Diversidade e educación

Páginas: 11 (2544 palabras) Publicado: 29 de noviembre de 2013
Diversidade e educación
1. Unha aproximación ao concepto de diversidade
Autores como Jimenez Martinez e Vila Suñé (1999:28), entenden que a diversidade “é una característica inherente a natureza humana e a posibilidade para a mellora e o enriquecemento das condicións e relación sociais e culturais entre as persoas e entre os grupos sociais”. En consecuencia, a diversidade debería ser entendidacomo o conxunto de características que fan as persoas e os colectivos diferentes en relación con factores físicos, xenéticos, culturais e persoais.
A diversidade poderá aparecer máis ou menos acentuada,pero é tan norma como a vida mesma, e hai que acostumarse a vivir con ela e a traballar a partir dela, sen necesidade de categorizala, de non encorsetala en tipoloxías e categorías queinmediatamente son xerarquizadas.O verdadeiramente importante no é saber como é o individuo ou a que categoría pertence, se non a calidade do proceso que hai que ofrecer e el o que ofrecemos, o que haberá de ser sometido a exame.
2. Educar en democracia: A idea de diversidade en educación
A sociedade experimentou nas ultimas décadas importantes procesos de transformación.Conceptos como a liberdade,participación,solidarizade, igualdade, responsabilidade e diversidade deben ser repensados e reelaborados dentro de un contexto educativo máis amplo, que contemple a diversidade dos aprendizaxe e a multiculturiedade do alumnado e da sociedade.É cada vez máis evidente a necesidade de introducir a dimensión ética no currículo e desenvolver compromisos claros cos valores democráticos e con modeloseducativos que se adecúen a sociedade actual.
Actualmente son moitos os países que apostan claramente por unha escola aberta, flexible,crítica,pluralista e aberta a diversidade; un lugar democrático dedicado a potenciar, de diversas formas, a persoa e a sociedade.Unha escola intercultural que precisa unha sociedade verdadeiramente democrática , xa que a educación permite avanzar na loita contra adiscriminación e a desigualdade.Unha escola creadora de democracia debe proporcionar o acceso o coñecemento que desenvolva o pensamento creativo e o acceso a un dialogo social que faga posible a comunicación e a participación democráticas.
3. Manifestacións da diversidade no ámbito educativo: heteroxeneidade fronte a homoxeneización
A realidade social da diversidade, de feito de “ser diferente”, éconsubstancial ao ser humano e vai ser asumido a escola porque é unha realidade ineludible. A diversidade e a súa resposta educativa, dende o punto de vista, supón un reto que o noso sistema, lexos de evitar, debe asumir e afrontar para poderse constituír en oferta educativa de calidade para todos e cada un dos alumnos e alumnas escolarizados.
A diversidade no ámbito educativo non solo se debeidentificar cas persoas, se non facela extensible as propias institucións, as relacións entre os seus integrantes, a forma de traballar, organizar e desenvolver a tarefa diaria.O traballo do profesorado non solo é moito máis difícil do que foi nunca, se non que ademais establécense grandes diferenzas no relativo a formación, a experiencia,a aptitude e a actitude.
Non é igual o traballo na aula con ungrupo de nenos seleccionados polo seu nivel académico e pola súa boa conduta,que traballar coa totalidade dos nenos dun país.Si se pon no centro de atención ó alumnado se constata a existencia da diversidade de estilos de aprendizaxe , de capacidades para comprender,de niveles de desenvolvemento e aprendizaxes previos, de ritmos, de intereses, de motivacións e expectativas, de procedencia étnica,de pertenza a grupos sociais desfavorecidos ou marxinais.En xeral, entre os factores que constatan esas diferenzas no alumnado encóntranse (Goberno Vasco,1996):
• Diversidade de ritmos: Tanto referidos o traballo como o aprendizaxe.A capacidade de centrase no traballo e de realizar determinadas tarefas.A calidade e a cantidade de contidos sobre os que poder realizar aprendizaxes tampouco van a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Diversidade Cerrado
  • Educar En e Para a Diversidade
  • A diversidade climatica galega
  • A Convivência Com a Diversidade
  • Diversidade escolar
  • Diversidade de ecosistemas
  • Educacion
  • Educacion

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS