gastronómico nunha emisora nacional e colaborador habitual en diversas publicacións escritas,

Acadou coa súa primeira novela “Ollos de auga”, o primeiro premio Sintagma, o premio Brigada 21 e o premio Frei Martín Sarmiento, e foifinalista en dúas categorías dos Crime Thriller Awards, no Reino Unido.

Ata a fecha foi traducida a seis idiomas distintos.


(O autor da novela, Domingo Villar)

Tema e asunto:

O tema principal da obra é a investigación sobre o asasinato de Xusto Castelo, que xa ben entrada a obra, bifúrcase en dúas investigacións, a do asasinato de Casteloen Panxón no 2002 e na desaparición de Rebeca Neira oito anos atrás, o 20 de decembro do 96 en Aguiño, as cales teñen unha relación de simbiose, polo que están estreitamente relacionadas.

Outro tema presente na obra é a relación que Leo Caldas mantén co seu pai así como a evolución da enfermidade do seu tío Alberte, e a creación do libro de idiotas, no cal o pai de Caldas anotaos nomes das persoas cuxa personalidade non pode aguantar.

Tamén é digno de mención , o aborrecemento que Caldas sinte polo seu traballo no emisora de radio Onda Vigo, co programa “ Patrulla nas ondas”, o produtor do cal , o inspector non soporta chamase Santiago Losada.

A relación, ou máis ben o sentimento de nostalxia que Caldas sente por unha antiga moza chamadaAlba tamén aparece nomeada en varias partes da novela.

Argumento:

O inspector Leo Caldas, atópase visitando o seu enfermo tío nun Hospital vigués xunto o seu pai, co cal marcha a durmir a súa casa, situada á beira do río Miño, onde posúe unha adega e uns terreos adicados ó viño.

O día seguinte, recibe a chamada do seu axudante, RafaelEstévez, poñendo no seu coñecemento a noticia de que o cadáver dun mariñeiro aparecera nunha praia de Panxón.
Caldas marcha cara Vigo para coñecer os datos relacionados co caso, así como o estado do cadáver , votarlle unha ollada as súas pertenzas e falar coa súa familia.

O día seguinte ás sete da mañá vai a Panxón para coñecer o porto e os outros mariñeiros, compañeiros detraballo do cadáver, o cal chamábase Xusto Castelo, máis coñecido como “Rubio”. O principio parecía que tratábase dun suicidio, posto que Castelo aparecera coas mans atadas cunha brida verde, pero despois de falar co forense, Caldas chegou a unha conclusión contraria. Primeiro, visitou o porto de Panxón onde coñeceu datos sobre o morto aportados por mariñeiros e persoas da vila que o coñecían e quetíñano visto horas antes da súa desaparición.

Contáronlle que oito anos atrás, o vinte de decembro do ano 1996, o Rubio naufragara cun pesqueiro chamado “O Xurelo” no cal o seu capitán , o capitán Sousa, morrera, e os outros dous tripulantes Xosé Arias e Marcos Valverde sobreviviran, pero fai anos que non mantiñan relación algunha.
Caldas foi falar tanto con Arias, mariñeirode gran tamaño que vivira en Escocia unha temporada despois do naufraxio, e con Valverde, o cal xa non dedicábase ao mar, senón a construción, e debido ás aparencias das súas posesións parecía que non lle fora demasiado mal.

Caldas soubo entón que o barco de Castelo aparecera na parte oposta de Monteferro a que aparecera o cadáver, nunha zona na que o mar non podería mover o barco...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Prai dos Afogados
  • A praia dos afogados
  • A Praia Dos Afogados
  • A praia dos afogados
  • A Praia Dos Afogados
  • A praia dos afogados
  • A praia dos afogados
  • A praia dos afogados

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS