Curros Enríquez Comentario

Páginas: 7 (1569 palabras) Publicado: 8 de octubre de 2015
COMENTARIO: Mirand’ó chau – Curros Enríquez
O poema “Mirand’ó chau” pertence a Manuel Curros Enríquez, un dos tres escritores principais do século XIX e do Rexurdimento da literatura galega xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. O texto do que falarei pertence ao seu libro de poemas “Aires da Miña Terra”, publicado en 1880, ano no que publícase “Follas Novas” e “Maxina ou a FillaEspúrea” de Marcial Valladares.
Pola época, Curros está preocupado pola situación de inxustiza na que viven os seus veciños e labregos de arredor de Celanova, a súa terra natal, polos sistemas de feudos e os caciques. Dende pequeno vai a Madrid a causa da súa degradada relación co seu pai. En 1869, coa Constitución, moitos intelectuais reivindican os dereitos individuais e demais liberdades, pero os altoscargos non aceptarían. Ao publicaren en 1880 “Aires da Miña Terra” o libro é acusado polo bispo Cesáreo Rodríguez de herexías e ataque á relixión e prohíbelles a todos os fieis da súa diocese a súa lectura e posesión. Nese tempo a Igrexa estaba estruturada estamentalmente e enriquecida mentres que os fieis, os campesiños, vivían na miseria, coa promesa da vida eterna.
O poema está escrito enversos de arte menor, hexasílabos (seis sílabas cada un). É un romance, polo tanto os seus versos teñen un esquema métrico no cal os versos pares riman entre si e os impares quedan soltos (– a – a – a).
Se falamos do contido, primeiro que todo, dicir que xa o título indica a onde pertence Curros, que é ourensán, así a palabra “chau” en lugar de chan. O poema está inspirado na obra de Levon Dieu, unescritor francés que tamén está en contra da represión social da Igrexa, non pretende criticar a Deus senón á estrutura da Igrexa. Tamén engadir que van falar dúas voces, o narrador que conta a historia a xeito de parábola relixiosa e cunha perspectiva evanxélica e Deus, que fala e pon a súa voz a algunhas das partes do poema. Ao comezarmos co texto a primeira palabra que vemos é “Dios”, símbolo deque a Igrexa non falaba o galego, a lingua da pobreza, incultura e do pobo, senón que falaba en castelán ou en latín. Vemos a un Deus que está no ceo aburrido pois non hai ninguén, que é a pregunta que cuestiónase. Ese Deus está humanizado e evidentemente personificado, debido ao cabreo “d’o reuma e d’a gota”, aínda que tamén é afable. El achégase a beira das nubes e bota unha ollada ao mundo.Reacciona cun “¡Caráspeta!” que indica que non lle gustou o que viu, mais tamén a súa proximidade co pobo a través desa linguaxe vulgar e popular. Esta primeira parte ou introdución remata co estribillo, que marca a separación de estrofas non de contido “Si dou c’o ese mundo Q’o demo me leve”. Agora Deus sigue a mirar e Curros mostra o estado de asombro a través dun símil ou comparación: “Quedóucom’a neve” (pálido). Queda abraiado porque ve un bulto, que non sabe se é un verme ou un home, xusto decátase de que é un home rico debido as súas roupas (sedas) e ao tamaño da súa barriga, pois ten para comer. Vese aquí unha sinécdoque, que representa a parte polo todo, é dicir, a barriga polo xeral do home. Ese home posúe unha categoría social maior cá dos reis, polo tanto podemos deducir que é opapa, non se refire especificamente a un, senón á Igrexa en xeral. Ela ten “d’a terra, sua escrava”, xa que abusa dos campesiños e labregos facendo que se empobrezan aínda máis. Polo momento había un gran poder eclesiástico, non tiñan separación de poderes. Posteriormente fala de que si hai algún “louco” (para a Igrexa os pobres que non podían pagar ou os rebeldes), estes son eliminados, nestecaso emprega o autor un eufemismo (“borrado da lista da xente”) para referirse a que non os tratan como persoas, non teñen dereitos e están fora da sociedade, a través da “Pauliña” que fala o poema, unha carta de excomunión. Xusto nesta parte da que estamos a falar podemos atopar unha antítese “Diñeiro non teña Y-a dárllo se negue”, entre ter que dar cartos, aínda que neste caso non hai, e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Curros Enríquez
  • curro
  • curr
  • Curros Enriquez
  • Miguel Enriquez
  • Pasaje Enriquez
  • DIEGO ENRIQUEZ
  • Modelo Curr

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS