Bloque I Platón

Páginas: 46 (11278 palabras) Publicado: 20 de octubre de 2015
4.- PLATÓN.
4.1.- CONTEXTO BIOGRÁFICO E OBRAS:
Platón (427-347 a C.) nace en Atenas, no seu dunha familia aristocrática, ao pouco de iniciarse a guerra do
Peloponeso contra Esparta na loita polo liderado das pólis gregas. Platón asiste ao fin da hexemonía política de
Atenas sobre Grecia, iniciada coas guerras médicas e que alcanza un esplendor baixo o goberno de Pericles que el xa
non chegou acoñecer.
O seu pensamento se desenvolve nese contexto filosófico e cultural da Atenas do s. V aC, na denominada
Ilustración sofística ( posibles características ). A maior influencia que recibe é a do seu mestre Sócrates, que
profesaba un interese honesto por cuestións ético-políticas e cuxa doutrina, o Intelectualismo moral (relaciona virtude
con coñecemento e ambos coa verdadeira e auténticafelicidade), pode ser considerada o alicerce sobre o que se
asenta non só as doutrinas morais senón a totalidade do programa filosófico platónico. Platón tamén recolle o legado
ontolóxico e metafísico dos pensadores presocráticos. (posible apartado: Influencias no pensamento de Platón).
Inclinase pola política como era tradición na súa familia, máis axiña veuse decepcionado por ela tras a
sanguentarepresión do réxime dos Trinta Tiranos, entre os que había familiares seus, e, sobre todo, pola reinstaurada
democracia ateniense capaz de condenar a morte ao máis virtuoso dos cidadáns; o seu mestre Sócrates. A partir
dese feito a filosofía convértese para el no único medio posible para atopar unha saída á crise na que se atopa a
súa sociedade. Levará a cabo tres intentos, en Siracusa, de poñer enpráctica a súa República, os que, porén,
fracasarán. Tras o primeiro intento volve a Atenas onde funda a Academia e intensifica a súas actividades filosóficas.
Xa na vellez realiza os outros intentos, pero os reiterados fracasos lévano a encerrarse na Academia e dedícase por
completo á actividade teórica ata a súa morte, afondando e revisando os seus plantexamentos e tentando educar a
políticos egobernantes xustos.
Podemos considerar que tanto a orixe como a fin da súa filosofía é ético-político, e xira en torno á cuestión
de atopar a fórmula dun estado xusto no que non caiba a morte de Sócrates. Ese obxectivo estará vinculado ao
de fundamentar un coñecemento de valor universal e necesario que supere o escepticismo cosmolóxico e o
relativismo sofista. A súa actitude política evoluciona dendeo impulso inicial da xuventude ata a desesperanza da súa
vellez, centrado só na súa teoría.
O seu pensamento non é un sistema pechado senón que está en constante revisión. Os escritos están
redactados en forma de diálogos, intercalando exemplos e mitos, en linguaxe clara e didáctica; aínda que na etapa de
vellez revisa a súa teoría e introduce cuestións de difícil interpretación. O personaxeprincipal dos diálogos é
Sócrates, quen defende moitas das concepcións exclusivamente platónicas. Con el interveñen personaxes do seu
tempo, sofistas, amigos e parentes. Cada diálogo centrase na investigación dun tema (unha virtude ou a virtude
mesma, unha idea) pero en case todos rexorden os problemas centrais dos seu pensamento.
Períodos (Emilo Lledó)

Xuventude ou socrático

Período de transiciónCaracterísticas

Diálogos

-Apoloxía de Sócrates (defende ou seu mestre tras
da condena)
-Critón ou do deber de obedecer ás leis.
Sócrates é a figura protagonista.
-Laques ou do valor.
Discútense problemas éticos sen lles dar -Lisis ou sobre a amizade.
solución.
-Protágoras; sobre a posibilidade de ensinar a
virtude.
-Cármides ou sobre a temperanza.
Primeira viaxe a Sicilia con 40 anos, funda aAcademia. Influenzas pitagóricas e órficas,
inmortalidade da alma.
Insuficiencia da ensinanza socrática, coñecer
é coñecer o universal e limítase a expresalo
na definición, agora pasa a concibirse como -Gorxias ou da retórica e política.
algo que existe en si, chámalle idea.
-Menón ou sobre o ensino da virtude.
Céntrase nun ataque aos sofistas tratando os -Cratílo sobre a linguaxe.
seus temas....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Bloque I
  • bloque I
  • Bloque I
  • BLOQUE I
  • BLOQUE I
  • BLOQUE I
  • BLOQUE I
  • BLOQUE I

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS