Alfonso XIII E Primo De Rivera

Páginas: 17 (4053 palabras) Publicado: 21 de octubre de 2015
A Restauración (1875-1923)
Coñécese como Restauración Borbónica ao período que abarca dende o pronunciamento do xeneral Martínez Campos en decembro de 1874 e que dá fin á Primeira República española, e a proclamación da Segunda República o 14 de abril de 1931.
A Restauración divídese en España en tres etapas:
Reinado de Alfonso XII, ata a súa morte (1875-1885).
Rexencia de María Cristina deHabsburgo durante a minoría de idade do seu fillo (1885-1902).
Etapa constitucional de reinado de Alfonso XIII, que comeza coa maioría de idade deste (1902-1923).
Nun sentido estrito, só se pode falar de Restauración nas dúas primeiras fases, xa que na última o sistema canovista entrou en crise até desfacerse en 1923 coa ditadura de Primo de Rivera. Este último réxime finalizaba en 1930, arrastrandona súa caída a propia monarquía en 1931.

A característica fundamental do reinado de Alfonso XIII foi a vixencia do sistema político da Restauración.
O reinado comeza cun ambiente de pesimismo promovido polo “desastre do 98”, que dará lugar ao nacemento dunha corrente crítica cara ao réxime ao que cómpre engadir o ascendo das forzas políticas e sociais antimonárquicas.
A monarquía fracasa no seuintento de revitalizar o sistema político da Restauración, que se irá desarticulando. Como consecuencia, xorde unha crise continua para o réxime, que pouco a pouco irase derrubando debido á inestabilidade política, pois pola falta de líderes os partidos políticos descompóñense.
A ditadura de Primo de Rivera (1923-1931) resultará un paréntese que suporá a crise total da monarquía e o comezo da IIRepública, no que a Constitución de 1876 queda en suspenso do mesmo xeito que o sistema parlamentario.
A nivel económico, o período caracterízase por unha conxuntura alcista caracterizada polo aumento das exportacións debido á neutralidade ante a Primeira Guerra Mundial. A burguesía non soubo aproveitar esta conxuntura e buscou o diñeiro fácil. Ao mesmo tempo prodúcese un fortalecemento domovemento obreiro.
Durante o reinado de Alfonso XIII produciuse unha continuación política da Restauración, a intervención, como novidade, do rei na política e a desaparición dos políticos que crearan o réxime.

Os problemas do reinado
España está separada entre a España oficial (políticos) e a España real (partidos restantes e poboación que queda excluída do sistema).
Prodúcese un desenvolvemento doRexionalismo Político, sobre todo en Cataluña co apoio da burguesía (Bases de Manresa ou Lliga Catalana). No País Vasco, apoiado pola mediana burguesía e os campesiños, nace o PNV fundado por Sabino Arana (non ten tanta forza ao non contar co apoio da alta burguesía e dos obreiros). Desenvólvese tamén o nacionalismo galego e o andaluz.
Fortalécese o movemento obreiro, á marxe da política oficial.As clases medias e as organizacións obreiras, favorecidas polo desenvolvemento económico e industrial e o crecemento das cidades van criticar o sistema e apoiar aos republicanos e rexionalistas periféricos. Lograrán o control da vida municipal das cidades.
O movemento obreiro divídese en dúas tendencias. Por unha banda, a moderada, o socialismo representado polo PSOE e o sindicato UGT. Por outrabanda, a anarquista, de carácter sindical e protagonizado polo sindicato CNT e a FAI. A estas súmase o Sindicalismo Católico, desenvolvido tras a chegada de León XIII ó papado e a nova sensibilidade cara ás masas obreiras.
O problema obreiro vaise radicalizar e ir contra o sistema debido ás pésimas condicións de vida e traballo, ó que se suma a dura represión da Patronal e do goberno ante as súasdemandas. O obreiro, para facerse oír, recorre ás folgas, manifestacións, sabotaxe e incluso terrorismo. Nun intento de mellorar as súas condicións, o goberno crea o Instituto de Reformas Sociais (1903) e o Instituto Nacional de Previsión (1908).
Prodúcese, ao mesmo tempo, un cambio na estrutura social determinado polo crecemento demográfico e económico.
Salienta unha inquietude por parte do...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Alfonso XIII
  • Alfonso XIII
  • Alfonso XIII
  • Alfonso XIII
  • Alfonso Xiii
  • Alfonso xiii
  • Alfonso xiii
  • Alfonso XIII

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS