Comentario De Historia

Páginas: 3 (697 palabras) Publicado: 16 de abril de 2012
O desastre do 98 (no que España se viu obrigada a ceder Cuba, Porto Rico e a illa de Guam aos EEUU polo tratado de París a cambio de 20 millóns de dólares) causou en España un forte choque na opiniónpública, nos partidos políticos, nos intelectuais e nas clases medias. Puxo de manifesto a incapacidade da oligarquía dominante para modernizar o país, e causou unha forte ferida política nasexpectativas de parte da poboación sobre o futuro de España. A partir de 1902 produciuse a progresiva desarticulación do sistema canovista da Restauración Borbónica, momento no que reinaba Alfonso XIII. Aprimeira das crises do reinado deste foi provocada polos militares. Segundo o Sistema canovista, o exército debía estar sometido ó poder civil e non intervir na vida política. Despois do 98, ascríticas contra o exército xeneralizáronse causando un forte malestar entre os militares contra as autoridades, os partidos políticos, a prensa, a sociedade civil e o catalanismo. En 1906, o poder militarimpúxose ao poder civil ao conseguir, co consentimento do rei, a aprobación da nova Lei de xurisdicións pola que se sometía a código militar o xuízo de delitos de opinión e obra contra a patria e contra oexército. A mentalidade da clase militar pasou de apoiar coas súas accións unha ou outra facción política liberal ao longo do Século XIX, á defensa dos seus intereses corporativos e a considerarseu¡os salvadores da patria e da unidade nacional (DOC.1). A Gran Guerra europea de 1914 xerou en España, debido ao incremento das exportacións, un grave problema de abastecemento que afectou duramente ásclases populares. A alza de prezos, especialmente dos alimentos, deu lugar a protestas e manifestacións. En 1917, agraváronse as tensións; como telón de fondo estaban as reivindicacións dos militarese da burguesía, así como o descontento xeral do proletariado, o conflito laboral dos ferroviarios valencianos e a actitude intransixente do Goberno. Ante esta situación a UXT e o PSOE, coa axuda...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • comentario de historia
  • Comentario Historia
  • Comentario de historia
  • comentario de historia
  • Comentario de historia
  • Comentario Historia
  • Comentario De Historia
  • Comentario De Historia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS