Curso Mariñeiro Pescador

Páginas: 34 (8495 palabras) Publicado: 5 de junio de 2014
CURSO MARIÑEIRO PESCADOR
TEMARIO.

1. MÓDULO 1: A EMBARCACIÓN DE PESCA.
1.1.
1.2.
1.3.
1.4.
1.5.
1.6.

A embarcación.
Aparellos de cuberta.
Cabos, cables e áncora.
Manobras de atraque e fondeo.
Goberno de buque.
Mantemento.

2. MÓDULO 2: REGULAMENTO INTERNACIONAL PARA PREVIR
ABORDAXES.
2.1. Regulamento Internacional I.
2.2. Regulamento Internacional II.

3. MÓDULO 3: APRÁCTICA DUNHA PESCA RESPONSABLE.

4. MÓDULO 4: MANIPULACIÓN E CONSERVACIÓN DOS
PRODUTOS PESQUEIROS.
4.1. Manipulación e conservación I.
4.2. Manipulación e conservación II.

MÓDULO 1. A EMBARCACIÓN DE PESCA.
1.1 A EMBARCACIÓN.
CARACTERÍSTICAS.
Un buque é unha construción flotante, con medios de propulsión e
goberno, destinada ó transporte marítimo e preparada para realizar
operaciónsdiversas nas diferentes actividades de pesca.
UN BUQUE FLOTA.
Somerxido ata a liña de máxima carga, queda volume abondo fóra da auga
para poder navegar con mal tempo.
UN BUQUE TEN ESTANQUIDADE.
É impermeable á auga, de xeito que non deixa entrar auga no seu interior
en ningunha circunstancia.
UN BUQUE É ESTABLE.
Recobra a súa posición de equilibrio cando se separa da posición vertical
porcalquera forza externa (como pode ser o mar ou o vento).
A solidez, propulsión e goberno dependen do tipo de buque.

ELEMENTOS DO BUQUE.
PROA: parte dianteira do buque.
POPA: parte posterior do buque.
ESTRIBOR: parte dereita do buque mirando á proa.
BABOR: parte esquerda do buque mirando á proa.
ESLORA: lonxitude do buque.
MANGA: anchura do buque.
PUNTAL: é a altura do casco ou a distanciavertical medida dende a quilla
ata a cuberta principal.
LIÑA DE CRUXÍA: é unha liña imaxinaria que divide o buque en dúas
bandas: banda de estribor e banda de babor.

ESTRUTURA INTERNA DO BUQUE.
QUILLA: peza lonxitudinal que corre de proa a popa pola parte máis baixa
e central do barco.
CADERNAS: están conformadas por dúas pezas simetricamente dispostas
que reciben o nome de semicadernasque lle dan forma ó barco e
sosteñen os forros. a caderna que coincide coa sección media, é dicir, a
metade da eslora, denominase caderna mestra.
VAOS: son pezas transversais que unen as dúas semicadernas e soportan
as cubertas.
VARENGAS: son pezas transversais que contribúen á unión das dúas
semicadernas e a quilla.
VAGRAS: son pezas lonxitudinais paralelas á quilla polas dúas partes.PUNTAIS: son pezas verticais sobre as que descansan os vaos.
FORRO: é a envoltura, parte do casco, exterior ás cadernas.
MAMPAROS ou ANTEPAROS: serven para compartimentar o buque a
modo de paredes.
PALMEXARES: son reforzos lonxitudinais que unen as cadernas entre si
polo costado.

CUBERTA: é unha plataforma lonxitudinal horizontal que divide o interior
do buque no sentido vertical.
CASCO:é o conxunto de elementos que forman a envoltura impermeable
do buque.
AMURAS: son as partes curvas do costado que forman a proa.
ALETA: é a parte curva do casco nas proximidades da popa.
SUPERESTRUTURAS: son construcións por riba da cuberta principal.
CASTELO: é unha superestrutura situada na proa do buque.
CIDADELA: é a superestrutura no centro do buque.
ALCÁZAR: é unha superestrutura napopa do buque.
TOLDILLA: é a cuberta por riba do alcázar.
RODA: é a peza que en prolongación da quilla forma o extremo do buque
na proa.
CODASTE: é a peza que en prolongación da quilla forma o extremo do
buque na popa.
LIÑA DE FLOTACIÓN: é a liña que sinala a superficie da auga no casco do
buque. Divide o buque en dúas partes:
OBRA VIVA: é a parte somerxida do casco.
OBRA MORTA: é a partedo casco que está sobre a liña de flotación.
CALADO: é a distancia vertical desde a parte baixa da quilla ata a liña de
flutuación. Os barcos navegan apopados, é dicir, con maior calado de popa
ca de proa. A diferenza entre o calado de proa e popa chámase ASENTO.
Van pintados principalmente nas amuras e nas aletas. Poden estar
expresados en decímetros ou en pés.
Os calados en NÚMEROS...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Manual Del Curso De Marinero Pescador
  • El pescador
  • Pescador
  • EL PESCADOR
  • Los pescadores
  • El Pescador
  • pescador
  • El pescador

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS