A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.

Páginas: 3 (586 palabras) Publicado: 31 de octubre de 2013
O sec. XX supón en Galicia o nacemento do agrarismo e do nacionalismo, a continuación da emigración e a aparición do movemento obreiro. O movemento agrario é desde 1907 o auténtico revulsivosocial da época. Destaca a Liga Agraria de Acción Gallega (1912), dirixida por Basilio Álvarez; fortemente perseguida, vai esmorecer cara a 1915, mais esta presión social en contra dos foros consegue alei de redención dos foros na Ditadura de Primo de Rivera en 1926.
En 1916 xorden na Coruña as Irmandades da Fala, que axiña se estenden por toda Galicia. O seu obxectivo máis inmediato é a defensa doidioma galego para recuperar a cultura. No 1918 decláranse nacionalistas, mais no 1922 escindiranse nunha liña política e outra cultural, arredor desta nacerá a revista Nós.
Na poesía a entrada dosec. XX non supuxo un cambio no panorama literario galego senón que continuaron as liñas iniciadas no Rexurdimento, con autores como Leiras Pulpeiro ou Lugrís Freire.
O primeiro que marcatimidamente o comezo de novos camiños é ANTONIO NORIEGA VARELA (1869-1947). Podemos consideralo o máis destacado representante dunha xeración de transición ou “antre dous séculos” (Méndez Ferrín): por unhaparte acepta o popularismo, o costumismo e o sentido cívico dos predecesores, pero por outra podemos ver nel certos influxos do modernismo e da literatura portuguesa. Escribiu unha soa obra ampliadadurante toda a súa vida: en 1904 o título é Montañesas; desde 1915, denominarase Do ermo. O cambio de título marca un cambio de tendencia na súa obra, con dúas etapas:
* poesía costumista (coma noXIX): descrición da vida rural, desde unha óptica conservadora que reacciona contra toda novidade e innovación porque desfigura a súa esencia enxebre. Tamén escribiu poesía cívica, relacionada coagrarismo e suprimida na última edición.
* poesía lírica da montaña (=montañesa). Poética franciscana: tenrura e amor pola paisaxe montañesa, polos compoñentes máis humildes desa paisaxe e non polos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A poesía das irmandades da fala. caracterísiticas, autores e obras representativas
  • A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.
  • Poesia das irmandades da fala
  • A Poesía Das Irmandades Da Fala
  • Irmandades Da Fala
  • A poesía das Irmandades
  • OBRAS Y AUTORES REPRESENTATIVOS DE LA ÉPICA
  • Grupo Nós, Irmandades da fala.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS