Comentario 12 Franquismo Xu O 2013 Opci N B

Páginas: 8 (1890 palabras) Publicado: 27 de abril de 2015
XUÑO 2013 OPCIÓN B

A Guerra Civil foi a consecuencia da progresiva radicalización política durante a II República e do enfrontamento ideolóxico que se presentaba en Europa polo ascenso dos fascismos. O conflito estourou o 17 de xullo de 1936 cando as tropas da Lexión se sublevaron contra a República en Melilla e tomaron o control de Marrocos. Na madrugada do 18, Franco felicitou os sublevados,autonomeouse xefe das tropas en África, decretou o estado de guerra en Canarias e Marrocos e dirixise ós españois para xustificar o alzamento militar. Axiña os militares tentan facerse co poder en distintas cidades da Península e, malia que o levantamento non triunfou, tampouco foi totalmente esmagado e isto, xunto coa influencia internacional, contribuíu a converter o golpe nunha longa e cruentaguerra civil que enfrontaría os españois en dous bandos (azuis, nacionais ou fascistas / vermellos ou comunistas) e desangraría España durante tres anos. A guerra remata o 1 de abril de 1939, cando Franco asina o derradeiro parte de guerra que pon fin ó conflito armado; pero a paz tardaría moito tempo en chegar, porque nese momento dá comezo o longo período da ditadura franquista.

A pesar de queo primeiro goberno do novo estado foi organizado por Franco en xaneiro de 1938, o certo é que ese novo estado se fora perfilando xa desde o comezo da guerra civil. Pois, malia que no inicio os militares sublevados fronte á II República só estaban unidos contra os graves males que, segundo eles, defendía a Fronte Popular Republicana (democracia, liberalismo, marxismo, masonería, laicismo…), foi xadurante a contenda cando se esbozaron os trazos do novo réxime, en gran medida obra persoal de Francisco Franco Bahamonde, e que podemos resumir en: autoridade única e indiscutible de Franco (nomeado xefe supremo dos exércitos en outubro de 1936 pola Xunta de Defensa Nacional, primeiro órgano de goberno dos sublevados), orde e obediencia á autoridade, imposición dos valores castrenses ecatólicos, unidade da patria, nacionalismo español, férreo control dos opositores e mantemento dos símbolos e costumes tradicionais.
Trala supresión de todas as forzas políticas republicanas, Franco, xefe do Estado e Xeneralísimo dos Exércitos, converteuse tamén en xefe do movemento político organizado a partir de FE-XONS e, malia as reticencias iniciais, todos os grupos políticos que apoiaban o réximefranquista (falanxistas, carlistas e monárquicos) acabaron por asumir a súa integración no Movemento Nacional.
Todo o que se opoñía á unidade era suprimido. Abolíronse os Estatutos de Autonomía, avogouse pola uniformidade da lingua (“España, una, grande y libre”), suprimíronse os sindicatos de clase e unificouse a obreiros e patróns baixo a mesma organización (sindicalismo vertical), creáronseorganizacións femininas e xuvenís (Sección Feminina e Organización Xuvenil Española) para adoutrinar nos valores do réxime…
Así, desde o fin da Guerra Civil (1939) ata a morte de Franco, en 1975, España viviu baixo o réxime ditatorial do franquismo, que se foi configurando como un sistema no que se mesturaban elementos fascistas e do catolicismo conservador e cuxa fundamentación teórica procedíabasicamente da Falanxe. A evolución do franquismo ó longo dos corenta anos que durou foi case nula e os escasos cambios viñeron determinados pola adaptación ós cambios e ás loitas sociais no interior do país e polo desenlace da II Guerra Mundial; pois nos primeiros anos produciuse un achegamento do réxime ós fascismos europeos pero, cando estes foron derrotados, Franco optou por afastarse destasideoloxías.
A imitación doutros ditadores da época, Franco recibe o nome de caudillo de España e é considerado o símbolo e encarnación da vontade da nación española. O seu poder non tiña limitacións legais e só a Lei Orgánica do Estado e do xefe do Goberno de 1967 precisará as funcións do xefe de Estado e do xefe do Goberno, ata entón exercidas por Franco. As únicas limitacións ó seu poder derivaban da...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Boleti N Te Cnico N 85 Aprobado El 19 12 2013 Definitivo
  • Planificacio N Operativa Y Programacio N En Salud 12 8 2013
  • COMENTARI B
  • Evangelio y comentario del 05/12/19/26 de Mayo y 02 de Junio del 2013 con
  • La Eutanasia Como Opci N
  • Comentario crítico Franco y el franquismo
  • Manual De EXCEL B Sico Opci N 1
  • N & A Forever 19/12/2013 ♥

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS