Coeducacion i

Páginas: 11 (2663 palabras) Publicado: 12 de noviembre de 2010
Aula virtual
Coeducación: espazos para educar en igualdade
TEMA-01 A construción da sensibilidade no profesorado

Coeducación. Espazos para educar en igualdade.

Tema 1.  A construción de sensibilidade no profesorado

Introdución 
Por que debemos como profesorado traballar a igualdade entre nenos e nenas?Esta é a pregunta inicial que debe abrir o curso e cuxa resposta traballaremos neste primeiro tema. Desde o momento en que nace unha persoa, muller ou home, o contorno familiar e social van  condicionando cada unha das súas eleccións e decisións, de tal xeito que van estar determinadas, en  maior ou menor medida, polo feito de nacer home ou muller.  Isto ocorre porque, a través do proceso de socialización, interiorizamos as normas e os valores que a sociedade nos transmite. Este proceso de socialización constrúe roles e modelos diferentes segundo  o sexo de cadaquén e vai configurando o xeito de ser de cada persoa.  Neste itinerario achegarémonos a estes conceptos básicos  para vinculalos coa situación de desigualdade entre  homes e mulleres. Comezaremos a explorar, pois, a  construción social da desigualdade. 

Obxectivos 
• Promover   ou   reforzar   a  sensibilización   do   profesorado   no   que   atinxe   á   necesidade   de  traballar cunha perspectiva de xénero no ámbito escolar. • • Analizar, de forma crítica o sistema sexo­xénero.  Identificar as funcións que a sociedade asigna ás persoas en función do seu sexo para poñelas  en diálogo coa discriminación feminina/das mulleres. • •Coñecer como interveñen os medios de comunicación na configuración da nosa identidade. Analizar a problemática da violencia de xénero no ámbito escolar.

Aula Virtual da CIG-Ensino 1

Coeducación. Espazos para educar en igualdade.

1. O sistema sexo­xénero
Para comprender as causas e os problemas que implica a desigualdade entre homes e mulleres é  necesario que, previamente, nos deteñamos, aínda que sexa a nivel básico, en certos conceptos.  A teoría sexo­xénero pretende introducir unha reflexión sobre estes dous termos cun obxectivo  claro; a distinción entre os feitos biolóxicos e os feitos sociais.   Non podemos negar que no plano biolóxico existen diferenzas entre mulleres e homes en relación  cos seus órganos xenitais e a súa función na reprodución humana.  Porén, o sistema sexo­xénero consiste na vinculación dun feito biolóxico a un comportamento social e identitario predeterminado que comprende a  construción meramente cultural, polo tanto cuestionable e modificable, das  condutas de homes e mulleres.  Foi a comezos dos anos sesenta cando comezaron a desenvolverse, nos países anglosaxóns, os  estudos sobre as orixes e as causas da posición subordinada das mulleres. Fíxose, entón, necesario introducir categorías analíticas novas. Daquela, o concepto xénero  comezou a empregarse para  denominar o conxunto de atributos socioculturais asignados ás persoas a partir do sexo;estes  atributos socioculturais convertían unha diferenza sexual en desigualdade social, atribuíndo maior  valor aos homes que ás mulleres. O sistema sexo­xénero non só achegou novos enfoques no estudo da desigualdade cara ás mulleres, senón que abriu tamén novas perspectivas nos estudos sobre masculinidade, diversidade sexual...  Esta nova conceptualización fixo e segue facendo posible que comprendamos que as desigualdades  sociais entre mulleres e homes non son innatas senón que podemos reclamar a súa desaparición pois  son produto de condicionamentos artificiais. A miúdo, adoitamos falar das diferenzas de xénero e das diferenzas de sexo pero son o mesmo?  Pese a que en moitas ocasións, no cotián, escoitemos estas dúas palabras (sexo e xénero) como  sinónimos, ambas aluden a fenómenos diferentes. 

Aula Virtual da CIG-Ensino 2

Coeducación. Espazos para educar en igualdade. Falamos de sexo cando facemos referencia ás diferenzas estritamente biolóxicas que existen entre ...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Coeducación
  • Coeducación
  • Coeducacion
  • Coeducacion
  • Coeducación
  • coeducación
  • COEDUCACION
  • Coeducación En La Escuela

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS