A Guerra de Afganist n

Páginas: 7 (1696 palabras) Publicado: 19 de abril de 2015
ÍNDICE


1. A guerra de Afganistán (1979 – 1989)
2. Bandos
3. Antes da guerra
Contexto
Antecedentes
4. Inicios da guerra
Principios do conflito
Primeiros movementos
Invasión soviética
5. Os muyahidines
6. Axudas estranxeiras
Aos muyahidines
Ás forzas da URSS
7. Fases principais da guerra
A) De decembro de 1979 a principios de 1980
B) De 1980 a 1987
C) De 1985 a 1987
D) De 1987 a 1989
8.A guerra sen a Unión Soviética
9. Consecuencias
10. Bibliografía

1. A Guerra de Afganistán (1979 – 1989)

A Guerra de Afganistán (tamén coñecida como guerra ruso-afgana) foi un conflito bélico de aproximadamente dez anos, no que participaron potencias como a Unión Soviética e Estados Unidos, estando considerada como parte da Guerra Fría. Iniciouse con ela un extenso conflito de guerra civil nopaís que perdura ata o día de hoxe.


2. Bandos

Por una parte están as Forzas Invasoras, formadas polo Exército Vermello (URSS) e o exército afgano pro-soviético.
Pola outra están as Forzas Rebeldes, formadas por alianzas de etnias comúns (muyahidines) apoiadas por EE.UU, Pakistán, China, Irán e Arabia Saudita.

Entre as causas que se poderán ver no transcurso da historia (máis abaixo), destacaa expulsión do rei Zahir Shah en 1973, da cal deriva unha sucesión de feitos que axudan a dar pe ao conflito.


3. Antes da guerra

Contexto

En canto ao contexto histórico, hai que ter en conta varios puntos. Un deles é a rivalidade creada pola Guerra Fría entre os bloques occidental-capitalista (liderado por EE.UU) e oriental-comunista (liderado pola URSS). Outro, en canto ao país, o feito dehaberse visto sempre ameazado por diversas forzas, sendo un centro de rivalidade entre potencias. E, moi importante, a inestabilidade política que Afganistán vivía naquel tempo.

Antecedentes

A principios dos anos 60, Afganistán vivía unha forte escaseza de auga e alimentos e a súa situación política estaba moi revolta, o que levou ao derrocamento do rei Zahir Sha, sendo sustituido por MohammadDaud Kha, quen impuxo unha república como forma de goberno.


4. Inicios da guerra

Principio do conflito

En 1978, ten lugar a Revolución de Saur (Revolución de Abril) na que o Partido Democrático Popular de Afganistán (PDPA, partido de esquerdas, marxista), contando co apoio soviético, faise co poder derrocando a Daud, converténdoo nun estado socialista dirixido por Mohamed Taraki.
Tarakiinicia un programa de reformas sociais e económicas; inicia unha campaña de alfabetización, separa a relixión do estado, legaliza sindicatos, suprime débedas de campesiños, prohibe a compravenda de mulleres, promove a elección do uso do velo e os dereitos das mulleres, establece unha lei de salario mínimo… E, en decembro de 1978, firma coa URSS o “Tratado de Amistad, Buena Vecindad y Cooperaciónentre la Unión de Repúblicas Soviéticas y la República Democrática de Afganistán”.
Pero estas reformas non son ven acollidas polos sectores máis islamistas do país e comézanse a formar guerrillas, que derivaran nos muyahidines (rebeldes que loitan pola fe islámica).

Primeiros movementos

Despois de que o PDPA inicie estas reformas, Estados Unidos inicia a “Operación Ciclón” (favorable para o seuavance na Guerra Fría), na que suministra armas e apoio a estes rebeldes islámicos, que aproveitan os enfrontamentos internos do seu país para avanzar polo territorio. Fronte a esta sospeita, a RDA (República Democrática de Afganistán) solicita máis armamento e axuda á URSS, pero esta non responde. A extensión da guerrilla coincide coa división interna do PDPA, o que desemboca nun golpe de estadopolo primeiro ministro Amín, no que Taraki é derrocado.

Invasión soviética

Os informes que chegan dende Kabul e a situación que está vivindo o país fan que a URSS decida mandar o apoio que a RDA pedira coas sospeitas da axuda de EE.UU aos muyahidines.
Os asesores soviéticos enviados a Afganistán trazan un plan para afianzar a entrada dun continxente de 80.000 homes, 1.800 carros de combate e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Guerra De Afganist N
  • Guerra De Afganist N 2 1
  • Guerra Afganistan
  • guerra de afganistan
  • La Guerra De Afganist N
  • Guerra Afganistán
  • La guerra de afganistan
  • guerra de afganistan

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS