o sexenio democrático en España

Páginas: 5 (1214 palabras) Publicado: 10 de mayo de 2014
O sexenio democrático
A revolución de 1868, tamén chamada a “Gloriosa”, significou o final da monarquía de Isabel II e significou o intento de implantar un liberalismo democrático, de extender a participación política ás clases populares e medias, e o protagonismo dos partidos progresista, democrático e republicano.
Causas da revolución: Unha crise financieira provocada pola baixa do valor dasaccións na Bolsa, orixinouse por mor da crise dos ferrocarrís. A construcción da rede ferroviaria implicou un grande investimento de capitais en Bolsa, pero ao comezar a explotación das liñas, o seu rendemento foi menor do agardado. Os investidores esixíronlles subvencións ao goberno, pero éste carecía de fondos e éralle imposible recorrer ao préstamo, xa que as cotizacións da Débeda Públicacaeran en picado. Unha crise industrial, sobre todo en Cataluña, no que a industria téxtil abastecíase co algodón importado de EE.UU., pero a Guerra de Secesión americana, encareceu o algodón e provocou un periodo de “fame do algodón”. Moitas pequenas empresas algodoeiras non puideron afrontar a alza de prezos e tiveron que pechar. Unha crise de subsistencia, que foi causada polas malas colleitas quederon lugar a unha escaseza de trigo, polo que os prezos dos productos de primeira necesidade comezaron a subir.
Gran parte da poboación tiña motivos de descontento co sistema isabelino. En 1866, tras a revolta de sarxentos do cuartel de San Gil, O`Donnell foi arredado pola raíña, pero os seguintes gabinetes do Partido Moderado continuaron a gobernar. Ante a imposibilidade de acceder ao poderpolos mecanismos constitucionais, o Partido Progresista, dirixido por Prim, practicou unha política de retraemento. Na mesma posición atopábase o Partido Democrático, polo que ambos partidos firmaron o Pacto de Ostende. O compromiso propuña o fin da monarquía isabelina e deixaban a decisión sobre a nova forma de goberno -monarquía ou república- en mans dunhas Cortes constituíntes elexidas porsufraxio universal. A este pacto tamén se uniron os Unionistas.
O Sexenio Democrático iniciouse coa Revolución de 1868, que se orixinou cunha sublevación militar contra o goberno de Isabel II. O goberno da raíña defendeu o trono a través das armas, pero ao final, o goberno tivo que dimitir e a raíña tivo que exiliarse en Francia. Ademais do pronunciamento militar,as forzas populares tiveron moitaimportancia. En moitas cidades constituíronse as Xuntas urbanas, que demandan o sufraxio universal masculino, as Cortes Constituíntes, unhas liberdades democráticas, a descentralización, a supresión de quintas e a supresión de impostos ó consumo. Isto dá lugar a un goberno provisional de carácter centrista (1868-1871). O xeneral Serrano foi proclamado rexente, e o xeneral Prim, presidente dun gobernointegrado por progresistas e unionistas, que marxinaba o resto de forzas políticas. O novo goberno provisional promulgou unha serie de decretos para lles dar satisfacción a algunhas demandas populares e convocou eleccións a Cortes Constituíntes. As Cortes reuníronse e crearon unha comisión parlamentaria encargada de redactar unha nova Constitución, a de 1869, que é a primeira democrática da historiade España e estableceu un amplo réxime de dereitos e liberdades, o Estado debía manter o culto católico e tamén se caracteriza por ter unha soberanía nacional, o sufraxio universal masculino, o Estado é monárquico, teñen Cortes bicomarcais compostas por un Senado e un Congreso, o poder real era limitado e había unha división de poderes: lexislativo, que estaba en mans das Cortes bicomarcais, oexecutivo, que estaba en mans da Coroa e dos Ministros (que eran elexidos polo Senado), e o xudicial, que estaba en mans dos Tribunais de Xustiza e do xurado. Proclamada a Constitución e cun trono vacante, as Cortes estableceron unha rexencia, que recaeu en Serrano, mentres Prim pasaba a ser xefe do goberno. Como se establecía a monarquía e ninguén quería aos Borbóns, houbo que buscar a un rei, o...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Sexenio democratico, historia de españa
  • Sexenio democratico
  • Sexenio democratico
  • Sexenio Democrático
  • El Sexenio Democratico
  • Sexenio Democrático
  • sexenio democratico
  • El Sexenio Democratico

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS