Agostiño E Tome De Aquino

Páginas: 19 (4552 palabras) Publicado: 28 de febrero de 2013
Historia da Filosofía.
TEMA 3. FILOSOFÍA MEDIEVAL: AGOSTIÑO DE HIPONA e TOMÉ DE AQUINO.
MARCO HISTÓRICO E CONCEPTUAL. Agostiño de Hipona: - Helenismo: Filosofía e cristianismo. - As novas ideas fronte ao mundo grego. Tomé de Aquino: - A noción de Escolástica e o nacemento da Universidade. - A recepción de Aristóteles. Averroes e o averroísmo latino. COMPRENSIÓN. - O problema entre razón e fe enSanto Agostiño e en San Tomé. - Lei divina, lei natural e lei positiva en San Tomé.

AGOSTIÑO DE HIPONA. (354-430) Naceu en Tagaste, no África proconsular romana, de pai pagán e nai cristiá, Santa Mónica. Lendo a Cicerón iniciouse na filosofía e cóntase que un dos seus diálogos, levaríalle máis tarde a converterse ao cristianismo. Na súa mocidade foi seguidor do Maniqueísmo. Recibiu o bautizo no386. Neoplatonismo e Cristianismo marcan os dous focos nos que se centra todo o seu pensamento posterior, ocupado na procura da conciliación de fe e razón. Ordenado sacerdote (391) e logo bispo de Hipona (396), iniciou a súa produción literaria de maior importancia como defensor e expositor da fe cristiá. Dúas das súas obras máis recoñecidas son: Confesións, obra autobiográfica e literariamenteimportante; e A cidade de Deus, obra que enuncia as teses máis relevantes do pensamento do bispo de Hipona.

Helenismo: Filosofía e cristianismo.

MARCO HISTÓRICO E CONCEPTUAL.

O Cristianismo é unha relixión. Os cristiáns asumen un conxunto de crenzas baseadas na Revelación de Deus ao home; preséntase como unha Verdade Absoluta e a súas afirmacións fundamentais ou dogmas, acéptanse sen cuestionarpola Fe do crente. Pola contra, a Filosofía pretende ser un saber que se apoia sobre a Razón como facultade suprema de coñecemento. Cristianismo e Filosofía supoñen a confrontación de dúas actitudes cara o mundo e cara a vida humana: unha actitude basease na Fe, e concrétase coma Vontade de Salvación; a outra actitude basease na Razón, e concrétase como Vontade de Comprensión. Na súa orixe, oCristianismo desenvolveuse nas mesmas áreas xeográficas e dominios culturais que asistiron ao florecemento da Filosofía e posteriormente á expansión da cultura grega co Helenismo. Cidades como Atenas, Roma, ou Alexandría manteñen vivas as tradicións gregas e asisten ao tempo á expansión da nova relixión. En principio o Cristianismo parecía oposto a calquera tradición racional; as relacións coa Filosofíaforon inicialmente de rexeitamento e confrontación, pero a partir do S. IV no que xorden as primeiras controversias e cismas polas diferentes interpretacións do cristianismounha minoría culta de cristiáns é consciente de que os conceptos, a lóxica e os instrumentos filosóficos do pensamento racional grego ofrecen a posibilidade de clarificar e expoñer a doutrina cristiá. O acercamento entreFilosofía e Relixión Cristiá tamén vai ser posibilitado polo xiro dado pola Filosofía Helenística. Influídas pola situación histórica, os distintos movementos herdeiros do pensamento grego, presentan neses momentos unha “carga relixiosa”. A Filosofía da época xa non se entende coma unha organización científica de todo o saber humano, como en Aristóteles. Agora é unha forma de sabedoría moral na que seda unha interiorización que busca a “salvación” persoal do individuo; non se abandona a tradición racionalista, pero o filósofo agora é un modelo a imitar, é un mestre na virtude que coñece a arte que nos leva cara a felicidade (sabio non é quen sabe, é quen sabe vivir ben). As escolas que terán máis influencia no Cristianismo son o Estoicismo e o Neoplatonismo. O Estoicismo ten unha imaxefinalista do mundo no que hai un Logos ou Lei racional universal, un destino que goberna e da sentido, fronte ao cal a liberdade do ser humano enténdese como resignación. Esta lei universal, ou lei do cosmos, en tanto que o home forma parte do cosmos, se manifesta na lei natural que a súa vez se plasma nas leis humanas. Esta visión prefigura a Lei Natural de Tomé, coa diferencia de que, fronte ao...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Tomas de aquino
  • Tomas de aquino
  • Tomas De Aquino
  • TOMAS DE AQUINO
  • tomas de aquino
  • Tomas de aquino
  • Tomas De Aquino
  • tomas de aquino

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS