CIUG

Páginas: 10 (2458 palabras) Publicado: 7 de noviembre de 2013
PAU

Código: 25

XUÑO 2012
FÍSICA
Puntuación máxima: Cuestións 4 puntos (1 cada cuestión, teórica ou práctica) Problemas 6 puntos (1 cada apartado)
Non se valorará a simple anotación dun ítem como solución ás cuestións; han de ser razoadas.
Pódese usar calculadora sempre que non sexa programable nin memorice texto.
O alumno elixirá unha das dúas opcións

OPCIÓN A
C.1. - No movementodos planetas en órbitas elípticas e planas arredor do Sol mantense constante: a) a enerxía
cinética; b) o momento angular; c) o momento lineal.
C.2. - Nun oscilador harmónico cúmprese que: a) a velocidade v e a elongación x son máximas simultaneamente; b)
o período de oscilación T depende da amplitude A; c) a enerxía total ET cuadriplícase cando se duplica a frecuencia.
C.3. - Se un núcleoatómico emite unha partícula α e dúas partículas β, os seus números atómico Z e másico A: a) Z
aumenta en dúas unidades e A diminúe en dúas: b) Z non varía e A diminúe en catro: c) Z diminúe en dúas e A non
varía.
C.4. - Disponse dun péndulo simple de 1,5 m de lonxitude. Mídese no laboratorio o tempo de 3 series de 10
oscilacións obtendo 24,56 s, 24,58 s, 24,55 s. ¿cal é o valor de g coa súaincerteza?

P.1. - Tres cargas de +3 µC están situadas equidistantes entre si sobre unha circunferencia de raio 2 m. Calcula: a) o
potencial eléctrico no centro da circunferencia; b) o vector campo eléctrico no mesmo punto; c) o traballo para traer
unha carga q´= 1 µC dende o infinito ao centro da circunferencia. (Dato: k = 9.109 Nm2C-2)
P.2. - Un obxecto de 3 cm sitúase a 20 cm dunha lente adistancia focal da cal é 10 cm: a) debuxa a marcha dos raios
se a lente é converxente; b) debuxa a marcha dos raios se a lente é diverxente; c) en ambos os dous casos calcula a
posición e o tamaño da imaxe.

OPCIÓN B
C.1. - Dúas esferas de raio R con cargas + Q e – Q, teñen os seus centros separados unha distancia d. A unha
distancia d/2 (sendo d/2 > > R); cúmprese: a) o potencial é cero e ocampo electrostático 4kQd-2; b) o potencial é
cero e o campo electrostático 8kQd-2; b) o potencial é 4kQd-1 e o campo cero.
C.2. A ecuación dunha onda é y = 0,02 sen (50t - 3x); isto significa que: a) ω = 50 rad.s-1 e λ = 3 m; b) a velocidade
de propagación u = 16,67 m.s-1 e a frecuencia ν = 7,96 s-1; c) T = 50 s e o número de onda k = 3 m-1.
C.3. - Se un espello forma unha imaxe real invertida ede maior tamaño que o obxecto, trátase dun espello: a)
cóncavo e o obxecto está situado entre o foco e o centro da curvatura; b) cóncavo e o obxecto está situado entre o
foco e o espello; c) convexo co obxecto en calquera posición.
C.4. - Na determinación da constante elástica dun resorte podemos utilizar dous tipos de procedementos. En ambos
os dous casos, obtense unha recta a partir da calse calcula a constante elástica. Explica cómo se determina o valor
da constante a partir da devandita gráfica para cada un dos dous procedementos, indicando qué tipo de magnitudes
hai que representar nos eixes de abscisas e de ordenadas.
P.1. - Unha mostra de carbono 14 ten unha actividade de 2,8.108 desintegracións.s-1; o período de
semidesintegración é T=5730 anos, calcula: a) a masa damostra no instante inicial; b) a actividade ao cabo de 2000
anos; c) a masa de mostra nese instante. (Datos: NA = 6,02.1023 mol-1 ; masa atómica do 14C = 14 g.mol-1; 1 ano =
3,16.107 s)
P.2. - Se a masa da Lúa é 0,012 veces a da Terra e o seu raio é 0,27 o terrestre, acha: a) o campo gravitatorio na Lúa;
b) a velocidade de escape na Lúa; c) o período de oscilación, na superficie lunar, dun péndulocuxo período na Terra
é 2 s. (Datos: g0T = 9,8 ms-2; RL = 1,7.106 m )

PAU

Código: 25

SETEMBRO 2012
FÍSICA
Puntuación máxima: Cuestións 4 puntos (1 cada cuestión, teórica ou práctica) Problemas 6 puntos (1 cada apartado)
Non se valorará a simple anotación dun ítem como solución ás cuestións; deben ser razoadas.
Pódese usar calculadora sempre que non sexa programable nin memorice...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Textos Aristoteles, ciug

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS