O pazo baleiro

Páginas: 16 (3994 palabras) Publicado: 7 de febrero de 2014
O pazo baleiro
Xabier P. Docampo
XERAIS

FICHA
Título:
Autor:
Ilustrador:
Editorial:
Colección:
Nº páxinas:
ISBN:

O pazo baleiro
Xabier P. Docampo
Xosé Cobas
Edicións Xerais de Galicia
Sopa de libros
160
84-8302-748-8

O

2

TÉCNICA

AUTOR

XABIER P. DOCAMPO naceu en Rábade
(Lugo) en 1946. A súa vocación de mestre,
traballo ó que leva consagrado dende hai
variosanos, levouno a preocuparse de crear
textos dirixidos ós seus propios alumnos, ó
tempo que a súa afección pola lectura o
empuxaba a ler literatura infantil e xuvenil.
Deste xeito comezou a publicar as súas creacións. Confesa a súa predilección polos
temas de misterio e de intriga. A súa experiencia no cine e na televisión quizais teñan influído na súa habelencia para situar o lector noescenario da historia e facelo partícipe da intriga.

O

ILUSTRADOR

XOSÉ COBAS naceu en Logrosa, Negreira (A Coruña) en 1953. A súa afección polo debuxo naceu de neno, na escola, cando poñía en imaxes as súas aventuras nos cadernos de aritmética. Esta afección converteuse moi cedo nunha profesión que compaxinou coa ilustración de libros infantís e co deseño gráfico. Traballa dende 1991 comodeseñador gráfico na Deputación da Coruña. Ten ilustrado varios libros de Xabier P. Docampo e confesa que coas súas historias lle resulta doado traballar. En O pazo baleiro ofrece no encabezamento de cada capítulo unha imaxe referida ó seu contido que invita a se adentrar no
misterio e na aventura.

ARGUMENTO
Esta historia de aventura e misterio está protagonizada por Nicolás, un rapaz de doceanos que vive en Eiravella. O primeiro que sabemos del é que hai tres meses que non
asiste á escola á que só foi tres días. Ó terceiro día do curso a Nicolás éntralle pánico
e toma a decisión de marchar da escola e non volver máis porque, segundo el, pode
aprender pola súa conta todas cantas cousas lle interesan conforme lle vaian facendo
falta. Dende que chegou á vila no verán o seu modelo idealé o seu tío Delio, un reloxeiro que vive nun vello vagón de tren e ó que visita sempre que pode. Ambos comparten a súa afección polos reloxos e o seu curioso mecanismo. Cando están reparando un moi antigo descobren, dentro da súa caixa, un dobre fondo que contén tres cartas de amor, un debuxo que representa algo parecido ó sol, un pano cunhas iniciais
bordadas que envolve un puñado de alfaias demuller e sete moedas antigas. As cartas
fan referencia a liortas familiares, herdanzas e a un obxecto misterioso ó que se denomina coas iniciais D-S. Daquela Delio proponlle a Nicolás que investigue coa axuda
dos seus amigos, Ramiro, Sol e Társila. As súas pescudas lévanos a contactar cun anticuario da cidade e despois cunha señora pertencente á unha nobre familia propietaria
dun pazodeshabitado de Eiravella, de onde inicialmente procede o reloxo. Para continuar a investigación deciden visitar o Pazo para investigar se existen máis cartas e
obxectos agochados. Entre todos deseñan un plano de actuación: ir falar cos caseiros
e tamén cun historiador de Eiravella, o pai de Társila, para coñecer datos sobre a historia do Pazo, sempre coa escusa de ter que facer un traballo para aescola. É deste
xeito como descobren que todos os varóns das familias relacionadas co Pazo levan
nomes que comezan por D e todas as mulleres nomes que comezan por S e que todos
e todas casaron con homes e mulleres con estas iniciais, precisamente as que aparecían nas cartas agochadas no reloxo. O paso seguinte é entrar no Pazo, guiados por
Celso, o caseiro, coñecer todas as súas dependencias ebuscar máis pistas. Nesta primeira visita atopan escondidos un alfineteiro e un agulleiro con dez alfinetes de ouro
e unha mensaxe escrita na tea do alfineteiro. Na segunda visita ó Pazo visitan o xardín pero non atopan nada. Cando os rapaces pensan que están atascados, o pai de
Társila facilítalles unha árbore xenealóxica da xente do Pazo coa que descobren quen
asinaba as misteriosas cartas e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • o pazo baleiro
  • O Pazo Baleiro
  • La paz
  • La Paz
  • La paz
  • la paz
  • la paz
  • La Paz

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS