Ejército Español

Páginas: 10 (2451 palabras) Publicado: 1 de noviembre de 2014
EXÉRCITO
Os seguintes documentos permítennos elaborar unha composición de tipo histórico que teña como tema central as relacións entre o Exercito e o Estado durante os séculos XIX-XX.
Durante os séculos XIX e XX o exército español interveu frecuentemente na política, primeiro con pronunciamentos, e logo con golpes de estado, converténdose nunha característica fundamental da historia de Españacontemporánea.
En 1808 a Guerra da Independencia propiciou o acceso de individuos procedentes dos sectores non nobiliarios a postos de responsabilidade no exército, xa que as Cortes de Cádiz suprimirán o requisito de nobreza para acceder á oficialidade e establecerán o "deber de todo español a defender a Patria coas armas cando sexa necesario”, baseándose no principio da soberanía popular quefundamentará a aparición dos exércitos populares con servizo militar obrigatorio. Isto, xunto coa incorporación a guerrilla, por parte de Fernando VII na súa etapa absolutista, no exército explica a influencia liberal entre oficiais e suboficiais do exército español ata finais do século XIX, e a participación dalgúns nos pronunciamentos proliberais, mentres que anteriormente, os militares defenderánsempre o absolutismo real porque pertencían ó estamento privilexiado nobiliario.
Ó rematar a guerra da Independencia, en 1814, Fernando VII volveu a España e recibiu o apoio dalgúns militares absolutistas, especialmente do xeneral Elio en Valencia, e da maioría do pobo que identificaba as reformas liberais con ataques á relixión e as costumes tradicionais. Entón, o rei declarou nulos aConstitución de 1812 e todos os decretos elaborados polas Cortes de Cádiz na súa ausencia, e volveu a impoñer o absolutismo, cousa que se acordara no Congreso de Viena. Durante o seu reinado podemos distinguir tres etapas:
A 1ª é o Sexenio absolutista (1814-l820) e nela os pronunciamentos (acción militar en contra do goberno para introducir cambios políticos, tamén coñecido como golpe de estado) paraeliminar o absolutismo eran constantes. Era unha insurrección dalgúns oficiais que se xustificaban na defensa dos intereses e a vontade da Nación, xa que pacificamente non poderían acceder ao goberno.
O pronunciamento de 1815, protagonizado por un pequeno grupo con apoios civís e liderado por Juan Díaz Porlier, para ter éxito, necesitaría o compromiso doutras guarnicións e, para conseguir alexitimidade, elaboraban un Manifesto que permitirá coñecer as súas pretensións e se acadaban suficiente forza eran chamados a formar Goberno según a opción política que representaran, tal e como vemos no documento l: "Pedimos convocatoria de Cortes nomeadas polo pobo...", no que Díaz Porlier lle explica á Nación por que defende o liberalismo e loita contra o absolutismo. O fracaso deste pronunciamentona Coruña rematou co aforcamento do seu líder no castelo de San Antón. Por outra parte, en 1820 tivo lugar o pronunciamento de Rafael Riego, en Cabezas de San Juan (Cádiz), co exército que ía marchar cara América a combater o levantamento independentista. A diferenza do anterior pronunciamento, este triunfou e logrou que os liberais alcanzaran o poder para conseguir cambios políticos, sociais eeconómicos que remataran co A. Réxime e poder proclamar a Constitución de 1812. Comeza así unha nova etapa o Trienio Liberal (1820-1823).
Esta é a 2ª etapa do reinado de Fernando VII e serviu de exemplo a outros países europeos orixinando a primeira onda liberal contra a Restauración, e ademais, os liberais divídense en moderados y exaltados (futuros progresistas). Todo isto aumenta o temor áextensión da Revolución Liberal por toda Europa, polo que as potencias absolutistas reuníronse en Verona para intervir no estado Español e finalizar co goberno liberal. Así en 1823 un exército francés coñecido como “Os Cen Mil fillos de San Luís” dirixidos polo Duque de Angulema, invadiu España apoiado por los absolutistas Españois e Fernando VII recuperou o poder absoluto e aboliu todas las...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Proceso de socialización del ejército español
  • Carros de combate del Ejército de Tierra español
  • Los ejércitos
  • el ejercito
  • El ejercito
  • ejercito
  • el ejercito
  • Ejercito

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS