Una subvencion

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 62 (15276 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 1 de febrero de 2012
Leer documento completo
Vista previa del texto
DOG Núm. 112

Luns, 13 de xuño de 2011

Páx. 14435

III. Outras dIspOsIcIóns axencIa GaleGa de desenvOlvementO rural
RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2011 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia aconvocatoria para o período 2011-2012. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) foi creada como instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia no fomento e a coordinación do territorio rural galego para mellorar as condicións de vida e contribuír a frear o seu despoboamento (disposición adicional 6.ª da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario eadministrativo, modificada pola Lei 12/2008, do 3 de decembro, pola que se modifica a Lei 7/1996 e a Lei 5/2000 e mais pola Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas). No marco das súas funcións, desenvolvidas no Decreto 79/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o seu regulamento, correspóndelle a Agader a xestión dos recursos destinados á dinamización das áreas rurais deGalicia. O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013 (PDR), aprobado pola Comisión Europea mediante a Decisión CE(2008) 703, do 15 de febreiro, e modificado por Decisión C(2010) 1227, do 5 de marzo de 2010, prevé no eixe 3 diversas medidas dirixidas á mellora da calidade de vida nas zonas rurais e á diversificación da economía rural, cuxa
CVE-DOG: c7a64dd4-65bc-4db2-8c98-deedf8ef9d55xestión corresponde a Agader. Esas medidas están financiadas, igual que as restantes que integran o PDR, polo Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader), xunto con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia e da Administración xeral do Estado. Dado que a promoción do desenvolvemento rural galego debe abordarse desde unha perspectiva integral, prevese, dando continuidade á liña deapoio aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia prevista no período 2008-2009 (Resolución do 18 de xuño de 2008. DOG n.º 127, do 2 de xullo de 2008) e 2010 (Resolución do 15 de decembro de 2009. DOG n.º 250, do 24 de decembro de 2009), o apoio a actuacións de diferente natureza, que Agader vai materializar a través da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva. Assubvencións centraranse nas seguintes medidas: 3.1.3. Fomento de actividades turísticas.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

DOG Núm. 112

Luns, 13 de xuño de 2011

Páx. 14436

3.2.1. Servizos básicos para a economía e a poboación rural. 3.2.3. Conservación e mellora do patrimonio rural. No contexto do «chequeo médico» da PAC e doPlan Europeo de Recuperación Económica (PERE), foi modificado o Regulamento (CE) n.º 1698/2005, polos regulamentos (CE) n.º 74/2009 e n.º 473/2009, que introducen unha serie de operacións específicas asociadas aos novos retos no artigo 16 bis. Para este tipo de operacións, modificouse o artigo 70.4 do citado regulamento, que permite que a porcentaxe de cofinanciamento Feader poida incrementarse paraas rexións de obxectivo Converxencia ata o 90%. A modificación do Programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobada por Decisión C(2010), do 5 de marzo, da Comisión, inclúe como un dos novos retos o fomento das enerxías renovables, que se implementará a través da medida 321 do PDR. Dada a exixencia da Comisión de establecer unha demarcación clara coas actuacións financiadas na comunidadeautónoma mediante fondos Feder/Feader, Agader asinou un convenio de colaboración co Instituto Enerxético de Galicia (Inega) no que se concretan as actuacións que financiará cada unha das partes. As operacións das medidas 313 e 321 que poidan afectar a competencia están amparadas no Regulamento (CE) n.º 1998/2006 da Comisión, do15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE...
tracking img