Bauhaus

Páginas: 27 (6730 palabras) Publicado: 5 de junio de 2014
BAUHAUS
Antecedentes
A INDUSTRIALIZACIÓN
Os
antecedentes
da
Bauhaus
atopámolos
nas
consecuencias que tivo a industrialización ocorrida primeiro
en Inglaterra e máis tarde en Alemaña durante o século XIX
e os cambios que orixinou nas condicións de vida e
produción dos artesáns e a clase obreira. Esta crecente
industrialización tivo o seu principal crítico no escritor ínglés
JohnRuskin que propuxo renunciar ao traballo con
máquinas e retornar a un pasado onde a produción tivese
un rostro máis humano; esta época sitúaa no período
medieval como reflexa o seu libro The stones of Venice. O
seu máis importante seguidor e admirador foi o polifacético
William Morris que se propuxo como tarefa converter en
realidade as ideas de Ruskin. Para isto montou uns
obradoiros onde sepuña en práctica a forma de produción
artesanal da Idade Media chegando a ser tan influentes que
deron paso a un estilo: Arts and Crafts (Artes e oficios). Así
mesmo un feito importante da época foi a reforma do ensino
de oficios e a impartida en Academias que se orientou cara
a unha maior expresión subxectiva do artesán intentando
deste xeito entroncar os seus traballos coa esencia do pobo.Encanto isto, no continente, intentaban emular os progresos
británicos no campo da produción através dunha reforma
dos sistemas educativos. Isto deu lugar á aparición de

Museos e Institucións que foron o xérmolo para diferentes
escolas. O goberno prusiano, logo de escoitar informes
sobre o éxito inglés e seguir as recomendacións de Hermann
Mutheius decide ampliar con obradoiros as Escolasde Artes
e Oficios prusianas e chamar como profesores a artistas de
recoñecido prestixio. É así como se reforma a Academia de
Düsseldorf, a de Berlín e a Escola de Arte de Weimar entre
outras cunha diferenza fundamental que consiste no apoio á
produción con máquinas ao contrario que o que sucedía en
Inglaterra coas escolas agrupadas en torno ao movemento
Arts and Crafts.
Así mesmo e cofin de apoiar o nacemento dunha
linguaxe estilístico propiamente alemán créase a Werkbund
(Liga de Obradoiros) no que foi a máis importante fusión de
arte e economía do período anterior á Primeira Guerra
Mundial. O arquitecto Walter Gropius foi nomeado membro
da Liga en 1912 tras alcanzar renome coa edificación dunha
fábrica de zapatos preto de Hannover. O ambiente dos anos
previos á PrimeiraGuerra Mundial desencadeou a dimisión
do fundador e director da Escola de Arte de Weimar o
arquitecto belga Henry van de Velde por causa de fortes
tendencias xenófobas cara á súa persoa. Walter Gropius
(1883-1969) de 31 anos, foi unha das tres persoas que
recomendou ao Gran Duque de Saxe-Weimar como o seu
posible substituto. Durante os anos da guerra a escola
permaneceu pechada e non foisenón ata despois do final do
conflito armado, que Gropius foi confirmado como novo
director. Decidiuse fusionar as tres artes aplicadas que
orientaban a Escola de Artes e Oficios de Weimar cunha
escola das belas artes e forman a Academia de arte de
Weimar. Gropius chamou á nova escola Dás Staatliches

Bauhaus, e abriuse o 12 de abril de 1919 nunha época en
que Alemaña se atopaba nunestado de Gran efervescencia.
A catastrófica derrota na guerra para terminar con todas as
guerras conduciu cara a unha violenta loita económica,
política e cultural. O mundo prebélico do Kaiser estaba
morto e a procura para construír unha orde social nova
penetrou todos os aspectos da vida.
No manifesto da Bauhaus, publicado nos xornais
alemáns, estabeleuse a filosofía da nova escola: Aconstrución completa é o obxectivo de todas as artes visuais.
Antes, a función máis nobre das belas artes era embelecer
os edificios, constituían compoñentes indispensables da gran
arquitectura. Hoxe as artes existen illadas... Os arquitectos,
os pintores e escultores deben estudar de novo o carácter
compositivo do edificio como unha entidade... O artista é un
artesán enaltecido. Nos escasos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Bauhaus
  • Bauhaus
  • Bauhaus
  • Bauhaus
  • Bauhaus
  • Bauhaus
  • Bauhaus
  • Bauhaus

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS